Acta Asemblea Xeral do 27 de abril de 2017

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 17:08:08 

 

ACTA 01/17

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Salón de Plenos do Concello de A Pobra de Trives
DATA: 27 de abril de 2017
HORA DE INICIO: 19:10 horas
DATA DE FINALIZACIÓN: 19:55 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Francisco José Fernández Blanco

MEMBROS ASISTENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da asociación e representante do concello de Parada de Sil.
• D. Francisco José Fernández Blanco: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• D. Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Clemente Pérez Arias: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel.
• D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol. (Aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: Representante da mesa sectorial de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras).
• D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación Cultural Ouro do Sil. (Aporta delegación de Dª. Margarita García Álvarez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina).
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. Flora Castro González: Representante da mesa sectorial de empresarios pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• Dª. Ana María Costa Rodríguez: (Aporta delegación de Dª. Milagros Calvo Carballo), Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel.

 


MEMBROS AUSENTES:

• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. María Páez Páez: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal por Unións Agrarias.
• Dª. Nieves Fernández Vidueira: Representante do sector agrario, gandeiro e forestal pola asociación de propietarios de soutos de Viana do Bolo.
• D. Manuel Gómez Guntiñas: Representante da mesa sectorial do sector agrario, gandeiro e forestal polo Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
• D. Jesús Salgado Álvarez: Representante da mesa sectorial de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC de Fradelo.
• Dª. Amelia Estévez Estévez: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda.
• Dª.Teresa Rodríguez Serrano: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais Bibei.
• Dª.Fernanda Paz Elías: Representante da mesa sectorial de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Arandeira.
• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.
• Dª. Marina Luis García: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación cultural, xuvenil e deportiva A Trabe.
• Dª. Esperanza Fernández Gómez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños O Acivro.
• D. Juan Vicente González Losada: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación sociocultural do Cenza.
• D. Eduardo Fernández Alonso: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños Santa Mariña de Froxais.
• Dª. Elena Prada Yañez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de veciños Santa Mariña de Froxais.centro de animación rural San Adrián de Solveira.
• D. Francisco Javier Domínguez Pérez: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación veciñal e cultural dos pobos de Couto, Coutiño e Santigueiro-Canón do Sil.
• D. Oscar Rodríguez González: Representante da mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños/as, culturais, de artesanía e outras, pola asociación de pesca deportiva Librea.
• María Alves Pires: Representante da mesa sectorial de asociacións de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola asociación cultural San Vicente de Fradelo.
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante da mesa sectorial das asociacións de empresarios pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• D. Jesús Vizcaya Prieto: Representante da mesa sectorial de empresarios pola asociación de comerciantes e industriales de la Villa de Viana (ACIVI).

Vistas as delegacións presentadas por tres membros da citada asemblea, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da mesma, éste declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Aprobación das contas do exercicio 2016.
3. Firma do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o Grupo de Desenvolvemento Rural "Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea", para a aplicación dunha estratexia de Desenvolvemento local na Medida Leader de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
4. Resolución de aprobación dos importes máximos disponibles para as anualidades 2017 e 2018, para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais e promovidos por institucións de carácter privado).
5. Estado de situación das cotas dos socios e comunicación de altas e baixas.
6. Informe Presidencia.
7. Rogos e preguntas.


DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O Presidente informa que como se acordara na sesión da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitíronse a todos os membros da Asemblea Xeral a acta da sesión anterior, referida á sesión extraordinaria celebrada o 22 de xuño de 2016.

O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión extraordinaria do 22 de xuño de 2016 e, non habendo intervencións, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA O 22 DE XUÑO DE 2016.

2. APROBACIÓN DAS CONTAS DO EXERCICIO 2016.
O Presidente informa neste punto segundo da orde do día, que as contas do exercicio referidas á anualidade 2016, foron analizadas na Xunta Directiva celebrada na sesión do 21 de febreiro de 2017 e, aclara que deben ser aprobadas por este órgano colexiado.
Cede a palabra a Dª. Flora Castro González, tesoureira da Asociación, a cal procede a analizar e explicar as contas do exercicio 2016 segundo dossier axunto.
Comeza esta análise explicando o balance de pemes, no cal se reflexan os seguintes resultados:

Activo non corrente: 4.054,53 €
Activo corrente: 14.044,35 €
Total Activo: 18.098,88 €

Patrimonio neto: 5.876,08 €
Pasivo non corrente: -150,75 €
Pasivo corrente: 12.373,55 €
Total patrimonio neto e pasivo: 18.098,88 €

Neste mesmo punto, procédese á análise da conta de pérdidas e ganancias, mediante o desglose dos distintos conceptos nos que se reflexa o seguinte resultado:

Resultado do exercicio 2016: 50,27 €

A tesoureira da Asociación cede a palabra ós presentes, por se queren facer algunha aclaración a dita análise; ningún membro solicita o turno de palabra, polo que o Presidente propón este punto para ser votado, có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES AS CONTAS DO EXERCICIO 2016.

3. FIRMA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (AGADER) E O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL "ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA", PARA A APLICACIÓN DUNHA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL NA MEDIDA LEADER DE GALICIA, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.

O Presidente informa que a sinatura do convenio tivo lugar en Santiago de Compostela o 13 de decembro de 2016, acto ó que acudiu él mesmo como representante da Asociación.

O GDR08 segundo e como se estipula na cláusula décima deste convenio - Dotación financeira para a submedida 19.4: "custes correntes e animación e promoción territorial", conta dende o ano 2017 ata o ano 2020, cun importe de 257.505,97 € por ano.
Informa que con data do 30 de novembro de 2016 recibiuse a comunicación do acordo do Consello da Dirección de Agader, polo que se resolvía a convocatoria da selección de estratexias.
A asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea-GDR08, foille asignado un reparto inicial de fondos por importe de 4.530.910,90 €, o que supón que somos o 2º grupo de Galicia que mais fondos ten neste reparto inicial.

A Asemblea Xeral dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.


4. RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DOS IMPORTES MÁXIMOS DISPOÑIBLES PARA AS ANUALIDADES 2017 E 2018, PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS DA SUBMEDIDA 19.2: PRODUTIVOS, NON PRODUTIVOS (PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS E PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO).

O Presidente explica que segundo se establece no artigo 16.1 das bases reguladoras das axudas, durante o mes inmediatamente posterior á data de publicación de cada unha das convocatorias, cada GDR deberá solicitar a Agader, en función do sinalado na convocatoria e na súa EDLP, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (entidades públicas locais e institucións de carácter privado).

Na convocatoria 2017-2018 (DOG do 30 de xaneiro de 2017), o GDR Sil-Bibei-Navea dispón de 984.059,33 €: 563.337,58 € para a anualidade 2017 e, 420.721,75 € para a anualidade 2018.

O Presidente explica que ditos importes poderán ser modificados, de ser necesario, a partir do 31 de maio, data en que remata a segunda convocatoria para a presentación de solicitudes, ó mesmo tempo que, o remanente que non se solicitou para a submedida 19.4 "custos correntes e animación e promoción territorial" incluiráse nesta submedida 19.2.

A Xunta Directiva de data 21 de febreiro de 2017 aprobou o seguinte importe máximo para as anteditas anualidades para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2 tal e como se especifica a continuación:

SUBMEDIDA TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
2017 2018 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 366.169,43 273.469,14 639.638,56 65%
Non produtivos (entidades públicas locais) 146.467,77 109.387,66 255.855,43 26%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 50.700,38 37.864,96 88.565,34 9%
TOTAL 563.337,58 420.721,75 984.059,33 100%


O Presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha obxeción ou aclaración en dito punto. Ninguén solicita o turno de palabra.

A Asemblea Xeral dase por enterada da información tratada neste punto da orde do día.

5. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DOS SOCIOS E COMUNICACIÓN DE ALTAS E BAIXAS.

Neste punto quinto da orde do día, o Presidente pasa a analizar o estado das cotas da asociación seguindo o dossier axunto e, expón ós asistentes que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10.- entre as obrigas dos asociados recóllese a de "Satisfacer a cota de entrada e de mantemento".
É polo que, segundo acordo da Asemblea Xeral do 04 de abril de 2016, "que as cotas anuais sexan ingresadas no primeiro semestre de cada ano".
Así insta ós asistentes que as cotas se fagan efectivas seguindo o aprobado en dito acordo sinalado anteriormente.
A Asemblea Xeral dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.

6. INFORME PRESIDENCIA.

O Presidente informa ós asistentes que o vindeiro 02 de maio de 2017 terá lugar en Santiago de Compostela unha reunión de Agader coas Xuntas Directivas dos GDRs, convocatoria que se remitiu mediante correo electrónico a todos os membros da Xunta Directiva; os integrantes deste órgano que confirmaron a súa asistencia son Dª. Melisa Macía Domínguez, Vicepresidenta da Asociación e, D. Francisco Magide Bizarro como Presidente.

Aclara que vai a prantexar os seguintes asuntos nesta reunión; en primeiro lugar que igual que pasa cós Grupos de Acción Costeira ós que se lles adianta ata o 50% dos gastos de funcionamento, por qué non ocorre o mesmo cós GDRs e, desta maneira evitaríanse todos os gastos nos que se incorre coas pólizas de crédito.

En segundo lugar, solicitar mellorar o sistema da sede electrónica, xa que o último día que finalizaba o prazo de presentación de solicitudes da primeira convocatoria anual, houbo algún promotor que non pudo meter o seu proxecto e, os días 8, 9 e 10 de abril a plataforma permaneceu colgada. Así, faise necesario que habiliten algunha fórmula para solventar esta problemática.

O Presidente tamén insta ós asistentes que se desexan que se prantexe calquera outro tema nesta reunión, remitan as súas preguntas por correo electrónico ó GDR.
A Asemblea Xeral dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.

Por último, o Presidente informa que na primeira convocatoria anual que rematou o pasado 31 de marzo, presentáronse 47 proxectos, dos cales 23 son produtivos, 22 non produtivos e, 2 presentados polo GDR.
A inversión total destes proxectos presentados no GDR Sil-Bibei-Navea está por encima dos tres millóns de euros.
Xa se remitiron a Agader 36 ICEs e, os 11 restantes están pendentes de remitir, xa que se lles solicitou ós promotores documentación complementaria.

A Asemblea Xeral dase por enterada da información tratada en este punto sexto da orde do día.


7. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra os asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ningún dos asistentes solicita o turno de palabra.


E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.

 

O Secretario O Presidente

 


Asdo: D. Francisco José Fernández Blanco Asdo: D. Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar