Acta Asemblea Xeral Extraordinaria do 22 de xuno de 2016

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:39:02 

 

ACTA 04/16

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Salón de Plenos do Concello de A Pobra de Trives
DATA: 22 de xuño de 2016
HORA DE INICIO: 19:10 horas
DATA DE FINALIZACIÓN: 20:00 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Francisco José Fernández Blanco

MEMBROS ASISTENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da asociación e representante do concello de Parada de Sil.
• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• D. David Rodríguez Estévez: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Aquilino Domínguez Díaz: Representante da mesa sectorial de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras.
• D. Jesús Salgado Álvarez: Representante da mesa sectorial de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC de Fradelo. (Aporta delegación de Dª. María Alves Pires: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación cultural San Vicente de Fradelo).
• D. Clemente Pérez Arias: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel.
• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.
• D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol. (Aporta delegación de D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Cultural Ouro do Sil).
• Dª. Margarita García Álvarez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. Flora Castro González: Representante da mesa sectorial de empresarios pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

MEMBROS AUSENTES:

• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. María Páez Páez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Unións Agrarias.
• Dª. Nieves Fernández Vidueira: Representante do sector agrario, gandeiro e forestal pola asociación de propietarios de soutos de Viana do Bolo.
• D. Manuel Gómez Guntiñas: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal polo Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
• Dª.Teresa Rodríguez Serrano: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais Bibei.
• Dª.Fernanda Paz Elías: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Arandeira.
• Dª. Marina Luis García: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación cultural, xuvenil e deportiva A Trabe.
• Dª. Esperanza Fernández Gómez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños O Acivro.
• D, Juan Vicente González Losada: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación sociocultural do Cenza.
• D. Eduardo Fernández Alonso: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños Santa Mariña de Froxais.
• Dª. Elena Prada Yañez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños Santa Mariña de Froxais.centro de animación rural San Adrián de Solveira.
• D, Francisco Javier Domínguez Pérez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación veciñal e cultural dos pobos de Couto, Coutiño e Santigueiro-Canón do Sil.
• D, Oscar Rodríguez González: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de pesca deportiva Librea.
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante da mesa sectorial das asociacións de empresarios pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• de D. Jesús Vizcaya Prieto: Representante da mesa sectorial de empresarios pola asociación de comerciantes e industriales de la Villa de Viana (ACIVI).

Vistas as delegacións presentadas por tres membros da citada asemblea, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da mesma, éste declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
2. Aprobación, se procede, da estratexia de desenvolvemento local participativo.
3. Informe Presidencia.
4. Rogos e preguntas.


DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES.

O Presidente informa que como se acordara na sesión da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitíronse a todos os membros da Asemblea Xeral as actas das sesións anteriores, referidas ás sesións extraordinarias celebradas o 04 de abril de 2016.

O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión extraordinaria do 04 de abril de 2016, na que se aprobaron os estatutos da asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea e, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR DEZASEIS VOTOS A FAVOR E, DÚAS ABSTENCIÓNS DE D. JESÚS SALGADO ÁLVAREZ E, Dª. FLORENTINA MARÍA ALVES PIRES POR DELEGACIÓN EN D. JESÚS SALGADO A ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIADO 04 DE ABRIL DE 2016.

O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión extraordinaria do 04 de abril de 2016, na que se aprobaron os representantes das mesas sectoriais, entre outros temas e, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR DEZASEIS VOTOS A FAVOR E, DÚAS ABSTENCIÓNS DE D. JESÚS SALGADO ÁLVAREZ E, Dª. FLORENTINA MARÍA ALVES PIRES POR DELEGACIÓN EN D. JESÚS SALGADO A ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIADO 04 DE ABRIL DE 2016

2. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO.
O Presidente procede a explicar que para seguir có procedemento estipulado na RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras naxestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección e,aprobada en Xunta Directiva que a Asociación para o desenvolvemento rural se presentara como organización candidata para elaborar a estratexia de desenvolvemento local para o Programa Leader Galicia 2014-2020, correspóndelle á asociación decidir diferentes aspectos acerca da estratexia de desenvolvemento local participativo que está a elaborar o equipo técnico.

Desta maneira, o Presidente explica que tal e como se acordara na Xunta Directiva de data 04 de abril de 2016, constituíuse unha mesa de traballo, para analizar e ir avanzando na elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativo, reunións nas que xa se foron tratando os aspectos que agora se van a expoñer para ser aprobados.

O Presidente presenta ós integrantes deste órgano colexiado a extratexia de desenvolvemento local participativo elaborada polo equipo técnico. Ésta consta de sete partes que procede a analizar:

PARTE I - GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Esta parte da estratexia está composta polos datos identificativos da asociación, personalidade xurídica e, descrición (previsión) do equipo técnico e humano adscrito á xestión da estratexia.

Os asistentes analizan dita parte exposta e, aceptan o seu contido.

PARTE II - TERRITORIO E POBOACIÓN QUE ABRANGUE A ESTRATEXIA
Esta parte da estratexia está composta polo mapa territorial do ámbito de actuación do GDR e, pólas definición e características demográficas da poboación que abrangue a estratexia.

Os asistentes analizan dita parte exposta e, aceptan o seu contido.

PARTE III - ESTRATEXIA
Esta parte da estratexia está composta polo análise do territorio: Delimitación territorial e medio natural, análise sociodemográfico, sistema produtivo e, indicadores de calidade de vida); diagnóstico do territorio; determinación de estrangulamentos e potencialidades (análise DAFO) e, estratexia de desenvolvemento local.

Os asistentes analizan dita parte exposta e, aceptan o seu contido.

PARTE IV - PLAN DE COOPERACIÓN CON OUTROS TERRITORIOS
Esta parte está composta pola previsión de participación da asociación en proxectos de cooperación e, tendo en conta a análise do territorio de actuación, as tipoloxías dos proxectos son: "posta en valor dos produtos agrarios e gandeiros locais", "servizos á poboación no medio rural" e, "posta en valor dos recursos naturais existentes no territorio".

Os asistentes analizan dita parte exposta e, aceptan o seu contido.

PARTE V - NORMAS PARA A XESTIÓN DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Esta parte está composta polos límites de axuda pública máxima (cuantitativos e porcentaxes), en función dos diferentes tipos de proxectos; criterios para a selección e priorización de proxectos; mecanismos que garantan os principios de obxectividade, publicidade, imparcialidade e libre concorrencia, con especial referencia aos processos de toma de decisións e aos procedementos de contratación; procedemento para evitar conflitos de intereses; plan de seguemento; o equipo xestor; sede e, plan de difusión.

Os asistentes analizan dita parte exposta e, aceptan o seu contido.


PARTE VI - PLAN FINANCEIRO
Nesta parte inclúese o plan financeiro previsto pola asociación distribuído por anualidades, medidas e, fontes financeiras.

Os asistentes analizan dita parte exposta e, aceptan o seu contido.

ANEXOS
Conteñen a documentación relativa e xustificativa do proceso participativo (anexos I a XXII) e, os modelos normalizados do procedemento para evitar conflitos de intereses nos membros dos órganos de avaliación e decisión dos GDR (anexos XXIII e XXIV).

Despois de analizar pormenorizadamente cada unha das partes nas que se articula a estratexia de desenvolvemento local da asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea, procédese a súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA E, A SÚA PRESENTACIÓN ANTE A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL PARA QUE, DITA ASOCIACIÓN POIDA SER SELECCIONADA E RECOÑECIDA COMO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL E, COMO ENTIDADE COLABORADORA NA XESTIÓN DA MEDIDA LEADER GALICIA PARA O PERÍODO 2014-2020.

3. INFORME PRESIDENCIA

O Presidente informa que a partir do 30 de xuño o equipo técnico xa non terá relación laboral coa asociación, desta maneira e, como se tratara na Xunta Directiva do 08 de xuño de 2016, no caso de que chegue algún requirimento de documentación por parte de Agader, propón que sexan os órganos unipersoais quen subsane dita documentación.

A ASEMBLEA XERAL APROBA POR DEZASEIS VOTOS A FAVOR E DÚAS ABSTENCIÓNS DE Dª. MILAGROS CALVO CARBALLO E, Dª. AMELIA ESTÉVEZ ESTÉVEZ POR DELEGACIÓN EN Dª. MILAGROS CALVO CARBALLO QUE, SE AGADER REQUIRE DOCUMENTACIÓN REFERIDA A ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, SEXAN OS ÓRGANOS UNIPERSOAIS QUENES SUBSANEN DITA DOCUMENTACIÓN.

4. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra os asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ningún dos asistentes solicita o turno de palabra.


E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.

 

O Secretario O Presidente

 


Asdo: D. Francisco José Fernández Blanco Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar