Acta Xunta Directiva do 22 de novembro de 2017

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 17:00:39 

ACTA 05/2017
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 22 de NOVEMBRO de 2017
HORA DE INICIO: 18:40 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol, aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras, aporta delegación de D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil e, aporta delegación de Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL)).
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 

MEMBROS AUSENTES:


• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.

• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.


Antes de dar comezo ó desenvolvemento da sesión, o Presidente informa que, ante a ausencia do Secretario da asociación, D. Francisco José Fernández Blanco por motivos persoais, hai que nomear un membro deste órgano colexiado para que actúe como tal nesta sesión que se vai a celebrar. Proponse a D. Clemente Pérez Arias o que acepta dita función nesta reunión.

Vistas as delegacións presentadas por cinco membros da citada Xunta Directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación pola Presidenta en funcións do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores
2. Proposta e aprobación, se procede, da previsión de gastos da submedida 19.4. Custes correntes e animación e promoción territorial, correspondentes á anualidade 2018, para a súa porterior autorización por parte de Agader.
3. Traspaso de fondos, se procede, da submedida 19.4 á submedida 19.2 para a convocatoria 2018-2919.
4. Estado de situación das cotas da Asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES.

O Presidente informa que como se acordara na sesión da Asemblea Xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da Xunta Directiva as actas das sesións anteriores, celebradas o 20 de xullo de 2017 e o 27 de outubro de 2017 respectivamente.

O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 20 de xullo; solicita o turno de palabra Dª. Milagros Calvo Carballo para manifestar que nesa sesión entende que se lle faltou ó respeto por parte doutro membro e, solicita que sexa tido en conta no levantamento deste acta.

Procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE ONCE VOTOS A FOVOR E, DÚAS ABSTENCIÓNS POR PARTE DE D. MIGUEL A. CID ÁLVAREZ E Dª. MELISA MACÍA DOMINGUEZ A ACTA DA SESIÓN DO 20 DE XULLO DE 2017.

O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión celebrada por procedemento escrito o 27 de outubro, procedéndose á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN POR PROCEDEMENTO ESCRITO DO 27 DE OUTUBRO DE 2017.

2. PROPOSTA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PREVISIÓN DE GASTOS DA SUBMEDIDA 19.4. CUSTES CORRENTES E ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL, CORRESPONDENTES Á A NUALIDADE 2018, PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.
O Presidente, informa ós asistentes que este órgano colexiado debe aprobar a previsión de orzamento para a submedida 19.4A "custes correntes" e para a submedida 19.4B "animación e promoción territorial" e, remitila a Agader antes do 30 de novembro para a súa aprobación.

O GDR08 conta cun importe de 257.505,97 € para a anualidade 2018, segundo se estipula no convenio e, realizouse unha previsión desagregada para os gastos da submedida 19.4A do ano 2018, por un importe total de 103.000,00€.

O Presidente expón ante a Xunta Directiva os gastos realizados ata o momento en cada unha das partidas de custes correntes na anualidade 2017, os cales ascenden a 85.302,30€, quedando por xustificar desta anualidade, as nóminas e as extras de decembro do Xerente e do Técnico, a seguridade social dos meses de novembro e decembro, o IRPF do 4º T de 2017, gastos de desprazamentos, dietas, correos, lectura copiadora, teléfono dos meses de novembro e decembro de 2017 e, a asistencia á xestión do mes de decembro, gastos que se xustificarán na anualidade 2018.

Solicita o turno de palabra Dª. Milagros Calvo Carballo para preguntar se o grupo incluiu nesta previsión o seguro de responsabilidade civil e, o Presidente informa ainda non existe contrato de cesión por parte do Concello de A Pobra de Trives, requisito necesario para poder contratar un seguro do local.
A Xunta Directiva propón solicitarlle ó Concello que se formalice, na maior brevidade posible, o contrato de cesión para poder contratar un seguro.

O Presidente cede a palabra por se alguén quere facer algunha outra obxeción ou aclaración a esta previsión. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APROBASE POR UNANIMIDADE A PREVISIÓN DA SUBMEDIDA 19.4A DE "CUSTES CORRENTES" PARA A ANUALIDADE 2018 POR IMPORTE DE 103.000,00 € PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.

Seguidamente neste mesmo punto da orde do día, o Presidente procede a analizar a previsión das actuacións a realizar na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial" na anualidade 2018.
Tal e como se informara na sesión da Xunta Directiva do 20 de xullo de 2017, na que se plantexara a posibilidade de realizar un intercambio de experiencias có norte de Cáceres no Valle do Jerte, preséntase en dossier axunto, unha memoria con dita iniciativa.

Dita previsión de gasto para o ano 2018 para a submedida 19.4B é por importe de 20.000€.

É polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APROBASE POR UNANIMIDADE A PREVISIÓN DA SUBMEDIDA 19.4B DE "ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL" PARA A ANUALIDADE 2018 POR IMPORTE DE 20.000 €.

3. TRASPASO DE FONDOS, SE PROCEDE, DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A CONVOCATORIA 2018-2019.

O Presidente informa ós asistentes que segundo se informou no punto 2º desta sesión, este GDR08 conta cun importe de 257.505,97 €, para o ano 2018 para a submedida 19.4A e 19.4B "custes correntes" e "animación e promoción territorial", segundo se estipula no convenio e, solicitouse autorización para os gastos da submedida 19.4A por importe de 103.000€ e, para os gastos da submedida 19.4B por importe de 20.000€.

O total solicitado nesta previsón na submedida 19.4 ascende a 123.000€, polo que quedaría un remanente por importe de 134.505,97€.

Desta maneira, o Presidente propón traspasar este remanente da submedida 19.4 a submedida 19.2 "apoio para a realización de operación conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo", e na mesma porcentaxe que o GDR presentou na estratexia de desenvolvemento local participativo, para cada unha das tipoloxías de proxectos que concorren: 65% para proxectos produtivos, 17,5% para proxectos non produtivos públicos e 17,5% para proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas.

O Presidente cede a palabra por se alguén quere facer algunha outra obxeción ou aclaración a dita proposta. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE TRASPASAR O SOBRANTE DE 134.505,97 € DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A CONVOCATORIA 2018-2019 NA MESMA PORCENTAXE QUE O GDR08 PRESENTOU NA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO.

4. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.
Neste punto 4º da orde do día, a Presidente pasa a analizar o estado das cotas da asociación seguindo o dossier axunto e, expón ós asistentes que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10.- entre as obrigas dos asociados recóllese a de "Satisfacer a cota de entrada e de mantemento".
É polo que, segundo acordo da Asemblea Xeral do 04 de abril de 2016, "que as cotas anuais sexan ingresadas no primeiro semestre de cada ano".
Así insta ós asistentes que as cotas se fagan efectivas seguindo o aprobado en dito acordo sinalado anteriormente.
Solicita ós asistentes que se coñecen a algún dos socios que non teñen as cotas ingresadas que llo fagan saber tamén.
O Presidente pola súa parte comprométese a falar coa alcaldesa de Castro Caldelas para que regularice as cotas que ten pendentes.

A Xunta Directiva acepta e, dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.

5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto quinto do orde do día, o Presidente informa dos expedientes de pago da submedida 19.2 na anualidade 2017 que se remitiron a Agader e, insta ós presentes a que os revisen segundo dossier axunto.
No mesmo refléxase que o importe total de axuda a cobrar por parte dos promotores nesta anualidade 2017 é por importe de 669.499,21 €, segundo o certificado.

Seguidamente, o Presidente informa segundo dossier axunto do estado do cadro de distribución segundo o certificado para a submedida 19.2 "apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo" no cal se reflexa que se certificou o 98,19% do gasto público da estratexia para a anualidade 2017.

Referido á submedida 19.4 "gastos correntes ou de funcionamento e gastos de animación", certificouse o 64,50% do que estaba aprobado.

Datos dos que resalta o Presidente son exitosos, á espera de que Agader efectúe os pagos das anteditas certificacións.

A Xunta Directiva dase por enterada desta información tratada.

O Presidente informa ós asistentes que o 20 de outubro convocaronse a todos os GDRs da provincia de Ourense, na sede de Adercou para tratar diversas cuestións para posteriormente dar traslado á Asociación de GDRs de Galicia, entre elas renovar os representantes desta provincia na Asociación de GDRs de Galicia.
A dita reunión acudiu como representante desta Asociación na Asociacións de GDRs de Galicia D. Félix Domínguez Cortiñas, ó cal cede a palabra para que traslade á Xunta Directiva o tratado en dita reunión

D. Félix Domínguez Cortiñas expón que dos seis GDRs existentes na provincia de Ourense, acudiron cinco representantes e, os dous representantes que xa estaban anteriormente volveron a postularse para seguir (o representante de Adercou e o representante de Monteval).
Afirma que ningúen se postulou para ofrecer unha candidatura alternativa polo que, todos acordaron que seguiran os mesmos representantes da provincia de Ourense na Asociación de GDRs de Galicia.
Seguidamente, o representante de Adercou, alcalde do concello de A Peroxa, propuxo ter una asignación anual, non sabe moi ben para que, aclara D. Félix Domínguez Cortiñas, proposta á que algún asistente nesa reunión lle informou que xa había una partida para gastos de representación institucional que eran como máximo 1.000 €, cantidade que lle parecía irrisoria.
Desta maneira, D. Félix Domínguez Cortiñas aclara que, de haber feito dita proposta antes de volver a postularse para seguir como representante da provincia de Ourense na Asociación de GDRs de Galicia, él houberase oposto a súa continuidade.
Neste punto da orde do día D. Félix Domínguez Cortiñas solicita que conste en acta a súa negativa de acudir a outra reunión a Ourense se á mesma vai o alcalde do concello de A Peroxa.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.


E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma comigo o Secretario que dou fe.


O Secretario O Presidente

 

 


Asdo: D. Clemente Pérez Arias Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar