PROCESO PARTICIPATIVO PARA O DESEÑO DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO PARA O PROGRAMA LEADER GALICIA 2014-2020

Imprimir silbibeinavea - 24-Maio-2016 - 20:02:25 

Con data do 02 de marzo de 2016 publicouse no DOG Núm. 42, RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

No Anexo I – Ámbito territorial de dita resolución estipúlase como área de actuación Leader para o periodo 2014-2020 do GDR08 os seguintes concellos: Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), San Xoán de Río, Teixeira (A), Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

 Tendo en conta dita resolución a Xunta Directiva da Asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea acordou por unanimidade presentarse como organización candidata á selección de estratexias de desenvolvemento local e, á selección e recoñecemento de grupo de desenvolvemento rural como entidade colaboradora na xestión da medida leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

É polo que, a Asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea, está a elaborar a estratexia de desenvolvemento local participativo.

Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar na elaboración da estratexia pode facelo cumprimentando o cuestionario adxunto e remitindoo o seguinte enderezo de correo electrónico: informacion@gdrsilbibeinavea.com ou poñéndose em contacto coa asociación no seguinte enderezo:


Praza do Reloxo, 11 - 32780 A Pobra de Trives - Ourense            

Tel. / Fax: 988 34 61 69

Móbil: 608 64 37 90


 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ