Acta do 04 de abril de 2016

Imprimir silbibeinavea - 15-Xuño-2016 - 11:36:48 

 

ACTA 02/16

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


DATOS DA SESIÓN:


LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea

DATA: 04 de ABRIL de 2016

HORA DE INICIO: 19:30 horas

HORA DE FINALIZACIÓN: 19:55 horas

CONVOCATORIA: Primeira

PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro

SECRETARIO: D. David Rodríguez Estévez


MEMBROS PRESENTES:


  • D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da asociación e representante do concello de Parada de Sil. (Aporta delegación de D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo).
  • D. David Rodríguez Estévez: Representante do concello de Manzaneda.
  • D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
  • Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira. (Aporta delegación de D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa).
  • D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
  • Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
  • Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
  • D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel.
  • D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol.
  • D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil.
  • Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
  • Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrárias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
  • Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL). (Aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras).
  • D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
  • Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

MEMBROS AUSENTES:


  • D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
  • Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.

Vistas as delegacións presentadas por cuatro membros da citada xunta directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da xunta directiva, éste declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:


  • 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  • 2. Elección de cargos da xunta directiva, conforme o disposto nos estatutos da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea.
  • 3. Informe Presidencia.
  • 4. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:


1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.


O Presidente informa que como se acordara na sesión da xunta directiva celebrada o pasado 22 de abril de 2010, remitíronse a todos os membros da xunta directiva a acta da sesión anterior, referida á sesión ordinaria celebrada o 08 de marzo de 2016.


O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á mesma e, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:


APRÓBASE POR QUINCE VOTOS A FAVOR E, CATRO ABSTENCIÓNS DE Dª. SARA INÉS VEGA NÚÑEZ, D. MANUEL FRANCISCO RODICIO LIZÁN, D. XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ PÉREZ E, Dª. MARGARITA GARCÍA ÁLVAREZ A ACTA DA SESIÓN DO 08 DE MARZO DE 2016.


2. ELECCIÓN DE CARGOS DA XUNTA DIRECTIVA, CONFORME O DISPOSTO NOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA.

O Presidente procede a explicar que para seguir co procedemento estipulado na RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección e, aprobada em xunta directiva que a Asociación para o desenvolvemento rural se presentara como organización candidata para elaborar a estratexia de desenvolvemento local para o Programa Leader 2014-2020, era necesario a modificación de diversos requisitos para adaptalos ós requisitos esixidos.


Desta maneira na asemblea xeral extraordinaria celebrada este mesmo día 04 de abril de 2016 dito órgano colexiado, aprobou a composición da xunta directiva.


Procede a dar lectura ós representantes elixidos en asemblea xeral extraordinaria por cada colectivo/sector:


Mesa 1: Asociacións de Mulleres

  • ASOCIACIÓN DE MULLERES ALGUEIRADA DE MANZANEDA - Dª. Amelia Estévez Estévez.
  • ASOCIACIÓN DE MULLERES ANEL - Dª. Milagros Calvo Carballo.
  • ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE SANTA CRISTINA - Dª. Margarita García Álvarez.

Mesa 4: Asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente

  • CMVMC GANDARAS - D. Aquilino Domínguez Díaz. Apórtase informe comunicando a súa imposibilidade de asistir a esta sesión e, manifestando o seu interese en seguir formando parte da xunta directiva.

Mesa 5: Asociacións do sector agrario,incluíndo as organizacións profesionais agrarias

  • AMARELANTE, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA - Dª. Ana Sarmiento Pérez.

Mesa 6: Asociacións de empresarios e as asociacións profesionais

  • ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE TRIVES - D. Rubén Fernández Rodríguez.
  • FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA TERRA DE CALDELAS-FETECAL - Dª. Flora Castro González.

Mesa 7: As asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras

  • ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN PAIO - Dª. Rosa Domínguez Rodríguez. Apórtase informe comunicando a súa imposibilidade de asistir a esta sesión e, manifestando o seu interese en seguir formando parte da xunta directiva.
  • ASOCIACIÓN CENTRO CULTURAL SAN MIGUEL - D. Clemente Pérez Arias.
  • PARADA DE SIL CLUB DE FÚTBOL - D. Manuel Francisco Rodicio Lizán.
  • ASOCIACIÓN CULTURAL OURO DO SIL - D. Xosé Antón Vázquez Pérez.

Mesa 8: Sector público

  • CONCELLO DE VIANA DO BOLO - D. Secundino Fernández Fernández.
  • CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO - Dª. Melisa Macía Domínguez.
  • CONCELLO DE PARADA DE SIL - D. Francisco Magide Bizarro.
  • CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO - D. Luis Castro Álvarez.
  • CONCELLO DE A POBRA DE TRIVES - D. Francisco José Fernández Blanco.
  • CONCELLO DE CASTRO CALDELAS - Dª. Sara Inés Vega Núñez.
  • CONCELLO DE MANZANEDA - D. David Rodríguez Estévez.
  • CONCELLO DE A TEIXEIRA - D. Miguel Antonio Cid Álvarez.
  • CONCELLO DE MONTEDERRAMO - D. Antonio Rodríguez Álvarez.
  • CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA - D. Francisco Rodríguez Rodríguez.

O Presidente aclara que neste momento debe procederse á elección dos cargos unipersoais da xunta directiva, compostos por: Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro.


Explica que persoalmente e, dada a boa marcha da xestión do programa anterior a súa postura era a de manter a mesma estrutura pero aclara que, o Secretario actual D. David Rodríguez Estévez, informoulle que por motivos persoais non continuará en dito cargo; despois dun debate propón os seguintes órganos unipersoais que a continuación se describen


Presidente: D. Francisco Magide Bizarro

Vicepresidente: Dª. Melisa Macía Domínguez

Tesoureira: Dª. Flora Castro González

Secretario: D. Francisco José Fernández Blanco


O Presidente manifesta os asistentes se alguén quere postular outra candidatura alternativa á sinalada para integrar os órganos unipersoais; ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede á votación da única candidatura proposta có seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE O NOMEAMENTO DOS ÓRGANOS UNIPERSOAIS DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA.


Solicita o turno de palabra Dª. Milagros Calvo Carballo para solicitar que quere que conste en acta que limita o seu voto favorable de nomeamento dos órganos unipersoais a todos, menos ó nomeamento do cargo de secretario da asociación.


3.INFORME PRESIDENCIA.


O Presidente comeza informando que é necesario organizar unha mesa de traballo para tratar aspectos e puntos concretos da estratexia de desenvolvemento local e, así que o proceso de toma de decisións neste aspecto sexa máis áxil cando o teña que facer a xunta directiva e a asemblea.

Pregunta os asistentes quen dos integrantes desta xunta directiva quere formar parte da mesa de traballo, postulándose Dª. Melisa Macía Domínguez, D. Francisco José Fernández Blanco, D. David Rodríguez Estévez, Dª. Flora Castro González, Dª. Milagros Calvo Carballo, Dª. Sara Inés Vega Núñez e, D. Francisco Magide Bizarro.


O Presidente explica os asistentes que no proceso de elaboración da estratexia hai que xustificar e deixar documentado o proceso participativo na elaboración do programa, así informa que se van realizar charlas informativas nos distintos concellos para explicar o programa Leader 2014-2020.

Propón que estas charlas sexan realizadas nos concellos de A Pobra de Trives, Castro Caldelas e Viana do Bolo, por ter éstes a centralidade comarcal.

Para impartir estar charlas realizaranse carteis informativos, e intentarase dar difusión na prensa para que acudan o maior número de persoas.

Aínda que tamén informa que calquera outro concello que desexe que se realice no seu concello pode solicitalo.


A xunta directiva aproba a realización destas charlas nos tres concellos sinalados.


Neste mesmo punto 3º da orde do día o Presidente procede a explicar que é necesario formalizar unha póliza de crédito cunha entidade bancaria para poder facer efectivos os gastos da fase preparatoria que, como xa se explicou na xunta directiva do 08 de marzo de 2016, a axuda máxima para estes gastos é de 13.300 €.


A opción que daban era formalizar un préstamo anticipo de subvención pero tal e como temos constatado esta operación acarrearía uns gastos elevados; polo que despois de manter diversas reunións, remitironsenos as seguintes condicións para a formalización da antedita póliza de crédito:

Importe: 13.300 €

PLAZO: 1 AÑO

Tipo interés variable: Primer trimestre 4,40; resto de trimestres EURIBOR 12 MESES + 3,40%

Comisión de formalización: 1,25%

No disponibilidad: 1,50% anual


O Presidente expón que se está intentando que ditas condicións sexan un pouco máis vantaxosas e, cede uns minutos para que sexan analizadas polos asistentes e, para que poidan aportar calquera aclaración.


Procédese a súa votación có seguinte resultado:


ACEPTAR POR UNANIMIDADE AS CONDICIÓNS PROPOSTAS POLA ENTIDADE FINANCEIRA ABANCA, PARA A FORMALIZACIÓN DUNHA PÓLIZA DE CRÉDITO, COA SALVIDADE  DE QUE SE POIDAN MELLORAR.


Por último neste punto da orde do día, o Presidente informa que tal e como se tratara na xunta directiva celebrada o 08 de marzo de 2016, debido a limitación no importe máximo de axuda de esta fase preparatoria, o Equipo Técnico reuniuse para analizar estas condicións para poder facer os seus contratos. O Presidente explica que unha vez estudiadas informáronnos mediante email das mesmas.


Quedaron da seguinte maneira: o xerente estará contratado do 15 de marzo ó 30 de xuño a xornada completa e, o técnico estará contratado do 01 de abril ó 31 de maio, a media xornada, cunha rebaixa da base de cotización do 2,40%, con respecto os contratos que se tiveran que formalizar co novo reparto efectuado por Agader para as anualidades 2014-2015.


Desta maneira, quere deixar constancia do esforzo realizado polo equipo técnico por este feito.


A xunta directiva dase por enterada de dito aspecto.

4. ROGOS E PREGUNTAS.


Cede o turno de palabra os asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ningún dos asistentes solicita o turno de palabra.


E, non habendo mais asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende co obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.



O Secretario                                                              O Presidente




Asdo: D. David Rodríguez Estevez                           Asdo: D. Francisco Magide Bizarro 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar