Convocatoria Asemblea Xeral do 27 de abril de 2017

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:36:51 

CONVOCATORIA

No uso das atribucións que me outorgan os Estatutos da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, por medio da presente, convoco a tódolos asociados para que asistan á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos do Concello de A Pobra de Trives, sito no Paseo de San Roque - 4, o xoves día 27 de abril, ás 19:00 horas en 1ª convocatoria e, ás 19:10 horas en 2ª convocatoria, para trata-los asuntos que se inclúen na seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Aprobación das contas do exercicio 2016.
3. Firma do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o Grupo de Desenvolvemento Rural "Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea", para a aplicación dunha estratexía de Desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014.2020,
4. Resolución de aprobación dos importes máximos disponibles para as anualidades 2017 e 2018, para cada unha das tipoloxías dos proxectos das submedidas 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais e promovidos por institucións de carácter privado).
5. Estado de situación das cotas dos socios e comunicación de altas e baixas.
6. Informe Presidencia.
7. Rogos e preguntas.

En A Pobra de Trives, a 05 de abril de 2017
O Presidente


Asdo: Francisco Magide Bizarro


ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar