Noticias
ACTA 01/12
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA
DATOS DA SESIÓN:
LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 05 de Marzo de 2012
HORA DE INICIO: 17:45 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 18:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. David Rodríguez Estévez
MEMBROS PRESENTES:
- D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da Asociación e Representante do Concello de Parada de Sil.
- D. David Rodríguez Estévez: Representante do Concello de Manzaneda.
- D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do Concello de Pobra de Trives.
- Dª. Flora Castro González: Representante da Mesa Sectorial de Empresarios pola Federación de Empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL)). (Aporta delegación de D. Miguel Solla Pereira: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Xuvenís pola Asociación "Os Grumos" e, aporta delegación de Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola Asociación de veciños de San Paio).
- D. Rubén Fernández Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Empresarios pola Asociación de Empresarios de Trives.
MEMBROS AUSENTES:
- D. Ventura Sierra Vázquez: Representante do Concello de Vilariño de Conso.
- D. Germán Domínguez Fernández: Representante do Concello de Viana do Bolo.
- Dª. Sonia Fernández Díaz: Representante do Concello de Montederramo.
- D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do Concello de Chandrexa de Queixa.
- D. Eladio Osorio Castro: Representante do Concello de Castro Caldelas.
- D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do Concello de A Teixeira.
- D. Gerardo Rodríguez Domínguez: Representante do Concello de San Xoán de Río.
- Dª. Silvia Basteiro Vicente: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por Unións Agrarias.
- Dª. María Páez Páez: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por ACEBEDA - Sociedade Cooperativa Galega.
- Dª. Sara Mª Carracedo Ochoa: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal, pola Asociación ÁGAMO.
- Dª. Nieves Fernández Vidueira: Representante do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación de Propietarios de Soutos de Viana do Bolo.
- D. Pedro Rodríguez Parente: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia "Silvanus"
- Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Anel.
- Dª. Ramona García Méndez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei.
- D. Bernardino Rodríguez Vasallo: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras pola Asociación Cultural Chandrexa.
- D. Isauro Pérez González: Representante da Mesa Sectorial de Turismo e Hostelería, pola Asociación Cultural Turística Nemetóbriga.
Vistas as delegacións presentadas por dous membros da citada Xunta, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, éste declara aberta a sesión.
ORDE DO DÍA:
- 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- 2. Aprobación das contas do exercicio 2011.
- 3. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
- 4. Estado dos pagos efectuados por Agader ata o 31 de decembro de 2011.
- 5. Estado de situación das cotas da Asociación.
- 6. Informe Presidencia.
- 7. Rogos e preguntas.
DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:
1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
O Presidente informa que como se acordara na sesión da Xunta Directiva celebrada o pasado 22 de abril de 2010, remitiuse a tódolos membros da Xunta Directiva a acta da sesión anterior, referida á sesión ordinaria celebrada o 14 de decembro de 2011, para poder ser analizada máis pormenorizadamente por cada un dos membros.
O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar algunha obxeción á mesma e, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, A ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
2. APROBACIÓN DAS CONTAS DO EXERCICIO 2011.
O Presidente cede a palabra a Dª. Flora Castro González, Tesoureira da Asociación, a cal procede a analizar e explicar as contas do exercicio 2011 segundo dossier adxunto.
Comeza esta análise explicando o balance de pemes, no cal se reflexan os seguintes resultados:
Activo non corrente: 8.780,44 €
Activo corrente: 29.202,26 €
Total Activo: 37.982,70 €
Patrimonio neto: 12.552,24 €
Pasivo non corrente: 20.723,42 €
Pasivo corrente: 4.707,04 €
Total patrimonio neto e pasivo: 37.982,70 €
Neste mesmo punto, procede á análise de conta de pérdidas e ganancias, mediante o desglose dos distintos conceptos nos que se reflexa o seguinte resultado:
Resultado do exercicio 2011: 3.022,68 €
A Tesoureira da Asociación cede a palabra ós presentes, se queren facer algunha aclaración a dito análise; ningún membro solicita o turno de palabra, polo que o Presidente propón este punto para ser votado, có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES AS CONTAS DO EXERCICIO 2011.
3. ESTUDO E ANÁLISE DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES E, NO SEU CASO, MEDIDAS A ADOPTAR.
O Presidente informa á Xunta Directiva dos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR ata o día de hoxe, os cales son cincuenta e cinco solicitados por promotores e tres solicitados por este GDR na medida 431B "Adquisición de Capacidades e Promoción Territorial", ademáis dos correspondentes ós gastos de funcionamento da medida 431A.
O Presidente procede a presentar ós asistentes o listado de expedientes para revisar o estado de tramitación no que se atopa cada un deles a día de hoxe, xa que dous (L10-41300-11-0023 e, L11-41300-11-0031) hai que activalos, xa que, como se estipula nas bases reguladoras do Programa Leader 2007-2013, "no caso de que os fondos da medida se esgotaran, daríaselle o tratamento de expediente en espera, é dicir, o expediente é subvencionable pero non existen fondos dispoñibles para él. No mes de xaneiro o gupo xa poderá dispoñer dos fondos da nova anualidade, polo que, no caso de que unha medida na que se esgotasen os fondos, e tivese expedientes en espera, estos expedientes entrarían en concorrencia competitiva entre eles, tendo en conta única e exclusivamente a puntuación obtida na baremación", sendo este o caso dos expedientes arriba referenciados.
Por outra banda, informa ós asistentes que de dous expedientes (L10-41200-11-0027 e, L11-41300-11-0050), rexistrouse na sede do GDR solicitude de renuncia por parte dos promotores.
Seguidamente, o Presidente explica que dous expedientes (L11-41100-11-0038 e, L11-41300-11-0045) contan có Informe de Control de Elexibilidade Favorable por parte de Agader e, esta Xunta Directiva debe proceder a súa votación.
Primeiramente, o Presidente procede a analizar os expedientes que solicitaron a renuncia:
Expediente nº L10-41200-11-0027
Título: "Recuperación dunha ruta de sendeirismo e do seu patrimonio etnográfico"
Beneficiario: Concello de Vilariño de Conso.
Importe da subvención aprobada e, con tratamento de expediente en espera: 34.569,83 €
Solicitude de renuncia: 27 de febreiro de 2012
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DE DITO EXPEDIENTE E A SÚA POSTERIOR COMUNICACIÓN A AGADER PARA QUE EMITA RESOLUCIÓN DE ACEPTACIÓN DE RENUNCIA.
Expediente nº L11-41300-11-0050
Título: "Arranxo do muíño na Villeta"
Beneficiario: Manuel Gómez Vázquez.
Solicitude de renuncia: 23 de decembro de 2011
Motivo da renuncia: por motivos sobrevidos e, non podendo presentar a documentación estipulada nos prazos legalmente establecidos.
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DE DITO EXPEDIENTE E A SÚA POSTERIOR COMUNICACIÓN Á AGADER PARA QUE EMITA RESOLUCIÓN DE ACEPTACIÓN DE RENUNCIA.
O Presidente, procede a analizar os expedientes que están seleccionados e contan có tratamento de expedientes en espera para proceder a súa activación.
Expediente nº L10-41300-11-0023
Título: "Centro divulgativo O Rincón do cazador"
Beneficiario: Asociación de cazadores de Parada de Sil.
Expediente seleccionado na Xunta Directiva do 21 de xullo de 2011
Orzamento aceptado: 89.177,06 €
Porcentaxe de axuda: 53,63%
Importe da subvención proposta: 47.825,66 €
Prazo de execución: 10 meses
Reparto da axuda por anualidades: ano 2012, 100,00% do investimento (47.825,66 €)
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A ACTIVACIÓN DE DITO EXPEDIENTE EN ESPERA E, A SÚA SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.
Expediente nº L11-41300-11-0031
Título: "Restauración dun sequeiro e dunha bodega tradicionais galegos"
Beneficiario: Pedro Basalo Diéguez
Expediente seleccionado na Xunta Directiva do 15 de setembro de 2011
Orzamento aceptado: 38.239,33 €
Porcentaxe de axuda: 48,00%
Importe da subvención proposta: 18.354,88 €
Prazo de execución: 10 meses
Reparto da axuda por anualidades: ano 2012, 100,00% do investimento (18.354,88 €)
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A ACTIVACIÓN DE DITO EXPEDIENTE EN ESPERA E, A SÚA SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.
Seguindo o listado de expedientes segundo dossier adxunto, procédese a analizar por último os expedientes que contan có Informe de Control de Elixibilidade Favorable por parte de Agader e, esta Xunta Directiva debe proceder a súa votación.
Expediente nº L11-41100-11-0038
Título: "Bodega e Centro Agroturístico do viño A Corga"
Beneficiario: Pereimos 2007, S.L
Orzamento aceptado: 517.992,00 €
Porcentaxe de axuda: 38,610634%
Importe da subvención proposta: 200.000,00 €
Prazo de execución: 18 meses
Reparto da axuda por anualidades: ano 2012, 62,35692% do investimento (124.713,84 €); ano 2013, 37,64308% do investimento (75.286,16 €).
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA A DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.
Expediente nº L11-41300-11-0045
Título: "Local social em Chandrexa de Parada de Sil"
Beneficiario: Asociación de veciños de Chandrexa do Sil
Orzamento aceptado: 51.505,71 €
Porcentaxe de axuda: 53,63%
Importe da subvención proposta: 27.622,51 €
Prazo de execución: 10 meses
Reparto da axuda por anualidades: ano 2012, 100,00% do investimento (27.622,51 €)
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA A DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.
Neste mesmo punto 3º da orde do día o Presidente informa dos últimos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR, cunha pequena descrición dos mesmos: "Oficina de servizos de enxeñaría, asesoramento e territorio"; "Achega de mobiliario para Centro Social en Reigada"; "Achega de mobiliario para Centro Social en Requeixo"; "Rehabilitación do forno comunal de San Miguel"; "Rehabilitación do lavadoiro comunal de Langullo"; "Rehabilitación do lavadoiro comunal de Tonxil"; "Material divulgativo promocional entroido de Manzaneda"; "Adecuación de local en Albergue".
4. ESTADO DOS PAGOS EFECTUADOS POR AGADER ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2011.
O Presidente informa segundo dossier adxunto do estado dos pagos efectuados por Agader ata o 31 de decembro de 2011, sumando éstes un total de 564.245,16 €.
O Presidente concede uns minutos ós presentes para que os revisen, dándose por enterados dos mesmos.
5. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.
Neste punto quinto da orde do día, o Presidente pasa a analizar o estado das cotas da asociación mediante dossier adxunto e, expón ós asistentes que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10 - entre as Obrigas dos asociados recóllese a de "Satisfacer a cota de entrada e de mantemento".
É polo que, segundo acordo tomado na Xunta Directiva de 04 de febreiro de 2010 e, ratificado en Asemblea Xeral da mesma data, aprobouse a exclusión dos asociados que non fixeran efectiva as cotas de dúas anualidades e, segundo se desprende do artigo 8 dos Estatutos - "Perda da condición de asociado/a"- Por sanción imposta pola Xunta Directiva, de xeito motivado e con audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión notificaráse por escrito e contra él caberá recurso ante a primeira Asemblea Xeral que se realice.
Desta maneira, o Presidente pasa a ler o listado de socios que se atopan nesta situación, é dicir, que non ingresaron as cotas de dúas anualidades consecutivas antes do 31 de decembro de 2011; éstos son 12 socios: CMVMC de Verengo, CMVMC Plantío - Serra Mazaira, Asociación de Defensa Ambiental Verde de Galicia, CMVMC de Drados, Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tecla, Asociación Cultural "Coro Lembranza", Asociación Centro de Animación Rural Vilarmeao, Asociación Cultural A Serra, Asociación de Veciños Lumeares Comomirres, Asociación Cultural Asocialangullo, Asociación Cultural Chandrexa e, Asociación Cultural As Tregaínzas.
Antes de proceder á votación, o Presidente quere sinalar dúas cuestións, en primeiro lugar informa que, con data do 20 de xaneiro de 2012 a Asociación Cultural Asocialangullo ingresou 20 € na conta da Asociación, correspondentes ó pago das cotas 2010 e 2011, pero aclara que, segundo o acordo tomado en Xunta Directiva do 04 de febreiro de 2010 e, ratificado na mesma data en Asemblea Xeral, o prazo para satisfacer as cotas é o 31 de decembro do ano en curso.
A Xunta Directiva aproba por unanimidade acatar dito acordo e, efectuar a devolución do importe de 20 € efectuado pola Asociación Asocialangullo e, notificarlle a baixa como socio da Asociación.
En segundo lugar, informa que tal como se reflexa no dossier adxunto, causa baixa a Asociación Cultural Chandrexa, socio pertencente á Xunta Directiva en representación da Mesa Sectorial de Asociacións Deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras e, segundo se estipula nos Estatutos no seu Título V - artigo 15: "Xunta Directica: composición", a Mesa Sectorial de Asociacións deportivas, recreativas, de vecinos/as, culturais, de artesanía e outras, debe ter dous representantes na Xunta Directiva". Desta maneira e, coa perda de condición de asociado dun representante desta mesa, os socios que a integran deben acordar a elección doutro socio para que os represente na Xunta Directiva e, serlle notificada dita decisión á Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, para que a Asemblea Xeral ratifique dito acordo.
A Xunta Directiva aproba por unanimidade, notificarlle a tódolos socios de dita Mesa Sectorial a situación, para que procedan á elección doutro representante como membro da Xunta Directiva.
O Presidente insta ós presentes á votación para notificar a baixa ós socios que a causan; procédese á votación có seguinte resultado:
POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, APRÓBASE A NOTIFICACIÓN DA BAIXA ÓS 12 ASOCIADOS QUE NON PAGARON DÚAS COTAS CONSECUTIVAS.
6. INFORME PRESIDENCIA.
En primeiro lugar, o Presidente informa que con data do 16 de novembro de 2011, remitiuse ós membros da Xunta Directiva un e-mail no cal se sinalaban diversos puntos de interese para remitir o material promocional encadrado dentro do proxecto da Medida 431B "Promoción turística do territorio do GDR Sil-Bibei-Navea" da anualidade 2011 para darlle publicidade e promoción ó noso territorio.
Diversos membros da Xunta Directiva remitiron máis propostas de puntos de interesse; o Presidente procede a dar lectura ó listado dos mesmos.
Dª. Flora Castro González solicita o turno de palabra para propor que o número de exemplares do material que se envie sexa proporcional ó movemento de xente que poida cubrir a institución onde se manden.
O Presidente propón remitir exemplares de guias, folletos e vídeos; a Xunta Directiva acepta e aproba ambas propostas.
Neste memo punto sexto da orde do día, o Presidente explica que como se fixo nas anualidades anteriores, o Grupo debe levar a cabo un proxecto da medida 431B "Promoción do territorio"; para tal fin, explica que se recibiron tres propostas e, procede a dar lectura das mesmas, as cales son remitidas polas seguintes empresas: Danga Danga Audiovisuais, Altega S.L e, Studo 3D. Aclara que serán remitidas por correo electrónico a tódolos membros da Xunta Directiva para que poidan ser analizadas pormenorizadamente e, solicita que os que dispoñan de ideas e iniciativas para poder levar a cabo nesta medida as remitan ó GDR, para poder ser expostas e seleccionadas na seguinte Xunta Directiva.
O Presidente informa ós presentes que tivo lugar a Asemblea Xeral da Asociación de GDRs de Galicia o pasado 23 de febreiro de 2012 en Lalín e, que desde o Grupo se lle remitiu a convocatoria ós dous representantes deste GDR, elixidos para tal fin. O Presidente pon de manifesto que ningún dos dous asistiu á mesma e, prosegue explicándolle ós asistentes que segundo as informacións que pudo recabar o Grupo, en dita Asemblea tratáronse temas como a celebración dun Congreso de Desenvolvemento Rural que terá lugar no mes de novembro, así como, aprobáronse as contas da anualidade 2011 e, a memoria de actividades.
Neste mesmo punto, o Presidente informa que o día 30 de marzo finaliza o contrato que se formalizou con Viana Xestión para as labores de asesoría e, propón a súa renovación baixo as mesmas condicións ou solicitar outro presuposto á asesoría existente en Pobra de Trives.
Solicita o turno de palabra D. Francisco José Fernández Blanco, para manifestar que se refire a asesoría que él rexenta, manifestando ós presentes que non se lle solicite presuposto, xa que non quere cubrir dito servizo e, manisfesta que quere que conste en acta dito feito.
Prosegue neste punto informando ós asistentes que, para darlle cumprimento á Lei Orgánica de Protección de Datos, o Equipo Técnico o ano 2010 e 2011 realizou cursos on-line bonificados na Seguridade Social do mes seguinte; mediante a realización destes cursos tivemos o mantemento polo período dun ano. Así o Presidente propón ós asistentes que se decida se este ano o Equipo Técnico realiza un novo curso on-line (cun coste de 330 € bonificables), no que se inclúe outro ano de mantemento ou se pagan os 150 €, que sería o coste do mesmo.
A Xunta Directiva, aproba por unanimidade que o Equipo Técnico realice o curso.
Por último o Presidente propón remitir un cadro ós xornais cós proxectos que se levaron a cabo, para darlle cobertura e promoción a ditas iniciativas.
A Xunta Directiva, aproba por unanimidade dita proposta.
Por último, o Presidente dá conta ós asistentes dun correo electrónico recibido no día de hoxe, remitido por Dª. Milagros Calvo Carballo como representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Anel e, procede á lectura do mesmo.
No escrito informa que non asistirá ás reunións da Xunta Directiva ata que se convoque unha reunión extraordinaria e urxente, situación que xa se tratou na sesión celebrada o 14 de decembro de 2011, basándose no informe emitido por Eugenio Galindo pertencente ós servizos xurídicos da Deputación e, acordo que se ratifica por unanimidade dos membros asistentes.
Tras o análise do escrito, o Presidente solicita que conste en acta que en ningún momento se lle impediu a ningún integrante da Xunta Directiva que se expresase e, expresara o seu punto de vista.
7. ROGOS E PREGUNTAS.
O Presidente antes de ceder a palabra neste punto ós asistentes a esta sesión, por se alguén quere facer algunha suxerencia, quere felicitar á Xerente do Grupo Silvia Álvarez Álvarez pola súa maternidade, felicitación que se fai extensible por parte de todos os asistentes a esta reunión.
Dª. Flora Castro González quere ademáis resaltar que a pesar do feito de estar de baixa por maternidade, a Xerente nunca abandonou a súa labor no Grupo, opinión que queren abalar tódolos asistentes.
E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.
O Secretario O Presidente
Asdo: D. David Rodríguez Estévez Asdo: D. Francisco Magide Bizarro
CONVOCATORIA
Pola presente convócase a tódolos membros da Xunta Directiva da "Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil - Bibei -Navea" á Sesión Ordinaria que se celebrará na sede do GDR Sil-Bibei-Navea, sita na Praza da Constitución, 2 no Concello de San Xoán de Río, o vindeiro luns día 30 de abril, ás 17:30 horas en 1ª convocatoria e, ás 17:45 horas en 2ª convocatoria, para trata-los asuntos que se inclúen na seguinte orde do día:
- 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- 2. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
- 3. Análise e selección dunha das propostas de promoción territorial, para a anualidade 2012.
- 4. Informe Presidencia.
- 5. Rogos e preguntas.
En San Xoán de Río, a 23 de abril de 2012
O Presidente
Asdo: D. Francisco Magide Bizarro
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA
ACTA 08/11
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA
DATOS DA SESIÓN:
LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 14 de Decembro de 2011
HORA DE INICIO: 17:45 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 18:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. David Rodríguez Estévez
MEMBROS PRESENTES:
- D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da Asociación e Representante do Concello de Parada de Sil.
- D. David Rodríguez Estévez: Representante do Concello de Manzaneda.
- D. Miguel Solla Pereira: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Xuvenís pola Asociación "Os Grumos". (Aporta delegación de Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola Asociación de veciños de San Paio).
- D. Rubén Fernández Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Empresarios pola Asociación de Empresarios de Trives. (Aporta delegación de Dª. Flora Castro González: Representante da Mesa Sectorial de Empresarios pola Federación de Empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL)).
MEMBROS AUSENTES:
- D. Ventura Sierra Vázquez: Representante do Concello de Vilariño de Conso.
- D. Germán Domínguez Fernández: Representante do Concello de Viana do Bolo.
- D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do Concello de Pobra de Trives.
- Dª. Sonia Fernández Díaz: Representante do Concello de Montederramo.
- D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do Concello de Chandrexa de Queixa.
- D. Eladio Osorio Castro: Representante do Concello de Castro Caldelas.
- D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do Concello de A Teixeira.
- D. Gerardo Rodríguez Domínguez: Representante do Concello de San Xoán de Río.
- Dª. Silvia Basteiro Vicente: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por Unións Agrarias.
- Dª. María Páez Páez: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por ACEBEDA - Sociedade Cooperativa Galega.
- Dª. Sara Mª Carracedo Ochoa: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal, pola Asociación ÁGAMO.
- Dª. Nieves Fernández Vidueira: Representante do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación de Propietarios de Soutos de Viana do Bolo.
- D. Pedro Rodríguez Parente: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia "Silvanus"
- Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Anel.
- Dª. Ramona García Méndez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei.
- D. Bernardino Rodríguez Vasallo: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras pola Asociación Cultural Chandrexa.
- D. Isauro Pérez González: Representante da Mesa Sectorial de Turismo e Hostelería, pola Asociación Cultural Turística Nemetóbriga.
Vistas as delegacións presentadas por dous membros da citada Xunta, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, éste declara aberta a sesión.
ORDE DO DÍA:
- 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- 2. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
- 3. Estado de situación das cotas da Asociación.
- 4. Informe Presidencia.
- 5. Rogos e preguntas.
DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:
1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
O Presidente informa que como se acordara na sesión da Xunta Directiva celebrada o pasado 22 de abril de 2010, remitiuse a tódolos membros da Xunta Directiva a acta da sesión anterior, referida á sesión ordinaria celebrada o 02 de novembro de 2011, para poder ser analizada máis pormenorizadamente por cada un dos membros.
O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar algunha obxeción á mesma e, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, A ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
2. ESTUDO E ANÁLISE DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES E, NO SEU CASO, MEDIDAS A ADOPTAR.
O Presidente informa á Xunta Directiva dos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR ata o día de hoxe, os cales son corenta e sete solicitados por promotores e tres solicitados por este GDR na medida 431B "Adquisición de Capacidades e Promoción Territorial", ademáis dos correspondentes ós gastos de funcionamento da medida 431A.
En primeiro lugar, o Presidente informa que como queda reflexado no dossier adxunto, emítese un certificado asinado polo Secretario da Asociación e, có Vº Bº do Presidente, no que se deixa constancia de que con data do 23 de novembro de 2011, remitiuse vía e-mail polo trámite de urxencia, consulta a todos os membros da Xunta Directiva sobre a aceptación de modificación da Resolución de Concesión - Anualización do proxecto con nº de expediente L09-41300-11-0002 "Cantina Marcelo" así, finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos, a Xunta Directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea ACORDOU ACEPTAR a modificación da Resolución de Concesión - Anualización do expediente L09-41300-11-0002, quedando a distribución do seguinte xeito:
- Ano 2010: 20,00% do investimento
- Ano 2011: 80,00% do investimento
Comunicándoselle así dito acordo a Agader.
A XUNTA DIRECTIVA POR UNANIMIDADE RATIFICA O ACORDO DE MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN-ANUALIZACIÓN DO EXPEDIENTE L09-41300-11-0002 "CANTINA MARCELO".
O Presidente procede a presentar ós asistentes o listado de expedientes para revisar o estado de tramitación no que se atopa cada un deles a día de hoxe, xa que un (L11-41300-11-0039) conta có Informe de Control de Elixibilidade Desfavorable por parte de Agader e, esta Xunta Directiva debe proceder á súa votación.
Expediente nº L11-41300-11-0039
Título: "Plataforma de dinamización laboral"
Beneficiario: Asociación de comerciantes e industriais de Viana do Bolo
Motivación da non verificación do ICE: O Concello de Viana do Bolo conta cun punto de información do Servizo público de emprego de Galicia, dende o que acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal, onde se ofertan os servizos que se pretenden implantar coa plataforma.
A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:
APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A NON SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA Ó ANTEDITO PROXECTO PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.
Neste mesmo punto 2º da orde do día o Presidente informa dos últimos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR, cunha pequena descrición dos mesmos: "Arranxo de muíño na Villeta".
Explica, que segundo queda reflexado no listado de expedientes, con antelación ó descrito anteriormente, rexistrouse outro expediente con nº L11-41300-11-0049 e título "Arranxo de muíño na Villeta", expediente que foi arquivado por falecemento da promotora e, presentado a posteriori polo seu fillo.
Desta maneira a Xunta Directiva debe proceder á votación do arquivo do expediente L11-41300-11-0049.
Expediente nº L11-41300-11-0049
Título: "Arranxo de muíño na Villeta"
Beneficiario: Felicitas Vázquez González
Motivo da renuncia: defunción do promotor do expediente
A XUNTA DIRECTIVA ACORDA APROBAR POR UNANIMIDADE O ARQUIVO DE DITO EXPEDIENTE E A SÚA POSTERIOR COMUNICACIÓN Á AGADER PARA QUE EMITA RESOLUCIÓN DE ACEPTACIÓN DE ARQUIVO.
3. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.
O Presidente informa segundo dossier adxunto, do estado das cotas da Asociación actualizadas a día de hoxe e, aclara que en dúas ocasións, se lle remitiu mediante e-mail ós asociados que antes do 31 de decembro de 2011, deberían ter efectuados os ingresos das cotas, xa que de non ser así, os asociados que tiveran sen ingresar as cotas correspondentes a dúas anualidades, serán dados de baixa da asociación, conforme ó acordo tomado en Xunta Directiva de 04 de febreiro de 2010.
Desta maneira remitiráselle unha notificación os socios que teñan sen ingresar dúas anualidades.
Os asistentes aceptan e aproban por unanimidade esta decisión.
4. INFORME PRESIDENCIA.
En primeiro lugar, o Presidente informa do proceso de selección para a contratación dun traballador desempregado, ó abeiro da orde do 30 de decembro de 2010 da Consellería de Traballo e Benestar en resposta ó escrito remitido á Consellería de Cultura e Turismo.
O Presidente procede a dar lectura ó informe emitido polo Equipo Técnico, encargado de realizar dito proceso e, seguindo os requisitos mínimos esixidos segundo acordo de Xunta Directiva do 02 de novembro de 2011.
O Presidente solicita ós asistentes se queren que se lle realice algunha aclaración; éstes, non solicitan o turno de palabra e, aceptan e aproban por unanimidade dito proceso de selección.
Neste mesmo punto cuarto da orde do día, o Presidente dá conta ós asistentes da solicitude presentada ó Presidente, con data do 10 de novembro de 2011 e, nº de entrada 181/11, por nove membros desta Xunta Directiva (procede a dar lectura dos asinantes da mesma), dunha convocatoria de Xunta Directiva extraordinaria e urxente, para desenvolver os seguintes asuntos (dá lectura da orde do día proposta polos asinantes).
O Presidente neste punto, aclara que tras realizar as consultas oportunas e remitir dita solicitude ós servizos xurídicos da Deputación, remitíuse unha notificación á primeira asinante da mesma na que se lle denegaba dita solicitude de convocatoria extraordinaria e urxente (procede a dar lectura á notificación remitida).
Os asistentes aceptan e aproban dita decisión.
Os asistentes a esta sesión da Xunta Directiva solicitan por unanimidade que, conste en acta o seu malestar pola ausencia masiva dos membros desta Xunta Directiva e queren resaltar que este feito, interprétase como un desprecio a dito órgano, do que eles mesmos forman parte.
5. ROGOS E PREGUNTAS.
O Presidente informa ós asistentes que está publicado no BOE do 09 de decembro de 2011, a Resolución da Dirección General de Desarrollo Sostenible de Medio Rural, pola que se publica o convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións en materia de desarrollo rural; nela refléxanse todos os Concellos do noso territorio e, o importe que se destinaría para cada un deles.
Neste mesmo punto quinto da orde do día, o Presidente sinala que se debe mandar un escrito a Agader, mediante o cal, se lle solicite que nos informe do punto no que se encontra o PDR 2007-2014.
Os asistentes aceptan e aproban por unanimidade dita decisión.
O Presidente cede a palabra neste punto ós asistentes a esta sesión, por se alguén quere facer algunha suxerencia; ningún dos asistentes solicita o turno de palabra.
E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.
O Secretario O Presidente
Asdo: D. David Rodríguez Estévez Asdo: D. Francisco Magide Bizarro


