Acta Xunta Directiva do 21 de febreiro do 2017

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:45:35 

ACTA 02/2017
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 21 de FEBREIRO de 2017
HORA DE INICIO: 18:30 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:20 horas
CONVOCATORIA: Primeira
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Francisco José Fernández Blanco

MEMBROS PRESENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• D. Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives e, aporta delegación de Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio).
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol. (Aporta delegación de D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil e, aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras).
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 

 

MEMBROS AUSENTES:


• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.


Vistas as delegacións presentadas por cinco membros da citada Xunta Directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación pola Presidenta en funcións do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Aprobación das contas do exercicio 2016.
3. Aprobación, se procede, do importe máximo disponible para as anualidades 2017 e 2018, para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais e promovidos por institucións de carácter privado), para a súa posterior autorización por parte de Agader.
4. Estudo e análise do estado de situación da asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:
Antes de comenzar a sesión, o Presidente agradece a preocupación pola súa nai posta de manifesto na acta da sesión celebrada o 12 de xaneiro de 2017.

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O Presidente informa que como se acordara na sesión da Asemblea Xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da Xunta Directiva a acta da sesión anterior, celebrada o 12 de xaneiro de 2017.

Pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 12 de xaneiro de 2017 e, non habendo intervencións, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O 12 DE XANEIRO DE 2017.

2. APROBACIÓN DAS CONTAS DO EXERCICIO 2016.
O Presidente cede a palabra a Dª. Flora Castro González, tesoureira da Asociación, a cal procede a analizar e explicar as contas do exercicio 2016 segundo dossier axunto.

Comeza esta análise explicando o balance de pemes, no cal se reflexan os seguintes resultados:

Activo non corrente: 4.054,53 €
Activo corrente: 14.044,35 €
Total Activo: 18.098,88 €

Patrimonio neto: 5.876,08 €
Pasivo non corrente: -150,75€
Pasivo corrente: 12.373,55 €
Total patrimonio neto e pasivo: 18.098,88 €

Neste mesmo punto, procede á análise da conta de pérdidas e ganancias, mediante o desglose dos distintos conceptos nos que se reflexa o seguinte resultado:

Resultado do exercicio 2016: 50,27 €

A tesoureira da Asociación cede a palabra ós presentes, se queren facer algunha aclaración a dita análise; ningún membro solicita o turno de palabra, polo que o Presidente propón este punto para ser votado, có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES AS CONTAS DO EXERCICIO 2016.

3. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO IMPORTE MÁXIMO DISPOÑIBLE PARA AS ANUALIDADES 2017 E 2018, PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS DA SUBMEDIDA 19.2: PRODUTIVOS, NON PRODUTIVOS (PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS E PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO), PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.

O Presidente explica que segundo se establece no artigo 16.1 das bases reguladoras das axudas, durante o mes inmediatamente posterior á data de publicación de cada unha das convocatorias, cada GDR deberá solicitar a Agader, en función do sinalado na convocatoria e na súa EDL, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (entidades públicas locais e institucións de carácter privado).
Na convocatoria 2017-2018 (DOG do 30 de xaneiro de 2017), o GDR Sil-Bibei-Navea dispón de 984.059,33 €: 563.337,58 € para a anualidade 2017 e, 420.721,75 € para a anualidade 2018.

O Presidente explica que ditos importes poderán ser modificados, de ser necesario, a partir do 31 de maio, data en que remata a segunda convocatoria para a presentación de solicitudes.

Desta maneira, propón o seguinte importe máximo para as anteditas anualidades para cada una das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2 tal e como se especifica a continuación:


SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 366.169,43 273.469,14 639.638,56 65%
Non produtivos (entidades públicas locais) 146.467,77 109.387,66 255.855,43 26%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 50.700,38 37.864,96 88.565,34 9%
TOTAL 563.337,58 420.721,75 984.059,33 100%


O Presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha obxeción ou aclaración a esta proposta. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O IMPORTE MÁXIMO DISPOÑIBLE PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS NA SUBMEDIDA 19.2, PARA AS ANUALIDADES 2017 E 2018, TAL E COMO SE REFLICTE NO CADRO DESCRITO CON ANTERIORIDADE PARA A SÚA POSTERIOR APROBACIÓN POR PARTE DE AGADER.

4. ESTUDO E ANÁLISE DO ESTADO DE SITUACIÓN DA ASOCIACIÓN.

O Presidente informa que tal e como se informara na Xunta Directiva celebrada o pasado 12 de xaneiro de 2017, segundo se estipula no convenio asinado con Agader, o GDR debe levar a cabo unha serie de actuacións na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial" para a anualidade 2017 có obxectivo de dar a coñecer o Programa Leader Galicia 2014-2020 no territorio de actuación do GDR08; as actuacións informativas e divulgativas que se prevén realizar, son as seguintes: actualizar a páxina web da asociación e editar un folleto informativo de lanzamento sinxelo.
Solicitáronse tres ofertas para a realización destas tarefas; o Presidente procede a ler as mesmas, sendo a oferta máis económica a de Visualq por importe de 1.936 €.

Procédese a súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE SELECCIONAR A VISUALQ, PARA REALIZAR AS ACTUACIÓNS ESPECIFICADAS CON ANTERIORIDADE PARA A SUBMEDIDA 19.4B "ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL" PARA A ANUALIDADE 2017.

Neste mesmo punto cuarto da orde do día o Presidente explica que hoxe chegou unha proposta da televisión de Castilla e León na que se ofrece a grabación dun programa "Tiempo de Viajar" conxuntamente có GDR Adercou por importe de 1.000 € limitado á marca Ribeira Sacra
O presidente propón falar con eles para ver se o reportaxe se podería facer de todo o territorio que integra o GDR08 e non so limitado á marca Ribeira Sacra porque nese caso do noso territorio solo afectaría a 4 concellos.

A Xunta Directiva acepta por unanimidade que ésta sexa a primeira opción.
O Presidente aclara que, no caso de que esta primeira opción non sexa posible se proceda á votación da opción que eles nos ofrecen.

Procédese á votación da proposta inicial có seguinte resultado:

APRÓBASE POR QUINCE VOTOS A FAVOR E UNHA ABSTENCIÓN DE D. FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO A PROPOSTA DA TELEVISIÓN CASTILLA E LEÓN PARA A GRABACIÓN DUN PROGRAMA "TIEMPO DE VIAJAR"

5. INFORME PRESIDENCIA.

O Presidente neste punto da orde do día informa ós asistentes que tal e como se aprobou na Xunta Directiva anterior de data 12 de xaneiro de 2017, él mesmo e a Tesoureira levaron a cabo as negociacións para a firma da póliza de crédito.

Explica que mañá día 22 de febreiro terá lugar a sinatura do convenio coa entidade financeira de ABANCA para posteriormente levar a cabo a firma da póliza de crédito ante notario por um importe de 40.000 €.

 

 

A Xunta Directiva acepta e dase por enterada de dita información.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia;


E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende co obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.


O Secretario O Presidente

 

 


Asdo: D. Francisco José Fernández Blanco Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar