Acta Xunta Directiva do 20 de xullo de 2017

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:53:16 

ACTA 03/2017
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 20 de XULLO de 2017
HORA DE INICIO: 19:10 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 20:05 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Francisco José Fernández Blanco

MEMBROS PRESENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• D. Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina. (Aporta delegación de D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil).
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives. (Aporta delegación de Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL)).
• D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol e, aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras).
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 


MEMBROS AUSENTES:


• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.


Vistas as delegacións presentadas por cinco membros da citada Xunta Directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación pola Presidenta en funcións do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Traspaso de fondos da submedida 19.4 á submedida 19.2 para a anualidade 2017.
3. Traspaso de fondos destinados a proxectos non produtivos promovidos por institucións de carácter privado ás outras dúas tipoloxías de proxectos (produtivos e non produtivos públicos).
4. Selección e proposta de resolución das solicitudes de axuda presentadas ata 31 de marzo de 2017.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O Presidente informa que como se acordara na sesión da Asemblea Xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da Xunta Directiva a acta da sesión anterior, celebrada o 21 de febreiro de 2017.

Pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 21 de febreiro de 2017 e, non habendo intervencións, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O 21 DE FEBREIRO DE 2017.

 


2. TRASPASO DE FONDOS DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A ANUALIDADE 2017.
O Presidente informa que tal e como se acordara na Xunta Directiva celebrada con data do 21 de febrero de 2017, no seu punto 3º da orde do día, o importe máximo dispoñible para as anualidades 2017 e 2018, para cada una das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais e promovidos por institucións de carácter privado respectivamente) e, posteriormente con data do 28 de marzo de 2017 rexistrouse na sede do GDR08-Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea có número de entrada 17/17, una copia da resolución pola que se aproban, dentro das dispoñibilidades orzamentarias globais na convocatoria da medida Leader de Galicia para as anualidades 2017 e 2018, os importes máximos disponibles, dentro das distintas tipoloxías de proxectos subvencionables ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local) do PDR de Galicia 2014-2020.
En dita resolución, tal e como se reflexa no dossier axunto, aprobouse o seguinte cadro de distribución:

SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 366.169,43 273.469,13 639.638,56 65%
Non produtivos (entidades públicas locais) 146.467,77 109.387,66 255.855,43 26%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 50.700,38 37.864,96 88.565,34 9%
TOTAL 563.337,58 420.721,75 984.059,33 100%

O Presidente prosegue informando que, seguindo indicacións de Agader, dado que o noso GDR non solicitou todos os fondos dispoñibles da submedida 19.4 e, ten un sobrante por importe de 118.505,97 €, este sobrante pasa a engrosar o dispoñible na anualidade 2017, na mesma porcentaxe que o GDR solicitou para cada unha das tipoloxías de proxectos que concorren. Polo que, o cadro de distribución queda do seguinte xeito tal e como se reflexa no dossier axunto:

SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 443.198,31 273.469,13 716.667,44 65%
Non produtivos (entidades públicas locais) 177.279,32 109.387,66 286.666,98 26%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 61.365,92 37.864,96 99.230,88 9%
TOTAL 681.843,55 420.721,75 1.102.565,30 100%

O Presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha aclaración e, ningún asistente solicita o turno de palabra polo que se procede á súa votación:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O TRASPASO DE FONDOS DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A ANUALIDADE 2017, NA MESMA PORCENTAXE QUE O GDR SOLICITOU PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS QUE CONCORREN.
3. TRASPASO DE FONDOS DESTINADOS A PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO ÁS OUTRAS DÚAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS (PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS PÚBLICOS).

O Presidente explica que, debido a que so temos un proxecto non produtivo promovido por una institución de carácter privado que, conta cunha axuda por importe de 3.484,80 €, o remanente que nos queda nesa tipoloxía é de 57.881,12 € na anualidade 2017 e 37.864,96 € na anualidade 2018, polo que o que se propón é repartir eses importes sobrantes entre os proxectos produtivos e os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais (50% a produtivos e 50% a non produtivos promovidos por entidades públicas locais). Polo que, o cadro de distribución definitivo quedaría da seguinte maneira:


SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 472.138,87 292.401,61 764.540,48
Non produtivos (entidades públicas locais) 206.219,88 128.320,14 334.540,02
Non produtivos (institucións de carácter privado) 3.484,80 0,00 3.484,80
TOTAL 681.843,55 420.721,75 1.102.565,30

O Presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha alegación a dita proposta e, ningún asistente solicita o turno de palabra polo que se procede á súa votación:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O TRASPASO DE FONDOS DESTINADOS A PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO ÁS OUTRAS DÚAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS (PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS PÚBLICOS).

4. SELECCIÓN E PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDA PRESENTADAS A 31 DE MARZO DE 2017.
O Presidente informa á Xunta Directiva dos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR ata o 31 de marzo de 2017, os cales foron corenta e sete; dos que, corenta e cinco foron solicitados por promotores privados e públicos na submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo) e, dous solicitados por este GDR08 na submedida 19.4B (animación e promoción territorial).

Segundo se reflexa en dossier axunto, relacionase o listado de expedientes presentados e a situación de cada un deles: 36 ICEs e ITEs favorables dos cales 17 son proxectos produtivos, 18 non produtivos promovidos por entidades públicas locais e 1 non produtivo promovido por unha institución de carácter privado, 6 ICEs desfavorables e, 3 renuncias.

O Presidente antes de dar comezo a analizar e realizar a proposta de resolución dos proxectos presentados ata 31 de marzo de 2017, informa ós asistentes que para dar cumprimento ó estipulado nos Estatutos da Asociación para o desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, no seu título VIII "Procedemento para evitar conflito de intereses", artigo 25. Conflicto de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.

"1.- Deberá xuntarse a cada expediente unha declaración expresa, asinada por todas as persoas que participen na selección e avaliación dun proxecto e que sinale que non teñen ningún interese persoal ou profesional directo na selección do citado proxecto.

2.- Se un membro da xunta directiva da asociación ou do persoal contratado pola mesma, ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, ou calquera interese profesional ou persoal no mesmo, debe presentar unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese, a cal deberá formar parte do expediente do proxecto. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.

3.- Se un membro da xunta directiva ou do persoal da asociación se atopa na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin atoparse presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas actas.

4.- Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro da xunta directiva ou do persoal da asociación, a asociación deberá remitir o asunto á entidade encargada da xestión do programa ou axuda, para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses".

Desta maneira, o Presidente insta ós presentes a que analicen o listado de expedientes que se presentaron ata o 31 de marzo de 2017, para poder realizar a proposta de resolución e, cédense uns minutos e facilítanselle os formularios de interese para que cada asistente a esta sesión o cumprimente e, declare o interese se fora o caso.

Tras este proceso, o Presidente procede a analizar as propostas que se lle efectúan a cada un dos promotores que contan con ICE e ITE verificados favorablemente, en cada unha das tipoloxías: proxectos produtivos aprobados, proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais e, proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Segundo dossier axunto, os asistentes analizan as conformidades ou non conformidades coa axuda proposta, asinada por cada promotor do expediente, segundo a súa tipoloxía.

O Presidente explica que con ditas propostas intentouse comprometer o maior orzamento posible pero debido a que os proxectos non poderán exceder o prazo do 15 de outubro de cada anualidade para xustificar e executar, nalgúns casos ó proporselle o 100% da execución, optaron por non aceptar a mesma e, solicitar que se tome en consideración o desestimento do proxecto nesta convocatoria e que o mesmo sexa tomado en consideración na convocatoria de proxectos inmediatamente seguinte (2018-2019), sen que esto supoña preferencia alguna na aplicación dos criterios de selección e, concurrirán en igualdade de condicións có resto de proxectos solicitados ata o 31 de marzo de 2018 e no seu caso ata o 31 de maio de 2018.

Unha vez vistas as conformidades/non conformidades coa axuda proposta, asinadas por cada un dos promotores, a Xunta Directiva do GDR realiza a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDA PRESENTADAS ATA O 31 DE MARZO DE 2017 na que se ACORDA POR UNANIMIDADE

"Vistos os informes de verificación favorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expediente que se analizan, propoñer a selección de proxectos que se achegan a esta acta como ANEXO I (proxectos produtivos), ANEXO II (proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais) e ANEXO III (proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas), para a súa posterior Resolución de concesión de axuda".
"Vistos os informes de verificación desfavorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, non verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expediente que se analizan, denegar a subvención para os proxectos sinalados no ANEXO IV, por non cumprir algún dos requisitos indicados nas bases reguladoras e/ou na estratexia do GDR.
"Establecer as listas de agarda para proxectos produtivos e non produtivos promovidos por entidades públicas locais, de proxectos para os cales se constata a inexistencia de fondos suficientes. ANEXOS V e VI".
Tras dita proposta, o Presidente informa que, o cadro de distribución có comprometido sería o seguinte:

COMPROMETIDO
SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 449.770,69 292.401,48 742.172,17
Non produtivos (entidades públicas locais) 206.219,88 127.252,17 333.472,05
Non produtivos (institucións de carácter privado) 3.484,80 0,00 3.484,80
TOTAL 659.475,37 419.653,65 1.079.129,02

Polo tanto, o importe que queda sen comprometer para a anualidade 2017 supón o 3,28%, á espera de que se resolva por parte de Agader a segunda convocatoria de axudas presentadas a 31 de maio de 2017, para desta maneira poder comprometer todo o cadro de distribución aprobado.


SEN COMPROMETER
SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 22.368,18 0,13 22.368,31
Non produtivos (entidades públicas locais) 0,00 1.067,97 1.067,97
Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
TOTAL 22.368,18 1.068,10 23.436,28

A Xunta Directiva acepta e dase por enterada de dita información.


5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto quinto do orde do día, o Presidente informa que é preciso elixir e nomear a un representante da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea na Asociación de GDRs de Galicia e, proponse para dita representación a D. Felix Domínguez Cortiñas e, non habendo obxeción algunha procédese á votación có seguinte resultado:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O NOMEAMENTO DE D. FÉLIX DOMÍNGUEZ CORTIÑAS COMO REPRESENTANTE DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL NA ASOCIACIÓN DE GDRs DE GALICIA.

Seguindo neste mesmo punto da orde do día, o Presidente informa que na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial" solicitouse a Agader segundo acordo da Xunta Directiva do 12 de xaneiro de 2017, unha previsión de gasto para a anualidade 2017 por importe de 20.000 €, o cal foi aprobado por Agader.

Agader verificou favorablemente os expedientes nesta submedida 19.4B: L17-1940-08-B002 "Difusión do Programa Leader 2014-2020 no territorio de actuación do GDR08" e L17-1940-08-B006 "Realización dun programa do territorio de actuación do GDR08 para emitir na radio TV de Castilla y León".

E esta Xunta Directiva debe proceder a súa selección e signación de axuda.

Visto o informe de verificación do ICE e ITE favorable da Área de Seguemento e Control de Programas de Agader do expediente citado a continuación:

Expediente nº L17-1940-08-B002
Título: "Difusión do Programa Leader 2014-2020 no território de actuación do GDR08"
Beneficiario: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea-GDR08
Orzamento aceptado: 1.936,00 €
Porcentaxe de axuda: 100%
Importe da subvención proposta: 1.936,00 €

A XUNTA DIRECTIVA ACORDA POR UNANIMIDADE A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

Visto o informe de verificación do ICE e ITE favorable da Área de Seguemento e Control de Programas de Agader do expediente citado a continuación:

Expediente nº L17-1940-08-B006
Título: "Realización dun programa do territorio de actuación do GDR08 para emitir na Radio TV de Castilla y León"
Promotor: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea - GDR08
Orzamento aceptado: 2.420,00 €
Porcentaxe de axuda: 100%
Importe da subvención proposta: 2.420,00 €

A XUNTA DIRECTIVA ACORDA POR UNANIMIDADE A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

O Presidente explica que nesta submedida 19.4B o importe comprometido con estes dous proxectos que se acaban de seleccionar é de 4.356 €, polo que hai un remanente de 15.644,00 €.
Na Xunta Directiva celebrada con data 21 de febreiro de 2017, informárase da posibilidade de realizar un intercambio de experiencias có norte de Cáceres no Valle do Jerte, para visitar in situ como xestionan a explotación das castañas, arándanos a través de cooperativas, visitando diversas explotacións e a través de charlas informativas de técnicos destas cooperativas. Unha experiencia que pode ser extrapolable o noso territorio.
A Xunta Directiva manifestase moi partidaria de dita iniciativa como positiva e enriquecedora para o noso territorio.

O Presidente propón preparar a documentación necesaria para dita iniciativa.


6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.


E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.


O Secretario O Presidente

 

 


Asdo: D. Francisco José Fernández Blanco Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar