Acta Asemblea Xeral Extraordinaria do 04 de abril de 2016-Modificación dos Estatutos sociais da Asociación

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 15:58:59 

ACTA 02/16

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Salón de Plenos do Concello de San Xoán de Río
DATA: 04 de abril de 2016
HORA DE INICIO: 18:00 horas
DATA DE FINALIZACIÓN: 18:50 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. David Rodríguez Estévez

MEMBROS ASISTENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da asociación e representante do concello de Parada de Sil. (Aporta delegación de D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo).
• D. David Rodríguez Estévez: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira. (Aporta delegación de D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa).
• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Clemente Pérez Arias: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel.
• D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol.
• D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Cultural Ouro do Sil.
• Dª. Mª del Mar Rodríguez Prieto: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. María Páez Páez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Acebeda Sociedade Cooperativa. (Aporta delegación de Dª. Nieves Fernández Vidueira: representante do sector agrario, gandeiro e forestal pola asociación de propietarios de soutos de Viana do Bolo).
• Dª. Flora Castro González: Representante da mesa sectorial de empresarios pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL). (Aporta delegación de D. Jesús Vizcaya Prieto: representante da mesa sectorial de empresarios pola asociación de comerciantes e industriales de la Villa de Viana (ACIVI) e, aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante da mesa sectorial de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do Ambiente pola CMVMC Gandaras).
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante da mesa sectorial das asociacións de empresarios pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

MEMBROS AUSENTES:

• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.
• Dª. Silvia Basteiro Vicente: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Unións Agrarias - UPA.
• D. José Antonio Afonso Rodríguez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal, pola asociación de gandeiros Terras do Bibei.
• D. Manuel Gómez Guntiñas: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal polo Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
• Dª. Sara Mª Carracedo Ochoa: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal, pola asociación ÁGAMO.
• Dª. Ramona García Méndez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais Bibei.
• Dª. Marina Luis García: Representante da mesa sectorial de asociacións Deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación cultural, xuvenil e deportiva A Trabe.
• Dª. Esperanza Fernández Gómez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños O Acivro.
• Dª. Manuela González Losada: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación sociocultural do Cenza.
• D. Eduardo Fernández Alonso: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños Santa Mariña de Froxais.

Vistas as delegacións presentadas por seis membros da citada asemblea, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da mesma, éste declara aberta a sesión.

Antes de dar comenzo ó desenvolvemento da sesión, o Presidente quere agradecer e facer constar en acta ó Concello de San Xoán de Río a cesión de uso dun local para sede da asociación para a xestión do Programa Leader Galicia 2007-2013.


ORDE DO DÍA:


1. Modificación dos estatutos sociais da Asociación.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS SOCIAIS DA ASOCIACIÓN.

O Presidente comeza sinalando que tal e como se informara na xunta directiva celebrada o pasado 08 de marzo de 2016 que, unha vez publicada no DOG Núm. 42 do 02 de marzo de 2016 a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección e, aprobada nesta mesma xunta directiva que a asociación para o desenvolvemento rural se presentara como organización candidata para elaborar a estratexia de desenvolvemento local para o Programa Leader 2014-2020, era necesario a modificación de diversos aspectos dos Estatutos para adaptalos ós requisitos esixidos e, aproveitar para modificar diversos puntos dos mesmos e, facer desta maneira que sexa máis operativa a asociación.

O Presidente procede a analizar o borrador dos mesmos mediante dossier axunto.

Os artigos a modificar serían os seguintes:

Artigo 3. Domicilio
A asociación fixa o domicilio social en Praza da Constitución nº1. O Campo - 32770 no concello de San Xoán de Río.
Poderá aprobarse en asemblea a variación do mesmo.

Referido a este artigo, o Presidente expón que segundo o acordo de xunta directiva do 08 de marzo de 2016 "Cando se proceda a modificar os Estatutos, fixaráse tamén a sede social da asociación; neste aspecto o Presidente aclara que na súa opinión o lugar de ubicación da sede debe seguir o criterio da centralidade básicamente e, informa que o concello no que se ubique debe comprometerse primeiramente a formalizar un contrato de cesión e, facerse cargo dos gastos de mantemento así como de subministro (luz, auga, calefacción, limpeza,...) e do traslado do mobiliario da asociación.
Propón que os concellos interesados en albergar a sede do novo programa, remitan a súa proposta por correo electrónico, para ser votada na asemblea xeral"

Infórmase que o concello de A Proba de Trives remitiu á sede da asociación o 15 de marzo unha proposta, ofrecendo un local sito na praza do Reloxo e, comunicando facerse cargo dos gastos de mantemento así como de subministro (luz, auga, calefacción, limpeza,...) e do traslado do mobiliario da asociación.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes; ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede á votación da modificación deste artigo.

APRÓBASE POR DEZASETE VOTOS A FAVOR E DÚAS ABSTENCIÓNS DE Dª. MILAGROS CALVO CARBALLO E, Dª. AMELIA ESTÉVEZ ESTÉVEZ POR DELEGACIÓN EN Dª. MILAGROS CALVO CARBALLO O CAMBIO DO DOMICILIO SOCIAL DA ASOCIACIÓN.

Faise constar que o representante do concello de San Xoán de Río non se pronuncia sobre a modificación deste artigo.

Quedando modificado este artigo 3º dos Estatutos da seguinte maneira:

Artigo 3. Domicilio
A asociación fixa o domicilio social en Praza do Reloxo nº11 - 32780 no concello de A Pobra de Trives.
Poderá aprobarse en asemblea a variación do mesmo.

Artigo 6. Composición
1.- A asociación para o desenvolvento rural "SIL - BIBEI - NAVEA" estará integrada por un conxunto equilibrado e representativo dos interlocutores dos diferentes sectores socioeconómicos, tanto públicos como privados, con arraigo no ámbito de actuación da asociación, debendo ter tamén un carácter equilibrado e representativo no plano territorial. Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.Rexerá o principio de portas abertas, de xeito que se garanta permanentemente a incorporación de asociados/as.
2.- A efectos de adopción de decisións, o sector privado, constituído polos axentes económicos e sociais así como por outros representantes da sociedade civil, deberá representar máis do 50% dos votos en todos os órganos de decisión.

O Presidente explica que son necesarias modificacións neste artigo para adecuar os Estatutos á normativa estipulada nas bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local.

Normativa regulada nos seguintes puntos das bases reguladoras que obriga á súa modificación:

Apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto b), parrágrafo 1º; apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto b), parrágrafo 3º; apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto b), parrágrafo 4º; apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto d), epígrafe 3º; apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto c), parrágrafo 1º e, apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto d), epígrafe 4º.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes, ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede á modificación deste artigo 6º, quedando da seguinte maneira:

Artigo 6. Composición
1.- A asociación para o desenvolvento rural "SIL - BIBEI - NAVEA" estará integrada por un conxunto equilibrado de interlocutores, públicos e privados, con arraigo no territorio, de xeito equilibrado e representativo tanto desde o punto de vista sectorial como territorial. Non poderán formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais. Entre os socios da asociación deberá figurar, polo menos, a maioría dos concellos do territorio de actuación.
Poderán ser socios da asociación, entre outros, as comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común sempre que se pronuncie expresamente a favor a súa asemblea xeral, as asociacións e organizacións profesionais, as entidades sen ánimo de lucro e as organizacións profesionais agrarias con presenza no territorio.
Rexerá o principio de portas abertas, de xeito que se garanta permanentemente a incorporación de asociados/as.
2.- Para os efectos de adopción de acordos, os órganos decisorios só estarán validamente constituídos cando os representantes do sector privado supoñan como mínimo o 51% do membros presentes ou representados.

Nin as autoridades públicas nin ningún grupo de interese concreto representarán máis do 49% dos dereitos de voto na toma de decisións.

Na toma de decisións, os representantes das entidades directamente interesadas no asunto non poderán estar presentes nas votacións. Deberá garantirse que se evite calquera conflito de intereses.

Artigo 11. Órganos da asociación
Os órganos colexiados da asociación son, como mínimo, a asemblea xeral e a xunta directiva.

Os órganos unipersoais son, como mínimo, o presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a. Os/as titulares destes órganos son elixidos/as pola xunta directiva de entre os seus membros/as, por un período de catro anos e poden ser reelixidos/as ata un máximo de oito anos consecutivos.

O Presidente explica que sería máis convinte eliminar o acotamento temporal da limitación de oito anos consecutivos para ser reelixidos os órganos unipersoais, xa que o cese destes órganos pode decidilo a Xunta Directiva que é quen os elixe en calquera intre.

Incorpóranse á sesión D. Secundino Fernández Fernández e, Dª. María Páez Páez sendo as 18:25 horas.

Solicita o turno de palabra Dª. Milagros Calvo Carballo para dicir que na súa opinión relacionado directamente con este asunto dos órganos unipersoais sería moi oportuno introducir no artigo 16 a competencia da xunta directiva de promover a moción de censura e, que ésta poida ser promovida pola metade máis un dos seus membros legais, engadindo no punto 2 deste artigo 16 unha letra k, podendo redactarse da seguinte maneira: "Promover a moción de censura a proposta da metade máis un dos seus membros legais".

Intervén D. Francisco José Fernández Blanco para opinar que o borrador dos estatutos foron remitidos con antelación vía correo electrónico a todos os membros da xunta directiva e, houbo tempo para propoñer este tipo de cambios e non é necesario proceder desta maneira, a cal, non lle parece adecuada.

Dª. Milagros Calvo Carballo opina que este é o foro adecuado para propor este tipo de modificacións, cando cada membro ten dereito de voz e voto.

O Presidente intervén para aclarar que o procedemento adecuado para debatir sobre a introdución da moción de censura como competencia da xunta directiva no artigo 16, será votada no intre en que se chegue ao análise dos estatutos a ese artigo.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes, ninguén máis solicita o turno de palabra polo que, se procede á modificación deste artigo 11º, quedando da seguinte maneira:

Artigo 11. Órganos da asociación
Os órganos colexiados da asociación son, como mínimo, a asemblea xeral e a xunta directiva.

Os órganos unipersoais son, como mínimo, o presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a.

Os/as titulares destes órganos son elixidos/as pola xunta directiva de entre os seus membros/as, por un período de catro anos.

Artigo 13. Asemblea xeral: convocatorias
1.- A asemblea xeral reunirase con carácter ordinario cando menos dúas veces ao ano para aprobar, como mínimo, as contas e os orzamentos. A convocatoria realizaraa o presidente/a con quince días de antelación, polo menos, á data da reunión, achegando a orde do día coa convocatoria.

2.- A asemblea xeral reunirase con carácter extraordinario tras a convocatoria da xunta directiva, acordada por propia iniciativa desta ou cando o solicite un número de asociados/as non inferior ao 30%. A petición dos asociados/as realizarase mediante escrito dirixido ao presidente/a, autorizado coa sinatura dos peticionarios, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Cando non se convoque transcorridos dez días dende o da petición, os peticionarios poderán facer a convocatoria. A asemblea xeral así convocada poderá desenvolverse elixindo ao inicio dela un presidente/a e un secretario/a.

3.- As asembleas xerais, tanto ordinarias coma extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando a elas concorran, presentes ou representados/as/as, a maioría dos asociados/as e, en segunda convocatoria, pasada media hora dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de asociados/as concorrentes. En todos os casos deberá cumprirse que os votos do sector privado representen máis do 50% dos votos totais.

4.- De cada unha das reunións realizadas levantarase a correspondente acta, que certificará o secretario/a co visto e prace do presidente/a.

5.- As asembleas xerais terán a súa celebración con carácter rotatorio en tódolos concellos integrantes do GDR.

O Presidente explica que a modificación deste artigo proponse por operatividade da propia asociación, ditas modificacións serían as seguintes: a asemblea xeral reunirase con carácter ordinario cando menos unha vez ao ano; a segunda convocatoria poderá celebrarse pasados dez minutos dende a primeira convocatoria e, por último proponse eliminar o punto 5 deste artigo.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes; ninguén máis solicita o turno de palabra polo que, se procede á modificación deste artigo 13º, quedando da seguinte maneira:

Artigo 13. Asemblea xeral: convocatorias
1.- A asemblea xeral reunirase con carácter ordinario cando menos unha vez ao ano para aprobar, como mínimo, as contas e os orzamentos. A convocatoria realizaraa o presidente/a con quince días de antelación, polo menos, á data da reunión, achegando a orde do día coa convocatoria.

2.- A asemblea xeral reunirase con carácter extraordinario tras a convocatoria da xunta directiva, acordada por propia iniciativa desta ou cando o solicite un número de asociados/as non inferior ao 30%. A petición dos asociados/as realizarase mediante escrito dirixido ao presidente/a, autorizado coa sinatura dos peticionarios, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Cando non se convoque transcorridos dez días dende o da petición, os peticionarios poderán facer a convocatoria. A asemblea xeral así convocada poderá desenvolverse elixindo ao inicio dela un presidente/a e un secretario/a.

3.- As asembleas xerais, tanto ordinarias coma extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando a elas concorran, presentes ou representados/as/as, a maioría dos asociados/as e, en segunda convocatoria, pasados dez minutos dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de asociados/as concorrentes. En todos os casos deberá cumprirse que os votos do sector privado representen máis do 50% dos votos totais.

4.- De cada unha das reunións realizadas levantarase a correspondente acta, que certificará o secretario/a co visto e prace do presidente/a.

Artigo 15. Xunta directiva: composición
1.- A xunta directiva da asociación estará formada polos representantes dos asociados/as elixidos/as pola asemblea xeral, en función da pertenza destes/as a cada mesa sectorial, de acordo coa representatividade que de seguido se relaciona:

MESA SECTORIAL Nº de REPRESENTANTES

1. Sector agrario, gandeiro e forestal.
1.1. Cooperativas agrarias, gandeiras e forestais.
1.2. Organizacións agrarias.
1.3. Asociacións de agricultores/as e gandeiros/as.
1.4. Asociacións forestais e medioambientais.
1
1
2
1
2. Asociacións de mulleres. 2
3. Asociacións xuvenís. 1
4. Asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais de artesanía e outras. 2
5. Sector de turismo e hostalería. 1
6. Sector institucional. 10
7. Asociacións de empresarios/as. 2

2.-Constará dun máximo de 23 membros/as. En todo caso, na xunta directiva deberán estar representadas, cando menos, as asociacións de mulleres, as asociacións de mozos, as organizacións profesionais agrarias e as cooperativas agrarias que formen parte da asociación. O número de representantes do sector privado sempre debe ser superior ao número de representantes do sector público.

3.-Os membros/as da xunta directiva cesarán nos seus cargos por falecemento, por renuncia voluntaria, por transcurso do prazo do mandato, pola extinción da entidade á que representen, por perder a condición de representante da entidade á que representen ou por acordo da asemblea xeral. O cesamento levará consigo a obriga de poñer ao día ao sucesor e, eventualmente, de entregarlle a documentación pertinente.

4.- As vacantes que se produzan na xunta directiva cubriranse cos representantes dos asociados/as que elixa a asemblea xeral segundo a mesa sectorial e o sector público ou privado ao que pertenza a vacante.

O Presidente explica que son necesarias modificacións neste artigo para adecuar os Estatutos á normativa estipulada nas bases reguladoras.

Normativa regulada nos seguintes puntos das bases reguladoras que obriga á súa modificación:

Apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto c), parrágrafo 2º e, apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto d), epígrafe 5º.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes; ninguén solicita o turno de palabra polo que, se procede á modificación deste artigo 15º, quedando da seguinte maneira:

Artigo 15. Xunta directiva: composición
En todo caso, na Xunta Directiva da asociación estarán necesariamente representados, cando menos, os seguintes colectivos, sempre e cando sexan socios da Asociación e desexen formar parte da citada xunta directiva:
1º. As asociacións de mulleres.
2º . As asociacións de mozos.
3º. As asociacións de acción social.
4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección,conservación e/ou mellora do ambiente.
5º. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias.
6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais.
7º. As asociacións do sector cultural.
8º. O sector público.

2.-Constará dun máximo de 21 membros/as. O número de representantes do sector privado sempre debe ser superior ao número de representantes do sector público.

3.-Os membros/as da xunta directiva cesarán nos seus cargos por falecemento, por renuncia voluntaria, por transcurso do prazo do mandato, pola extinción da entidade á que representen, por perder a condición de representante da entidade á que representen ou por acordo da asemblea xeral. O cesamento levará consigo a obriga de poñer ao día ao sucesor e, eventualmente, de entregarlle a documentación pertinente.

4.- As vacantes que se produzan na xunta directiva cubriranse cos representantes dos asociados/as que elixa a asemblea xeral segundo a mesa sectorial e o sector público ou privado ao que pertenza a vacante.

Artigo 16. Xunta Directiva: funcións
1.- A xunta directiva é o órgano con facultades xestoras, executivas e de representación da asociación.

2.- A xunta directiva é o órgano competente para:
a) Executar os acordos da asemblea xeral.
b) Acordar e executar as accións de goberno e administración da asociación.
c) Propoñer ou conceder axudas no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.
d) Adoptar as medidas precisas para o cumprimento dos fins estatutarios e, en xeral, para a boa marcha da asociación.
e) Elaborar o informe económico anual, o orzamento, a memoria e o plano de actividades para a súa presentación na asemblea xeral.
f) Interpretar os preceptos contidos nos estatutos e no regulamento de réxime interno, de habelo.
g) Organizar e coordinar as actividades e distribuír os traballos e responsabilidades entre os asociados/as.
h) Elaborar o regulamento de réxime interior.
i) A admisión e separación de asociados/as.
j) Cantas deriven da lexislación ou estatutos e, en xeral, cantas facultades non estean reservadas por aquela ou por estes a outros órganos sociais, así como as delegadas pola asemblea xeral.

O Presidente explica que a modificación deste artículo propónse a votación a instancias da proposta debatida con anterioridade nesta mesma sesión.
Dita proposta sería a de incluir como competencia da xunta directiva de promover a moción de censura e, que ésta poida ser promovida pola metade máis un dos seus membros legais, engadindo no punto 2 deste artigo 16 un punto k, redactándose da seguinte maneira: "Promover a moción de censura a proposta da metade máis un dos seus membros legais".

Desta maneira, despois da proposta e debate, sométese á votación a modificación deste artigo 15º, có seguinte resultado:

APRÓBASE POR ONCE VOTOS A FAVOR, DEZ ABSTENCIÓNS DE DNA. MARGARITA GARCÍA ÁLVAREZ, D. SECUNDINO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MARÍA PÁEZ PÁEZ E POR DELEGACIÓN DONA Mª NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, D. DAVID RODRÍGUEZ ESTÉVEZ, D. FRANCISCO MAGIDE BIZARRO POR DELEGACIÓN DE D. ANTONIO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, DNA FLORA CASTRO GONZÁLEZ E POR DELEGACIÓN D. AQUILINO DOMÍNGUEZ DÍAZ E POR DELEGACIÓN D. JESÚS VIZCAYA PRIETO E DOUS EN CONTRA DE D. FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO E MANUEL FRANCISCO RODICIO LIZÁN A MODIFICACIÓN DESTE ARTIGO QUINCE INCLUÍNDO UN PUNTO K) REDACTÁDO DA SEGUINTE MANEIRA: "PROMOVER A MOCIÓN DE CENSURA A PROPOSTA DA METADE MÁIS UN DOS SEUS MEMBROS LEGAIS".

Quedando redactado da seguinte maneira:

Artigo 16. Xunta Directiva: funcións
1.- A xunta directiva é o órgano con facultades xestoras, executivas e de representación da asociación.

2.- A xunta directiva é o órgano competente para:
a) Executar os acordos da asemblea xeral.
b) Acordar e executar as accións de goberno e administración da asociación.
c) Propoñer ou conceder axudas no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.
d) Adoptar as medidas precisas para o cumprimento dos fins estatutarios e, en xeral, para a boa marcha da asociación.
e) Elaborar o informe económico anual, o orzamento, a memoria e o plano de actividades para a súa presentación na asemblea xeral.
f) Interpretar os preceptos contidos nos estatutos e no regulamento de réxime interno, de habelo.
g) Organizar e coordinar as actividades e distribuír os traballos e responsabilidades entre os asociados/as.
h) Elaborar o regulamento de réxime interior.
i) A admisión e separación de asociados/as.
j) Cantas deriven da lexislación ou estatutos e, en xeral, cantas facultades non estean reservadas por aquela ou por estes a outros órganos sociais, así como as delegadas pola asemblea xeral.
k) Promover á moción de censura a proposta da metade máis un dos seus membros legais.

Artigo 17. Xunta directiva: convocatoria e adopción de acordos
1.- A xunta directiva reunirase en calquera momento mediante convocatoria do presidente/a, por propia iniciativa ou a instancia motivada de 1/3 dos seus membros/as, que indicarán os asuntos a tratar na orde do día.

2.- Entenderase validamente constituída en primeira convocatoria cando a ela concorran a maioría dos membros/as ou, en segunda convocatoria, pasada media hora dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de membros/as concorrentes. En todos os casos os membros/as do sector privado deberán representar máis do 50% dos votos totais. Poderán asistir ás sesións da xunta directiva, con voz pero sen voto, persoas ou entidades alleas á xunta directiva cuxo asesoramento sexa de interese para a adopción de acordos.

3.- Os membros/as da xunta directiva, en caso de ausencia, poderán delegar, por escrito, noutros membros/as do sector público ou privado, segundo a mesa sectorial á que pertenza o/a ausente.

4.- No proceso de toma de decisións, cada membro/a da xunta directiva ostenta un voto.

5.- Os acordos adoptaranse por maioría simple.

O Presidente explica que a modificación deste artigo proponse por operatividade da propia asociación, ditas modificacións serían as seguintes: a segunda convocatoria poderá celebrarse pasados dez minutos dende a primeira convocatoria e, as delegacións de voto serán do sector público ou privado, segundo o sector ao que pertenza o ausente.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes; ninguén máis solicita o turno de palabra polo que, se procede á modificación deste artigo 17º, quedando da seguinte maneira:

Artigo 17. Xunta directiva: convocatoria e adopción de acordos
1.- A xunta directiva reunirase en calquera momento mediante convocatoria do presidente/a, por propia iniciativa ou a instancia motivada de 1/3 dos seus membros/as, que indicarán os asuntos a tratar na orde do día.

2.- Entenderase validamente constituída en primeira convocatoria cando a ela concorran a maioría dos membros/as ou, en segunda convocatoria, pasados dez minutos dende a fixada para a reunión en primeira convocatoria, calquera que sexa o número de membros/as concorrentes. En todos os casos os membros/as do sector privado deberán representar máis do 50% dos votos totais. Poderán asistir ás sesións da xunta directiva, con voz pero sen voto, persoas ou entidades alleas á xunta directiva cuxo asesoramento sexa de interese para a adopción de acordos.

3.- Os membros/as da xunta directiva, en caso de ausencia, poderán delegar, por escrito, noutros membros/as do sector público ou privado, segundo o sector ao que pertenza o/a ausente.

4.- No proceso de toma de decisións, cada membro/a da xunta directiva ostenta un voto.

5.- Os acordos adoptaranse por maioría simple.
Artigo 22. Mesas sectoriais
1.- Os asociados/as/as/as integrados na asemblea xeral organizaranse en sete mesas sectoriais, organizadas en torno aos seguintes ámbitos: (sinalados a modo de exemplo, cada asociación debe escoller os axeitados ou prever outros)

a) Sector agrario, gandeiro e forestal.
b) Asociacións de mulleres.
c) Asociacións xuvenís.
d) Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, de artesanía e outras.
e) Sector de turismo e hostalería.
f) Sector Institucional.
g) Asociacións de empresarios/as.

2.- As mesas sectoriais teñen como finalidade servir tanto de canle participativa na asociación dos actores implicados no desenvolvemento do territorio como de canle informativa das actividades da asociación. Nas mesas sectoriais porase en común a problemática do sector ao que representen e as actuacións de mellora, proxectos, iniciativas... que o sector poida concebir, para elevar propostas á xunta directiva.

3.- A asemblea xeral poderá variar as mesas sectoriais segundo as novas demandas ou sectores que xurdan no territorio e decidirá o número de representantes que lle corresponderá a cada mesa sectorial na xunta directiva. Os/as representantes das mesas na xunta directiva serán elixidos pola asemblea xeral por proposta de cada mesa.

O Presidente explica que son necesarias modificacións neste artigo para adecuar os Estatutos á normativa estipulada nas bases reguladoras.

Normativa regulada nos seguintes puntos das bases reguladoras que obriga á súa modificación:

Apartado III. Grupos de desenvolvemento rural, punto c).

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes, ninguén solicita o turno de palabra polo que, se procede á modificación deste artigo 22º, quedando da seguinte maneira:
Artigo 22. Mesas sectoriais
1.- Os asociados/as integrados na asemblea xeral organizaranse en oito mesas sectoriais, organizadas en torno aos seguintes ámbitos:

1º. As asociacións de mulleres.
2º . As asociacións de mozos.
3º. As asociacións de acción social.
4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente.
5º. As asociacións do sector agrario,incluíndo as organizacións profesionais agrarias.
6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais.
7º. As asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras.
8º. O sector público.

2.- As mesas sectoriais teñen como finalidade servir tanto de canle participativa na asociación dos actores implicados no desenvolvemento do territorio como de canle informativa das actividades da asociación. Nas mesas sectoriais porase en común a problemática do sector ao que representen e as actuacións de mellora, proxectos, iniciativas... que o sector poida concebir, para elevar propostas á xunta directiva.

3.- A asemblea xeral poderá variar as mesas sectoriais segundo as novas demandas ou sectores que xurdan no territorio e decidirá o número de representantes que lle corresponderá a cada mesa sectorial na xunta directiva. Os/as representantes das mesas na xunta directiva serán elixidos pola asemblea xeral por proposta de cada mesa.

O Presidente explica que é necesario añadir un novo título con un novo artigo para adecuar os Estatutos á normativa estipulada nas bases reguladoras.

Dito artigo ven redactado nas bases reguladoras no seu punto:

Parte V- Normas para a xestión da estratexia de desenvolvemento local. Epígrafe 5º.Descrición do procedemento de selección e priorización dos proxectos. Punto D.

O Presidente cede o turno de palabra ós asistentes; ninguén solicita o turno de palabra polo que se procede á votación deste novo artigo 25.

APRÓBASE POR VINTE E DOUS VOTOS A FAVOR E, UNHA ABSTENCIÓN DE D. FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO ESTE NOVO ARTIGO 25 PARA ADECUAR OS ESTATUTOS A NORMATIVA ESTIPULADA NAS BASES REGULADORAS.

Quedando redactado da seguinte maneira:

TÍTULO VIII - PROCEDEMENTO PARA EVITAR CONFLITOS DE INTERESES

Artigo 25. Conflito de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.
1.- Deberá xuntarse a cada expediente unha declaración expresa, asinada por todas as persoas que participen na selección e avaliación dun proxecto e que sinale que non teñen ningún interese persoal ou profesional directo na selección do citado proxecto.

2.- Se un membro da xunta directiva da asociación ou do persoal contratado pola mesma, ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, ou calquera interese profesional ou persoal no mesmo, debe presentar unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese, a cal deberá formar parte do expediente do proxecto. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.

3.- Se un membro da xunta directiva ou do persoal da asociación se atopa na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin atoparse presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas actas.

4.- Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro da xunta directiva ou do persoal da asociación, a asociación deberá remitir o asunto á entidade encargada da xestión do programa ou axuda, para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses.

Non habendo máis propostas de modificación, o Presidente propón someter a votación os Estatutos da asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea.

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA PARA A SÚA POSTERIOR INSCRICIÓN NO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS.


E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.

 

O Secretario O Presidente

 


Asdo: D. David Rodríguez Estévez Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar