Acta Xunta Directiva do 25 de xaneiro de 2018

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 17:31:56 

ACTA 01/2018
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 25 de XANEIRO de 2018
HORA DE INICIO: 18:40 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• D. Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• D. Domingo Diéguez González: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol, aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras e, aporta delegación de Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
• Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 

MEMBROS AUSENTES:

• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.

• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil.
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.


Vistas as delegacións presentadas por catro membros da citada Xunta Directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Elección do cargo de secretario da asociación, conforme o disposto nos estatutos da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea.
2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
3. Aprobación, se procede, do importe máximo disponible para as anualidades 2018 e 2019, para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais locais e promovidos por institucións de carácter privado), para a súa posterior autorización por parte de Agader.
4. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
5. Comunicación dun cambio de representante.
6. Estado de situación das cotas da Asociación.
7. Informe Presidencia.
8. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. ELECCIÓN DO CARGO DE SECRETARIO DA ASOCIACIÓN, CONFORME O DISPOSTO NOS ESTATUTOS DA ASOCCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA.

O Presidente expón ós presentes que, na sede deste GDR tivo entrada por parte do concello de A Pobra de Trives, un certificado do acordo plenario celebrado con data 28 de decembro de 2017, mediante o cal se informaba do nomeamento como Alcalde-Presidente de D. Domingo Diéguez González.
Así este órgano colexiado debe proceder a nomear a outro Secretario segundo se establece nos Estatutos da Asociación, xa que dito cargo recaía en D. Francisco José Fernández Blanco e, o non ser xa o representante do Concello de A Pobra de Trives, débese nomear a outro.

O Presidente expón que a súa proposta é que dito cargo sexa ocupado por D. Clemente Pérez Arias xa que, acude asiduamente ás reunións e atópase preto da sede para a firma de documentación que sexa necesaria.

Ningún asistente se postula para ocupar dito cargo, nin se opón á proposta feita polo Presidente, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR CATORCE VOTOS A FAVOR E UNHA ABSTENCIÓN DE D. CLEMENTE PÉREZ ARIAS, NOMEAR COMO SECRETARIO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA A D. CLEMENTE PÉREZ ARIAS.

2. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O Presidente informa que como se acordara na sesión da Asemblea Xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da Xunta Directiva a acta da sesión anterior, celebrada o 22 de novembro de 2017.

O Presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 22 de novembro de 2017; ninguén solicita o turno de palabra.

Procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE DOCE VOTOS A FOVOR E, TRES ABSTENCIÓNS POR PARTE DE D. DOMINGO DIÉGUEZ GONZÁLEZ, Dª. SARA INÉS VEGA NÚÑEZ E, Dª. FLORA CASTRO CARBALLO A ACTA DA SESIÓN DO 22 DE NOVEMBRO DE 2017.

3. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO IMPORTE MÁXIMO DISPOÑIBLE PARA AS ANUALIDADES 2018 E 2019, PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS DA SUBMEDIDA 19.2: PRODUTIVOS, NON PRODUTIVOS (PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS E PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO), PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.
O Presidente explica que segundo se establece no artigo 16.1 das bases reguladoras das axudas, durante o mes inmediatamente posterior á data de publicación de cada unha das convocatorias, cada GDR deberá solicitar a Agader, en función do sinalado na convocatoria e na súa EDLP, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (entidades públicas locais e institucións de carácter privado).
Na convocatoria 2018-2019 (DOG do 28 de decembro de 2017), o GDR Sil-Bibei-Navea dispón de 967.106,97 €: 420.721,75 € para a anualidade 2018 e, 546.385,22 € para a anualidade 2019.

O Presidente expón ós presentes o cadro de distribución actualizado da convocatoria 2018-2019, tal e como se reflexa a continuación:

 

 

 

 

 

CADRO DE DISTRIBUCIÓN - REMANENTE CONVOCATORIA 2017-2018
SUBMEDIDA TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2018 COMPROMETIDO pendente de comprometer
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 292.401,62 292.401,49 0,13
Non produtivos (entidades públicas locais) 128.320,14 127.252,17 1.067,97
Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
TOTAL 420.721,76 419.653,66 1.068,10

Seguindo indicacións de Agader, dado que o noso GDR non solicitou todos os fondos dispoñibles da submedida 19.4, segundo acordo de Xunta Directiva do 22 de novembro de 2017 e, ten un sobrante por importe de 134.505,97 €, este sobrante pasou a engrosar o dispoñible na anualidade 2018.
Desta maneira, e tendo en conta todo o exposto neste punto 3º da orde do día, o Presidente propón que o cadro de distribución definitivo có conseguinte importe máximo para as anteditas anualidades para cada una das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2, quede tal e como se especifica a continuación:

CADRO DE DISTRIBUCIÓN - REMANENTE CONVOCATORIA 2017-2018 (1.068,10€) + CONVOCATORIA 2018-2019 + TRASPASO DE FONDOS DA 19.4 Á 19.2 (134.505,97€)
SUBMEDIDA TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA PORCENTAXE
2018 2019 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 360.898,15 355.150,39 716.048,54 65%
Non produtivos (entidades públicas locais) 145.427,17 142.060,16 287.487,33 26%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 49.970,50 49.174,67 99.145,17 9%
TOTAL 556.295,82 546.385,22 1.102.681,04 100%

O Presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha obxeción ou aclaración a esta proposta. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O IMPORTE MÁXIMO DISPOÑIBLE PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS NA SUBMEDIDA 19.2, PARA AS ANUALIDADES 2018 E 2019, TAL E COMO SE REFLICTE NO CADRO DESCRITO CON ANTERIORIDADE PARA A SÚA POSTERIOR APROBACIÓN POR PARTE DE AGADER.

4. ESTUDO E ANÁLISE DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES E, NO SEU CASO, MEDIDAS A ADOPTAR.

O Presidente procede a informar neste punto 4º da orde do día, primeiramente segundo dossier axunto, dos expedientes certificados na convocatoria 2017-2018 (produtivos, non produtivos públicos e, non produtivos privados) e, tal e como se reflexa en dito dossier o importe total de axuda que cobraron os promotores, segundo o certificado, correspondente á esa anualidade 2017 foi de 669.499,21€, o que supuxo o 98,19% do gasto público da estratexia para o ano 2017.

Seguidamente o Presidente expón segundo dossier axunto, os proxectos (produtivos e, non produtivos promovidos por entidades públicas locais) que quedan pendentes de certificar na anualidade 2018, referidos á convocatoria 2017-2018, xa que eran proxectos bianuais. Respecto ós proxectos produtivos aprobados, a axuda que lle corresponde nesta anualidade 2018 é por importe total de 292.401,48€ e, referido ós proxectos non produtivos aprobados promovidos por entidades públicas locais, a axuda que lle corresponde no ano 2018 é por importe total de 127.252,17€.

Por último neste punto 4º da orde do día o Presidente da conta da lista de proxectos que se encontran na lista de agarda da convocatoria 2017-2018; proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais dos cales o importe de axuda total ascende a 390.404,61€ e, proxectos produtivos dos cales o importe total de axuda ascende a 754.230,11€.
Igualmente informa dos proxectos presentados ata o 31 de maio de 2017 que ainda non contan coa verificación por parte de Agader, os cales son un proxecto produtivo e, tres non produtivos promovidos por entidades públicas locais.

A Xunta Directiva acepta e, dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.

Sendo as 19:00 horas, incorpórase a esta sesión da Xunta Directiva D. Secundino Fernández Fernández.

5. COMUNICACIÓN DUN CAMBIO DE REPRESENTANTE.

Tal e como se tratou no primeiro punto da orde do día, o Concello de A Pobra de Trives comunicou o nomeamento de D. Domingo Diéguez González como Alcalde-Presidente do mesmo e, desta maneira este órgano colexiado debe proceder á votación do mesmo como representante de dito concello nesta asociación, polo que se procede a dita votación.

APRÓBASE POR UNANIMIDADE DITO CAMBIO DE REPRESENTANTE POR PARTE DO CONCELLO DE A POBRA DE TRIVES.

6. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.

O Presidente explica que, para a posta en marcha e o bo funcionamento de dita Asociación, todos os asociados da sinalada entidade, deben ingresar as cotas anuais aprobadas na Asemblea Xeral de data 30 de Xullo de 2008, acordo modificado posteriormente en Asemblea Xeral do 17 de decembro de 2013; obriga estipulada nos Estatutos da Asociación, no seu Título IV, artigo 10: "Obrigas dos Asociados: "Satisfacer a cota de entrada e a de mantemento".

Segundo se desprende do Título IV - artigo 8: "Perda da condición de asociado/a - Perderase a condición de asociado: apartado b) Por sanción imposta pola Xunta Directiva, de xeito motivado e con audiencia do interesado/a, por incumprimento grave ou reiterado das obrigas inherentes á condición de asociado/a".

É polo que, segundo acordo tomado na Xunta Directiva de 04 de febreiro de 2010 e, ratificado en Asemblea Xeral da mesma data, aprobouse a exclusión dos asociados que non fixeran efectiva as cotas de dúas anualidades consecutivas e, segundo se desprende do artigo 8 dos Estatutos.

Desta maneira, o Presidente pasa a ler o listado de socios que se atopan nesta situación, é dicir, que non ingresaron as cotas de dúas anualidades consecutivas antes do 31 de decembro de 2017; éstos son 3 socios: Asociación de veciños O Acivro, Asociación de veciños Santa Mariña de Froxais e, Asociación de Pesca Deportiva Librea.

A Xunta Directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, acolléndose ó artigo 10 citado con anterioridade:

ACORDA DAR DE BAIXA A TODOS OS ASOCIADOS QUE NON INGRESARAN O IMPORTE CORRESPONDENTE A DÚAS ANUALIDADES CONSECUTIVAS, É DICIR, AS REFERIDAS ÁS ANUALIDADES 2016 E 2017, COA CORRESPONDENTE PERDA DA CONDICIÓN DE ASOCIADOS.

7. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto 7º do orde do día, o Presidente informa á Xunta Directiva que tal e como se aprobara na Xunta Directiva celebrada con data do 22 de novembro de 2017, na cal, se acordou realizar unha viaxe ó norte de Cáceres na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial", procede a ler un orzamento que se nos remitiu á Asociación e, informa que se alguén coñece algunha axencia de viaxes a poña en contacto coa Asociación para ter outros dous orzamentos.
Informa que se remitirá ós membros da Xunta Directiva un email coas datas do viaxe e, datos do mesmo.
Propón que unha vez que se teñan os tres orzamentos, elixirase o mais vantaxoso para así poder emitir o ICE, para que sexa verificado por parte de Agader coa maior brevidade posible.

A Xunta Directiva acepta e, aproba dita proposta.

Seguidamente o presidente informa que se lle solicitaron condicións a Abanca para a renovación da póliza de crédito por un importe de 50.000€ e, delégase no Presidente, Tesoureira e Secretario a ánalise de ditas condicións e a súa posterior sinatura.

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE QUE DITO ESTUDO DAS CONDICIÓNS PARA A RENOVACIÓN DA PÓLIZA DE CRÉDITO SEXA REALIZADO POLO PRESIDENTE, A TESOUREIRA E O SECRETARIO.

8. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma comigo o Secretario que dou fe.


O Secretario O Presidente



Asdo: D. Clemente Pérez Arias Asdo: D. Francisco Magide Bizarro


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar