Acta Asemblea Xeral Extraordinaria do 04 de abril de 2016-Nomeamento dos representantes das mesas sectoriais

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:00:41 

ACTA 03/16

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Salón de Plenos do Concello de San Xoán de Río
DATA: 04 de abril de 2016
HORA DE INICIO: 19:00 horas
DATA DE FINALIZACIÓN: 19:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. David Rodríguez Estévez

MEMBROS ASISTENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da asociación e representante do concello de Parada de Sil. (Aporta delegación de D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo).
• D. David Rodríguez Estévez: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira. (Aporta delegación de D. Francisco Rodríguez Rodríguez: representante do concello de Chandrexa de Queixa).
• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Clemente Pérez Arias: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel.
• D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol.
• D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Cultural Ouro do Sil.
• Dª. Mª del Mar Rodríguez Prieto: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. María Páez Páez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Acebeda Sociedade Cooperativa. (Aporta delegación de Dª. Nieves Fernández Vidueira: Representante do sector agrario, gandeiro e forestal pola asociación de propietarios de soutos de Viana do Bolo).
• Dª. Flora Castro González: Representante da mesa sectorial de empresarios pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL). (Aporta delegación de D. Jesús Vizcaya Prieto: Representante da mesa sectorial de empresarios pola asociación de comerciantes e industriales de la Villa de Viana (ACIVI) e, aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: Representante da mesa sectorial de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras).
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante da mesa sectorial das asociacións de empresarios pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

MEMBROS AUSENTES:

• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.
• Dª. Silvia Basteiro Vicente: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Unións Agrarias.
• D. José Antonio Afonso Rodríguez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal, pola asociación de gandeiros Terras do Bibei.
• D. Manuel Gómez Guntiñas: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal polo Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
• Dª. Sara Mª Carracedo Ochoa: representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal, pola asociación ÁGAMO.
• Dª. Ramona García Méndez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais Bibei.
• Dª. Marina Luis García: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación cultural, xuvenil e deportiva A Trabe.
• Dª. Esperanza Fernández Gómez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños O Acivro.
• Dª. Manuela González Losada: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación sociocultural do Cenza.
• D. Eduardo Fernández Alonso: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños Santa Mariña de Froxais.

Vistas as delegacións presentadas por seis membros da citada asemblea, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da mesma, éste declara aberta a sesión.

Seguidamente informa da entrada na sede de tres informes, comunicando que os seguintes socios non queren seguir formando parte da asociación: Asociación de Gandeiros de Alta Montaña de Ourense Oriental - AGAMO, ACEBEDA - Sociedade Cooperativa e, Asociación de Gandeiros de Terras do Bibei.

Tamén se recibiron tres comunicacións de cambios de representantes; por parte de Unións Agrarias - UPA, pasando a estar representada esta asociación por Dª. María Páez Páez, pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei, pasando a estar representada por Teresa Rodríguez Serrano e, pola Asociación de Mulleres Rurais Santa Cristina, pasando a estar representada por Margarita García Álvarez.


ORDE DO DÍA:


1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Aceptación, se procede, de novas solicitudes de adhesión.
3. Nomeamento dos representantes das mesas sectoriais para a composición da xunta directiva.
4. Informe Presidencia.
5. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR

Dáse lectura por parte do Presidente da acta da sesión anterior, celebrada o 28 de xaneiro de 2016, preguntando ós asistentes se desexan realizar algunha obxeción á mesma.

Polo que APRÓBASE POR UNANIMIDADE Á ACTA DA SESIÓN ANTERIOR CELEBRADA O 28 DE XANEIRO DE 2015.

2. ACEPTACIÓN SE PROCEDE, DE NOVAS SOLICITUDES DE ADHESIÓN.

O Presidente comeza sinalando que tal e como se informara na Xunta Directiva celebrada o pasado 08 de marzo de 2016 que, unha vez publicadas no DOG Núm. 42 do 02 de marzo de 2016 a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección e, aprobada nesta mesma xunta directiva que a asociación para o desenvolvemento rural se presentara como organización candidata para elaborar a estratexia de desenvolvemento local para o Programa Leader 2014-2020, solicitou-se o 10 de marzo de 2016 a cada concello integrante do territorio de actuación mediante Resolución do Presidente que, nos remitiran as entidades públicas e privadas que integran cada concello, para comunicarlle se querían adherirse á Asociación e, implicarse na elaboración da estratexia de desenvolvemento local.

Unha vez recibida dita información por parte dos concellos, remitiuselle a cada entidade a información sobre a posibilidade de adherirse á Asociación e, participar na elaboración da estratexia de desenvolvemento local e, no caso de querer adherirse, axúntouselle o modelo de adhesión para a súa cumprimentación.

O Presidente dá conta ós membros da asemblea xeral das novas solicitudes de adhesión rexistradas na sede da asociación, éstas son tres: Asociación veciñal e cultural dos pobos de Couto, Coutiño e Santigueiro - Canón do Sil, Asociación de pesca deportiva Librea e Asociación de mulleres Arandeira.

Informa que a asociación de mulleres Arandeira xa formara parte da asociación como socio e, foi dada de baixa segundo acordo de xunta directiva do 28 de xaneiro de 2015, por impago de duas cotas anuais consecutivas, as referidas á anualidade 2013 e 2014.
Propón que para que dita adhesión sexa aceptada, se fagan efectivas as cotas atrasadas é dicir, as correspondentes as anualidades 2013, 2014 e 2015 xa que, segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10 - entre as Obrigas dos asociados recóllese a de "Satisfacer a cota de entrada e de mantemento".

APRÓBASE POR UNANIMIDADE QUE TODA ASOCIACIÓN QUE XA HOUBERA FORMADO PARTE DO GDR E SE DERA DE BAIXA POR IMPAGO, PARA QUE SE ACEPTE DE NOVO COMO SOCIO, DEBE FACER EFECTIVAS AS COTAS ATRASADAS.

Seguidamente o Presidente propón someter á votación a aceptación de adhesión das tres asociacións anteditas.

APRÓBASE POR UNANIMIDADE ACEPTAR AS SOLICITUDES DE ADHESIÓN DE ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL DOS POBOS DE COUTO, COUTIÑO E SANTIGUEIRO - CANÓN DO SIL, ASOCIACIÓN DE PESCA DEPORTIVA LIBREA E, ASOCIACIÓN DE MULLERES ARANDEIRA.

3. NOMEAMENTO DOS REPRESENTANTES DAS MESAS SECTORIAIS PARA A COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA.

O Presidente explica que como se estipula nos estatutos aprobados en asemblea xeral extraordinaria do día 04 de abril de 2016, tras a súa modificación para axustalos á normativa estipulada nas bases reguladoras, no seu artigo 22 "Os asociados/as integrados na asemblea xeral organizaranse en oito mesas sectoriais, organizadas en torno aos seguintes ámbitos:
1º. As asociacións de mulleres.
2º . As asociacións de mozos.
3º. As asociacións de acción social.
4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente.
5º. As asociacións do sector agrario,incluíndo as organizacións profesionais agrarias.
6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais.
7º. As asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras.
8º. O sector público."

Desta maneira e para dar cumprimento a dito artigo, a asemblea xeral debe establecer a composición da xunta directiva, máximo 21 membros, e tendo en conta a premisa estipulada no artigo 15 - "En todo caso, na Xunta Directiva da asociación estarán necesariamente representados, cando menos, os seguintes colectivos, sempre e cando sexan socios da Asociación e desexen formar parte da citada xunta directiva".

Con data 28 de marzo de 2016 remítese ós representantes actuais de cada mesa sectorial na xunta directiva a documentación necesaria para o nomeamento dos seus representantes, para a posterior elección de cargos na xunta directiva, axuntándose documento informativo do procedemento a seguir, así como, modelo do acordo de elección dos representantes e, contactos dos asociados para que os actuais representantes de cada mesa sectorial se poñan en contacto có resto de asociados da súa mesa.
O Presidente postula a debate o número de representantes por colectivo en función do peso de cada un dos colectivos e, tendo en conta a anterior premisa.
A ASEMBLEA XERAL APROBA POR UNANIMIDADE QUE O NÚMERO DE REPRESENTANTES POR COLECTIVO SEXA O SEGUINTE:
1º. As asociacións de mulleres: 3 representantes.
2º . As asociacións de mozos: Non hai actualmente ningún asociado.
3º. As asociacións de acción social: Non hai actualmente ningún asociado.
4º. As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente: 1 representante.
5º. As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións profesionais agrarias: 1 representante.
6º. As asociacións de empresarios e as asociacións profesionais: 2 representantes.
7º. As asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras: 4 representantes.
8º. O sector público: 10 representantes.

 

O Presidente dá lectura de todos os colectivos, así como, dos seus representantes actuais.
Os representantes das distintas mesas sectoriais actuais aportan o acordo de elección dos seus representantes para a posterior renovación da xunta directiva e, o Presidente procede a dar lectura dos representantes elixidos por cada colectivo/sector:

Mesa 1: Asociacións de Mulleres
• ASOCIACIÓN DE MULLERES ALGUEIRADA DE MANZANEDA - Dª. Amelia Estévez Estévez.
• ASOCIACIÓN DE MULLERES ANEL - Dª. Milagros Calvo Carballo.
• ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE SANTA CRISTINA - Dª. Margarita García Álvarez.

Mesa 4: Asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente
• CMVMC GANDARAS - D. Aquilino Domínguez Díaz. Apórtase informe comunicando a súa imposibilidade de asistir a esta sesión e, manifestando o seu interese en seguir formando parte da xunta directiva.

Mesa 5: Asociacións do sector agrario,incluíndo as organizacións profesionais agrarias
• AMARELANTE, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA - Dª. Ana Sarmiento Pérez.

Mesa 6: Asociacións de empresarios e as asociacións profesionais
• ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE TRIVES - D. Rubén Fernández Rodríguez.
• FEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA TERRA DE CALDELAS-FETECAL - Dª. Flora Castro González.

Mesa 7: As asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras
• ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN PAIO - Dª. Rosa Domínguez Rodríguez. Apórtase informe comunicando a súa imposibilidade de asistir a esta sesión e, manifestando o seu interese en seguir formando parte da xunta directiva.
• ASOCIACIÓN CENTRO CULTURAL SAN MIGUEL - D. Clemente Pérez Arias.
• PARADA DE SIL CLUB DE FÚTBOL - D. Manuel Francisco Rodicio Lizán.
• ASOCIACIÓN CULTURAL OURO DO SIL - D. Xosé Antón Vázquez Pérez.

Mesa 8: Sector público
• CONCELLO DE VIANA DO BOLO - D. Secundino Fernández Fernández.
• CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO - Dª. Melisa Macía Domínguez.
• CONCELLO DE PARADA DE SIL - D. Francisco Magide Bizarro.
• CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO - D. Luis Castro Álvarez.
• CONCELLO DE A POBRA DE TRIVES - D. Francisco José Fernández Blanco.
• CONCELLO DE CASTRO CALDELAS - Dª. Sara Inés Vega Núñez.
• CONCELLO DE MANZANEDA - D. David Rodríguez Estévez.
• CONCELLO DE A TEIXEIRA - D. Miguel Antonio Cid Álvarez.
• CONCELLO DE MONTEDERRAMO - D. Antonio Rodríguez Álvarez.
• CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA - D. Francisco Rodríguez Rodríguez.

A ASEMBLEA XERAL APROBA POR UNANIMIDADE O NOMEAMENTO DOS REPRESENTANTES DOS COLECTIVOS/SECTORES ELIXIDOS PARA O POSTERIOR NOMEAMENTO DOS MEMBROS/AS DA XUNTA DIRECTIVA.

4. INFORME PRESIDENCIA

En primeiro lugar o Presidente neste punto cuarto da orde do día quere propor á asemblea xeral que as convocatorias deste órgano colexiado sean remitidas vía email a todos os seus socios, como xa se viña facendo dende o 22 de abril de 2010 na xunta directiva.
Para isto, todos os asociados deben cumprimentar unha autorización que se lle facilitará dende a asociación, sinalando un email no que desexan recibir ditas convocatorias.

A ASEMBLEA XERAL APROBA POR UNANIMIDADE QUE AS CONVOCATORIAS DESTE ÓRGANO COLEXIADO SEXAN REMITIDAS VÍA EMAIL A TODOS OS SEUS MEMBROS, PARA O CAL FACILITARÁN UNHA DIRECCIÓN ELECTRÓNICA NA QUE RECIBIR AS MESMAS.

Seguidamente propón que, tamén se autorice a convocatoria vía email para poder realizar procedementos escritos en caso de necesidade ou celeridade, facilitando do mesmo xeito a antedita dirección electrónica.

A ASEMBLEA XERAL APROBA POR VINTE E UN VOTOS A FAVOR E DÚAS ABSTENCIÓNS DE D. MIGUEL A. CID ÁLVAREZ E, D. FRANCISCO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ POR DELEGACIÓN EN D. MIGUEL A. CID ÁLVAREZ, QUE AS CONVOCATORIAS DE PROCEDEMENTOS ESCRITOS SEXAN REMITIDOS VÍA EMAIL A TODOS OS SEUS MEMBROS PARA O CAL FACILITARAN UNHA DIRECCIÓN ELECTRÓNICA NA QUE RECIBIR AS MESMAS.

Por outro lado, o Presidente expón que sería convinte que este órgano colexiado acordara que o ingreso das cotas anuais por parte dos asociados foran ingresadas no primeiro semestre de cada ano para facilitar o bo funcionamento da asociación.

A ASEMBLEA XERAL APROBA POR UNANIMIDADE QUE AS COTAS ANUAIS SEXAN INGRESADAS NO PRIMEIRO SEMESTRE DE CADA ANO.

5. ROGOS E PREGUNTAS

Cede o turno de palabra os asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ningún dos asistentes solicita o turno de palabra.

 

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.

 

O Secretario O Presidente

 


Asdo: D. David Rodríguez Estévez Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar