Acta Xunta Directiva do 20 de xuno de 2018

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 17:49:38 

ACTA 03/2018
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 20 de XUÑO de 2018
HORA DE INICIO: 19:00 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:55 horas
CONVOCATORIA: Primeira
PRESIDENTE: Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Domingo Diéguez González: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol, aporta delegación de Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras, aporta delegación de Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina, aporta delegación de Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil e, aporta delegación de Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio.
• Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 


MEMBROS AUSENTES:


• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.

Vistas as delegacións presentadas por seis membros da citada xunta directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo presidente en funcións do número de asistentes necesarios para a válida celebración da xunta directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Traspaso de fondos destinados a proxectos non produtivos promovidos por institucións de carácter privado ás outras duas tipoloxías de proxectos (produtivos e non produtivos públicos).
3. Selección e proposta de resolución das solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2018.
4. Informe situación Leader.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O presidente informa que como se acordara na sesión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da xunta directiva a acta da sesión anterior, celebrada o 15 de maio de 2018.

Pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 15 de maio de 2018 e, non habendo intervencións, procédese á votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O 15 DE MAIO DE 2018.

 

 

 

 

 

2. TRASPASO DE FONDOS DESTINADOS A PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO ÁS OUTRAS DÚAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS (PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS PÚBLICOS).
O presidente informa que tal e como se acordara na xunta directiva celebrada con data do 25 de xaneiro de 2018, no seu punto 3º da orde do día, do importe máximo dispoñible para as anualidades 2018 e 2019 e, do cadro de distribución que tal e como se reflexa en dossier axunto, quedaba da seguinte maneira:

SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
2018 2019 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 373.256,28 355.150,39 728.406,67 65%
Non produtivos (entidades públicas locais) 149.302,51 142.060,16 291.362,67 26%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 51.681,64 49.174,67 100.856,31 9%
TOTAL 574.240,43 546.385,22 1.120.625,65 100%

O presidente prosegue informando que, debido a que non tivemos ningún proxecto non produtivo promovido por unha institución de carácter privado e, temos nesa submedida 51.681,64€ na anualidade 2018 e 49.174,67 na anualidade 2019, propón repartir eses importes sobrantes entre os proxectos produtivos e os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais, nas seguintes porcentaxes: 47,067% para proxectos produtivos e, 52,933% para proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais. Polo que, o cadro de distribución quedaría do seguinte xeito tal e como se reflexa no dossier axunto:

SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
2018 2019 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 397.581,28 378.295,43 775.876,71 69,24%
Non produtivos (entidades públicas locais) 176.659,15 168.089,79 344.748,94 30,76%
Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00 0,00%
TOTAL 574.240,43 546.385,22 1.102.565,30 100%

O presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha aclaración e, ningún asistente solicita o turno de palabra polo que se procede á súa votación:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O TRASPASO DE FONDOS DESTINADOS A PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO ÁS OUTRAS DUAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS (PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS PÚBLICOS NAS PORCENTAXES QUE SE REFLECTIRON NO CADRO DE DISTRIBUCIÓN DEFINITIVO PARA AS ANUALIDADES 2018 E 2019.

 

 

3. SELECCIÓN E PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES QUE CONCORREN A 31 DE MARZO DE 2018.

O Presidente informa á xunta directiva da relación de solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2018.

Segundo se reflexa en dossier axunto, da convocatoria 2017-2018 - expedientes presentados a 31 de marzo de 2017, concorren un total de 16 proxectos, da convocatoria 2017-2018 - expedientes presentados a 31 de maio de 2017, concorren un total de 4 expedientes e, da convocatoria 2018-2019 - expedientes presentados a 31 de marzo de 2018, concorren un total de 14 proxectos. O presidente antes de dar comezo a analizar e realizar a proposta de resolución das solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2018, informa ós asistentes que para dar cumprimento ó estipulado nos Estatutos da Asociación para o desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, no seu título VIII "Procedemento para evitar conflito de intereses", artigo 25. Conflicto de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.

"1.- Deberá xuntarse a cada expediente unha declaración expresa, asinada por todas as persoas que participen na selección e avaliación dun proxecto e que sinale que non teñen ningún interese persoal ou profesional directo na selección do citado proxecto.

2.- Se un membro da xunta directiva da asociación ou do persoal contratado pola mesma, ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, ou calquera interese profesional ou persoal no mesmo, debe presentar unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese, a cal deberá formar parte do expediente do proxecto. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.

3.- Se un membro da xunta directiva ou do persoal da asociación se atopa na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin atoparse presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas actas.

4.- Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro da xunta directiva ou do persoal da asociación, a asociación deberá remitir o asunto á entidade encargada da xestión do programa ou axuda, para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses".

Desta maneira, o presidente insta ós presentes a que analicen o listado de solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2018, para poder realizar a proposta de resolución e, danse uns minutos e facilitanselle os formularios de interese para que cada asistente a esta sesión os cumprimente e, declare o interese se fose o caso.

Tras este proceso, o presidente procede a analizar as propostas de cada un dos promotores que contan con ICE e ITE verificados favorablemente, en cada unha das tipoloxías: proxectos produtivos aprobados e, proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais.

 

 

 


Segundo dossier axunto, os asistentes analizan as conformidades ou non conformidades coa axuda proposta, asinada por cada promotor do expediente, segundo a súa tipoloxía.

O presidente explica que con ditas propostas o que se intentou foi comprometer todo o orzamento para esta convocatoria 2018-2019.

Unha vez vistas as conformidades/non conformidades coa axuda proposta, asinadas por cada un dos promotores, a xunta directiva do GDR realiza a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES QUE CONCORREN A 31 DE MARZO DE 2018 na que se ACORDA POR UNANIMIDADE

"Vistos os informes de verificación favorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expedientes que se analizan, propoñer a selección de proxectos que se achegan a esta acta como ANEXO I (proxectos produtivos) e, ANEXO II (proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais) para a súa posterior Resolución de concesión de axuda".
"Vistos os informes de verificación desfavorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, non verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expediente que se analizan, denegar a subvención para o proxecto sinalado no ANEXO III, por non cumprir algún dos requisitos indicados nas bases reguladoras e/ou na estratexia do GDR.
"Establecer as listas de agarda para proxectos produtivos e non produtivos promovidos por entidades públicas locais, de proxectos para os cales se constata a inexistencia de fondos suficientes. ANEXOS IV e V".
Tras dita proposta, o Presidente informa que, o cadro de distribución có comprometido sería o seguinte:

COMPROMETIDO
SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2018 2019 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 397.581,28 378.295,38 775.876,66
Non produtivos (entidades públicas locais) 176.659,15 168.089,79 344.748,94
Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
TOTAL 574.240,43 546.385,17 1.120.625,60

Polo tanto, o importe que queda sen comprometer para as anualidades 2018 e 2019 queda da seguinte maneira:

 

 

 

 

 


SEN COMPROMETER
SUBMEDIDA
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
2018 2019 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 0,00 0,05 0,05
Non produtivos (entidades públicas locais) 0,00 0,00 0,00
Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
TOTAL 0,00 0,05 0,05

A xunta directiva acepta e dase por enterada de dita información e, solicita que conste en acta a felicitación ó equipo técnico polo seu traballo.

4. INFORME SITUACIÓN LEADER.

Neste punto 4º do orde do día, o presidente informa á xunta directiva que na submedida 19.4B "Animación e promoción territorial" aprobouse un orzamento para a anualidade 2018 de 20.000 €, segundo acordo do 22 de novembro de 2017, desta maneira, ainda quedan 9.900 € para levar a cabo outro proxecto tal e como se tratou na xunta directiva celebrada con data do 15 de maio de 2015, na cal se lle requirira a todos os membros deste órgano colexiado que remitiran propostas vía email para poder comprometer todo o orzamento desta submedida 19.4B.

O presidente procede informando que se recibiron na sede do GDR tres propostas para esta submedida 19.4B, unha de sinalización turística, para colocar un punto de información en cada concello, por parte de Girod por importe de 8.917,34 €, outra por parte de Visualq para facer 4.000 mapas plegados de patrimonio e puntos de interés e, 1.000 guías gastronómicas de cogomelos, por importe de 8.996,35 € e, a última por parte de QR informática & formación para realizar unha app multiplataforma con información turística do GDR, web ligada ó contido coa mesma información que a app, sistema de identificación dos puntos mediante códigos QR vinculados á web e/ou á app, fotografias e posicionamento dos sítios en google maps, por importe de 9.075,00 €.

O presidente aclara que, baixo o seu punto de vista a proposta que lle parece mellor é a de Girod xa que, con esa sinalización turística cada concello pode decidir o qué poñer con unha uniformidade común nos paneis para todos os concellos.

Solicita o turno de palabra Clemente Pérez Arias, para aclarar que o grupo debería ir adecuado cos tempos que corren e que, as novas tecnoloxías e a súa aplicación debería ser importante.

Intervén Milagros Calvo Carballo para opinar que o mantemento e actualización desta app correria a cargo de cada concello polo que se encareceria este tipo de iniciativas.

Secundino Fernández Fernández intervén para opinar o mantemento de dita app poderia resultar costosa para cada un dos concellos.

O presidente propón votar as propostas de Girod da sinalización turística e, a proposta de QR informática & formación para realizar unha app multiplataforma con información turística do GDR xa que foron as duas opcións debatidas polos asistentes a esta sesión.

 


A xunta directiva integramente acepta dita proposta e procede á súa votación có seguinte resultado:

A proposta de QR informática & formación: conta con 7 votos a favor; Melisa Macía Dominguez, Clemente Pérez Arias e por delegación de Manuel Francisco Rodicio Lizán, Aquilino Domínguez Díaz, Margarita García Álvarez, Xosé Antón Vázquez Pérez e, Rosa Domínguez Rodríguez.

A proposta de Girod: conta con 6 votos a favor; Francisco Magide Bizarro, Secundino Fernández Fernández, Milagros Calvo Carballo e por delegación de Amelia Estévez Estévez, Flora Castro González e, Luis Castro Álvarez.

Abstencións: 4 abstencións por parte de Ana Sarmiento Pérez, Félix Domínguez Cortiñas, Domingo Diéguez González e, Rubén Fernández Rodríguez.

A XUNTA DIRECTIVA ACORDA A SELECCIÓN DA PROPOSTA DE QR INFORMÁTICA & FORMACIÓN PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DA REALIZACIÓN DUNHA APP MULTIPLATAFORMA.

A xunta directiva propón que a empresa seleccionada nos remita toda a información necesaria a cerca de dita proposta e, do seu mantemento e actualización e o seu custe, para así poder valorar pormenorizadamente esta proposta.

5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto quinto da orde do día, o presidente informa ós asistentes de que o GDR para axustarse á normativa establecida debe contratar unha empresa para cumprir o estipulado na Lei de Protección de Datos, desta maneira, procederáse a solicitar tres presupostos e, elixiráse o mais vantaxoso.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada de dita información.

Seguidamente, o presidente prosegue informando que tal e como se falou na xunta directiva do 22 de novembro de 2017 no seu punto segundo, o grupo debe formalizar un seguro de responsabilidade civil e, o presidente informa que se analizarán as propostas recibidas para a súa contratación. Aclara que, non sabemos se dito gasto poderá ser subvencionable polo Leader na submedida 19.4A, senón pode ser así, dito gasto pagaráse coas cotas da asociación.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada de dita información.

O presidente informa de que existe formación bonificada pola Seguridade Social para os membros do equipo xestor, polo que, o equipo xestor poderá acollerse a dita posibilidade.
A xunta directiva acepta e, dase por enterada de dita información.

Por último, informa que o vindeiro 28 de xuño de 2018, terá lugar o I Encontro Leader Galicia 2014-2020, en O Pino, ainda que non remitiron o programa definitivo e, os ponentes do mesmo, aclara que no momento en que se remita, daráselle difusión mediante un email a todos os socios por se alguén desexa acudir a dito evento.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada de dita información.


6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma comigo o secretario que dou fe.


O secretario O presidente



Clemente Pérez Arias Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar