Acta do 27 de outubro de 2017-PROCEDEMENTO ESCRITO

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 16:55:31 

ACTA 04/17
XUNTA DIRECTIVA POR PROCEDEMENTO ESCRITO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

DATA: 27 de Outubro de 2017
CONVOCATORIA: Vía e-mail o 24 de outubro de 2017

Con data 24 de outubro de 2017, ás 15:14 horas, remitiuse vía e-mail, convocatoria de Xunta Directiva polo trámite de procedemento escrito para ó día 27 de outubro de 2017 (procedemento aprobado por acordo de Asemblea Xeral Extraordinaria de data 04 de abril de 2016), na que se informaba e, se facía consulta a todos os membros da Xunta Directiva, sobre un único punto da orde do día.

Na citada convocatoria solicitábase pronunciamento vía e-mail, de aprobación ou non aprobación do punto da orde do día e, dando un prazo para tal pronunciamento de dous días hábiles (tendo en conta o acordo de Xunta Directiva do 28 de xaneiro de 2015). De non haber manifestación expresa, enténdese por aprobado o punto da orde do día que segue a continuación:

ORDE DO DÍA:


1. Selección e proposta de resolución das solicitudes de axuda presentadas a 31 de maio de 2017.

Finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos vía e-mail, a Xunta Directiva ACORDA aprobar o seguinte punto da orde do día, dando traslado do mesmo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

1. SELECCIÓN E PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDA PRESENTADAS A 31 DE MAIO DE 2017.
Tendo en conta o estipulado na Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), no artigo 16 "selección e proposta de resolución por parte da Xunta Directiva do GDR", no apartado 3 "unha vez realizada a proposta de resolución pola Xunta Directiva do GDR e no caso de existir crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha segunda proposta de adxudicación de axudas ata o límite máximo do crédito disponible, con data límite do 31 de agosto de cada ano, coas solicitudes presentadas ata 31 de maio de cada ano e que, en todo caso, conten co ICE verificado por parte de Agader".
Tras a celebración da Xunta Directiva do 20 de xullo de 2017, na que se acordou a "Selección e proposta de resolución das solicitudes de axuda presentadas a 31 de marzo de 2017", o plan financeiro que se axunta a continuación, reflexa os importes que quedaron sen comprometer na submedida 19.2 segundo o tipo de proxectos:


SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 22.368,18 0,13 22.368,31
Non produtivos (entidades públicas locais) 0,00 1.067,97 1.067,97
Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
TOTAL 22.368,18 1.068,10 23.436,28

Remíteselle a todos os membros da Xunta Directiva un informe sobre a segunda proposta de resolución de adxudicación de axudas (solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2017), as conformidades asinadas polos promotores e, o anexo I de proxectos produtivos aprobados, dos que se debe proceder a seleccionar e propoñer resolución desta segunda convocatoria.

Para dar cumprimento ó estipulado nos Estatutos da Asociación para o desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, no seu título VIII "Procedemento para evitar conflito de intereses", artigo 25. Conflicto de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.

Remítese o "FORMULARIO DE DECLARACIÓN DE INTERESES PARA MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA OU ÓRGANO DECISORIO SIMILAR" para que os que se manifesten o cumprimenten e, declaren o interese se fora o caso.

Os pronunciamentos efectuados foron remitidos polos seguintes membros da Xunta Directiva:
D. Francisco Magide Bizarro, D. FrancIsco José Fernández Blanco, D. Félix Domínguez Cortiñas, D. Luis Castro Álvarez, Dª. Ana Sarmiento Pérez, D. Clemente Pérez Arias, Dª. Flora Estévez Carballo, D. Manuel Francisco Rodicio Lizán, Dª. Milagros Calvo Carballo declaran que non existe relación persoal relevante, nin algún interese económico directo na selección ou non selección dos proxectos relacionados no Anexo I, que poida constituir un conflito de intereses e, participan na selección dos dous proxectos (L17-1920-08-0053 e, L17-1920-08-0052).
Por outro lado, D.Aquilino Domínguez Díaz declara que non existe relación persoal relevante, nin algún interese económico directo na selección ou non selección dos proxectos relacionados no Anexo I, que poida constituir un conflito de intereses e, non participa na selección dos dous proxectos (L17-1920-08-0053 e, L17-1920-08-0052).

Tendo en conta que contamos con dous expedientes da 2ª convocatoria (expedientes presentados ata o 31 de maio de 2017) que teñen o ICE con verificación favorable por parte de Agader e, existen fondos na anualidade 2017, por importe de 22.368,18 €, a Xunta Directiva ACORDA

"Vistos os informes de verificación favorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expediente que se analizan, propoñer a selección de proxectos que se achega a este acta como ANEXO I (proxectos produtivos).

 

 

 


Levántase este acta no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.


O Secretario O Presidente

 

Asdo: D. Francisco José Fernández Blanco Asdo: D. Francisco Magide Bizarro


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar