Acta Xunta Directiva do 15 de maio de 2018

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 17:37:32 

ACTA 02/2018
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Salón de Plenos do concello de A Pobra de Trives
DATA: 15 de MAIO de 2018
HORA DE INICIO: 19:20 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:40 horas
CONVOCATORIA: Primeira
PRESIDENTE: Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Domingo Diéguez González: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio. (Aporta delegación de Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas).
• Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol, aporta delegación de Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras, aporta delegación de Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina e, aporta delegación de Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega).
• Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil.
• Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 

MEMBROS AUSENTES:


• Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.


Vistas as delegacións presentadas por seis membros da citada xunta directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da xunta directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Aprobación, se procede, do Manual de Procedemento do GDR08.
3. Informe situación Leader.
4. Estado de situación das cotas da Asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.


DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:


1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O presidente informa que como se acordara na sesión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da xunta directiva a acta da sesión anterior, celebrada o 25 de xaneiro de 2018.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 25 de xaneiro de 2018; ninguén solicita o turno de palabra.

Procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR DEZASETE VOTOS A FOVOR E, UNHA ABSTENCIÓN POR PARTE DE XOSÉ ANTÓN VÁZQUEZ PÉREZ A ACTA DA SESIÓN DO 25 DE XANEIRO DE 2018.


2. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO MANUAL DE PROCEDEMENTO DO GDR08.
O presidente explica que de acordo có Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Grupo de Desenvolvemento Rural "Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea", para a aplicación dunha estratexia de Desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, cofinanciado có Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, asinado en Santiago de Compostela con data do 13 de decembro de 20016, na súa cláusula sexta "Funcións do GDR" - punto 1 O GDR, en canto entidade colaboradora da Agader na xestión da estratexia de desenvolvemento local seleccionada, asume as seguintes funcións e obrigas específicas:
o) Elaborar, en base ao Manual de Procedemento aprobado pola Agader, o seu propio Manual de Procedemento o cal recolla integramente o procedemento exacto de tramitación das axudas Leader ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local. O Manual de procedemento propio do GDR deberá ser remitido a Agader para a súa aprobación.

Desta maneira, e para dar cumprimento a dito punto, a Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, elaborou o seu Manual de Procedemento propio, o cal, foille remitido mediante wetransfer a todos os membros da xunta directiva coa convocatoria desta sesión, con data 08 de maio de 2018 para que fora analizado pormenorizadamente.

O presidente explica que, se vai remitir dito manual a Agader para a súa aprobación e, aclara que de ser necesario faránse as modificacións que dito organismo requira se é necesario. Cede o turno de palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede á súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE O MANUAL DE PROCEDEMENTO PROPIO ELABORADO POLA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA, E, ACORDA REMITILO A AGADER PARA A SÚA APROBACIÓN.


3. INFORME SITUACIÓN LEADER.

Neste punto 3º do orde do día, o Presidente informa á xunta directiva se aprobou na xunta directiva celebrada con data do 22 de novembro de 2017 realizar unha viaxe ó norte de Cáceres na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial", acordo ratificado na sesión de xunta directiva de data 25 de xaneiro 2018.

Desta maneira, e unha vez recibido o Informe de Control de Elixibilidade Favorable (exp. L18-1940-08-B057) por parte de Agader, esta xunta directiva debe proceder a súa votación.

Expediente nº L18-1940-08-B057
Título: "Viaxe ao norte de Cáceres có obxectivo de extrapolar a súa experiencia ó noso territorio"
Beneficiario: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea
Orzamento aceptado: 10.100,00 €
Porcentaxe de axuda: 100 %
Importe da subvención proposta: 10.100,00 €

Unha vez valorados os pronunciamentos da xunta directiva o resultado é o seguinte:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA A DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER

O presidente, procede a ler o itinerario, ponencias e horarios deste viaxe que terá lugar dente o 21 de maio de 2018 ata o 24 de maio de 2018 ó que acudirán 20 persoas.

A xunta directiva dase por enterada de todo o programa exposto.

4. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.

Neste punto 4º da orde do día, a Presidente pasa a analizar o estado das cotas da asociación seguindo o dossier axunto e, expón ós asistentes que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10.- entre as obrigas dos asociados recóllese a de "Satisfacer a cota de entrada e de mantemento".
É polo que, segundo acordo da asemblea xeral do 04 de abril de 2016, "que as cotas anuais sexan ingresadas no primeiro semestre de cada ano".
Así insta ós asistentes que as cotas se fagan efectivas seguindo o aprobado en dito acordo sinalado anteriormente.
Solicita ós asistentes que se coñecen a algún dos socios que non teñen as cotas ingresadas que llo fagan saber tamén.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.


5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto 5º do orde do día, o Presidente informa á xunta directiva que tal e como se tratou no punto 3º desta sesión, na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial" aprobouse un orzamento para a anualidade 2018 de 20.000 €, segundo acordo do 22 de novembro de 2017, desta maneira, ainda quedan 9.900 € para levar a cabo outro proxecto. Así o presidente insta ós presentes que valoren qué proxectos se poderían solicitar para comprometer a totalidade desta submedida 19.4B, e informa ós asistentes que remitan mediante correo electrónico estas mesmas para poder valoralas na seguinte sesión de xunta directiva.

A xunta directiva acepta e dase por enterada desta información.

O presidente procede informando que se recibiron na sede do GDR dúas propostas para esta submedida 19.4B, unha de sinalización turística, para colocar un punto de información en cada concello, por parte de Girod por importe de 8.917,34 €, e outra por parte de Visualq para facer 4.000 mapas plegados de patrimonio e puntos de interés e, 1.000 guías gastronómicas de cogomelos, por importe de 8.996,35 €.

A xunta directiva dase por enterada desta información.

Solicita o turno de palabra Milagros Calvo Carballo para informar que lle parece interesante unha iniciativa que se centre en torno á escritora Dolores Redondo xa que conta coa novela "Todo esto te daré" que relata as súas vivencias no entorno da Ribeira Sacra e, opina que sería moi interesante poñerse en contacto con ela para que visite a zona e, desta maneira dar difusión ó noso territorio.

O presidente propón que todas as propostas que lle parezan interesantes ós membros da xunta directiva sexan remitidas vía email á sede para poder ser valoradas na seguinte sesión e, desta maneira comprometer todo o orzamento que se aprobou para esta submedida de "Animación e promoción territorial".

A xunta directiva dase por enterada desta información.


6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma comigo o secretario que dou fe.


O secretario O presidente



Clemente Pérez Arias Francisco Magide Bizarro


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar