Acta Xunta Directiva do 17 de xuno de 2016-PROCEDEMENTO ESCRITO

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:05:49 

ACTA 04/16
XUNTA DIRECTIVA POR PROCEDEMENTO ESCRITO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

DATA: 17 de Xuño de 2016
CONVOCATORIA: Vía e-mail o 14 de xuño de 2016, ás 14:08 horas.

Con data 14 de xuño de 2016, ás 14:08 horas, remitiuse vía e-mail, convocatoria de Xunta Directiva polo trámite de procedemento escrito para ó día 17 de xuño de 2016 (procedemento aprobado por acordo de asemblea xeral extraordinaria de data 04 de abril de 2016), na que se informaba e se consultaba a todos os membros da Xunta Directiva, sobre dous puntos da orde do día.

Na citada convocatoria solicitábase pronunciamento vía email, de aprobación ou non aprobación dos puntos da orde do día e, dando prazo para tal pronunciamento dous días hábiles (tendo en conta o acordo de Xunta Directiva do 28 de xaneiro de 2015). De non haber manifestación expresa, entenderíanse por aprobados os puntos da orde do día que seguen a continuación:

ORDE DO DÍA:


1. Aceptación, se procede, da solicitude de adhesión da C.M.V.M.C de Fradelo.
2. Aceptación, se procede, da solicitude de adhesión da asociación cultural San Vicente de Fradelo.

Finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos vía e-mail, a Xunta Directiva ACORDA aprobar os seguinte puntos da orde do día, dando traslado do mesmo ós interesados.

1. ACEPTACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE DE ADHESIÓN DA C.M.V.M.C DE FRADELO.
Habendo recibido na sede da asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea, solicitude de adhesión por parte da C.M.V.M.C de Fradelo, en nome do seu representante D. Jesus Salgado Álvarez e, unha vez analizada e comprobada dita documentación para poder facer efectiva dita adhesión, sométese a consulta a antedita solicitude.

Unha vez valorados os pronunciamentos da Xunta Directiva o resultado é o seguinte:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE ACEPTAR A ADHESIÓN DA C.M.V.M.C DE FRADELO E, COMUNICARLLE A MESMA Ó INTERESADO.

2. ACEPTACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE DE ADHESIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE FRADELO.
Habendo recibido na sede da asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea, solicitude de adhesión por parte da asociación cultural San Vicente de Fradelo, en nome do seu representante Dª. Florentina María Alves Pires e, unha vez analizada e comprobada dita documentación para poder facer efectiva dita adhesión, sométese a consulta a antedita solicitude.

Unha vez valorados os pronunciamentos da Xunta Directiva o resultado é o seguinte:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE ACEPTAR A ADHESIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE FRADELO E, COMUNICARLLE A MESMA Ó INTERESADO.


Levántase este acta no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.


O Secretario O Presidente

 

Asdo: D. Francisco José Fernández Blanco Asdo: D. Francisco Magide Bizarro


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar