Convocatoria Xunta Directiva do 27 de outubro de 2017-PROCEDEMENTO ESCRITO

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:48:15 

CONVOCATORIA

Pola presente convócase a todos os membros da xunta directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil - Bibei -Navea á sesión por procedemento escrito, para tratar o asunto que se inclúe na seguinte orde do día:

1. Selección e proposta de resolución das solicitudes de axuda presentadas a 31 de maio de 2017.

Prégasevos remitades a contestación por e-mail, APROBACIÓN ou NON APROBACIÓN, dando un prazo de dous días hábiles (tendo en conta o acordo de Xunta Directiva do 28 de xaneiro de 2015). Senón se recibe contestación entenderase como aprobado pola Xunta Directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea.

Os que manifesten a súa APROBACIÓN/NON APROBACIÓN, deberán cumprimentar e asinar o "FORMULARIO DE DECLARACIÓN DE INTERESES PARA MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA OU ÓRGANO DECISORIO SIMILAR", que se envía en documento axunto e remitilo vía email.


En A Pobra de Trives, a 24 de outubro de 2017
O Presidente


Asdo: Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar