Acta Xunta Directiva do 22 de xullo de 2019

Imprimir silbibeinavea - 23-Xullo-2020 - 12:55:42 

 ACTA 02/2019
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 22 de XULLO de 2019
HORA DE INICIO: 19:00 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 20:10 horas
CONVOCATORIA: Primeira
PRESIDENTE: Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• Amable Fernández Basalo: Representante do concello de Manzaneda.
• Patricia Domínguez Barja: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• José Miguel Pérez Blecua: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• Aquilino Domínguez Díaz: Representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras,
• Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
• Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.
• Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil. (Aporta delegación de Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol e, aporta delegación de Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina).
• Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio).
• Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Amelia Estévez Estévez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 


MEMBROS AUSENTES:


• Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• Eladio Fernández Gómez: Representante do concello de Montederramo.
• Carlos Quintela Arias: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.


Vistas as delegacións presentadas por catro membros da citada xunta directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo presidente en funcións do número de asistentes necesarios para a válida celebración da xunta directiva, éste declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
2. Traspaso de fondos destinados a proxectos non produtivos promovidos por institucións de carácter privado ás outras duas tipoloxías de proxectos (produtivos e non produtivos públicos).
3. Selección e proposta de resolución das solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2019.
4. Informe situación Leader.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

Antes de dar comezo ó desenvolvemento da sesión, o presidente dá a benvida ós novos membros da xunta directiva tras a celebración das pasadas eleccións municipais do 26 de maio de 2019.

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

O presidente informa que como se acordara na sesión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da xunta directiva as actas das sesións anteriores, celebradas o 22 de novembro de 2018 e, o 18 de xaneiro de 2019, esta última por procedemento escrito.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 22 de novembro de 2018 e, non habendo intervencións, procédese á súa votación có seguinte resultado:


APRÓBASE POR QUINCE VOTOS A FAVOR E, UNHA ABSTENCIÓN DE AMABLE FERNÁNDEZ BASALO A ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O 22 DE NOVEMBRO DE 2018.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta do 18 de xaneiro de 2019 por procedemento escrito e, non habendo intervencións, procédese á súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR QUINCE VOTOS A FAVOR E, UNHA ABSTENCIÓN DE AMABLE FERNÁNDEZ BASALO A ACTA DA SESIÓN POR PROCEDEMENTO ESCRITO DO 18 DE XANEIRO DE 2019.

2. TRASPASO DE FONDOS DESTINADOS A PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO ÁS OUTRAS DUAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS (PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS PÚBLICOS).
O presidente informa que tal e como se acordara na xunta directiva celebrada con data do 18 de xaneiro de 2019, no seu punto 1º da orde do día, o importe máximo dispoñible para as anualidades 2019 e 2020 e, do cadro de distribución que tal e como se reflexa en dossier axunto, quedaba da seguinte maneira:

SUBMEDIDA 
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
  2019 2020 TOTAL 
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 324.195,84 355.150,39 679.346,23 65%
 Non produtivos (entidades públicas locais) 129.678,34 142.060,16 271.738,50 26%
 Non produtivos (institucións de carácter privado) 44.888,65 49.174,67 94.063,32 9%
 TOTAL 498.762,83 546.385,22 1.045.148,05 100%

O presidente prosegue informando que debido a que só tivemos un proxecto non produtivo promovido por unha institución de carácter privado por importe de 6.489,59€, polo que quedarían nesa submedida 38.399,06€ na anualidade 2019 e 49.174,67€ na anualidade 2020, propón repartir eses importes sobrantes entre os proxectos produtivos e os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais, nas seguintes porcentaxes: 50% para proxectos produtivos e, 50% para proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais. Polo que, o cadro de distribución quedaría do seguinte xeito tal e como se reflexa no dossier axunto:

SUBMEDIDA 
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA %
  2019 2020 TOTAL 
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 343.395,37 379.737,73 723.133,10 69,19%
 Non produtivos (entidades públicas locais) 148.877,87 166.647,49 315.525,36 30,19%
 Non produtivos (institucións de carácter privado) 6.489,59 0,00 6.489,59 0,62%
 TOTAL 498.762,83 546.385,22 1.045.148,05 100%

O presidente cede a palabra ós asistentes por se alguén quere facer algunha aclaración e, ningún asistente solicita o turno de palabra polo que se procede á súa votación:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O TRASPASO DE FONDOS DESTINADOS A PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO ÁS OUTRAS DUAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS (PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS PÚBLICOS NAS PORCENTAXES QUE SE REFLECTIRON NO CADRO DE DISTRIBUCIÓN DEFINITIVO PARA AS ANUALIDADES 2019 E 2020.

3. SELECCIÓN E PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES QUE CONCORREN A 31 DE MARZO DE 2019.

O Presidente informa á xunta directiva da relación de solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2019.

Segundo se reflexa en dossier presentanselle ós asistentes o listado de proxectos que participan na concorrencia competitiva de 31 de marzo de 2019; concorren un total de 43 proxectos. O presidente antes de dar comezo a analizar e realizar a proposta de resolución das solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2019, informa ós asistentes que para dar cumprimento ó estipulado nos Estatutos da Asociación para o desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, no seu título VIII “Procedemento para evitar conflito de intereses”, artigo 25. Conflito de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.

“1.- Deberá xuntarse a cada expediente unha declaración expresa, asinada por todas as persoas que participen na selección e avaliación dun proxecto e que sinale que non teñen ningún interese persoal ou profesional directo na selección do citado proxecto.

2.- Se un membro da xunta directiva da asociación ou do persoal contratado pola mesma, ten algún tipo de relación profesional ou persoal co promotor do proxecto, ou calquera interese profesional ou persoal no mesmo, debe presentar unha declaración escrita explicando a natureza da relación ou interese, a cal deberá formar parte do expediente do proxecto. Calquera interese común deberá declararse, incluídos os familiares, afectivos, políticos ou económicos.

3.- Se un membro da xunta directiva ou do persoal da asociación se atopa na situación descrita no parágrafo anterior, non poderá participar no proceso de avaliación ou selección, nin atoparse presente durante o debate da proposta do proxecto. Esta circunstancia documentarase nas actas.

4.- Cando exista dúbida sobre o interese común entre algún membro da xunta directiva ou do persoal da asociación, a asociación deberá remitir o asunto á entidade encargada da xestión do programa ou axuda, para que adopte unha decisión sobre a efectiva existencia dun conflito de intereses”.

Desta maneira, o presidente insta ós presentes a que analicen o listado de solicitudes que concorren a 31 de marzo de 2019, para poder realizar a proposta de resolución e, danse uns minutos e facilitanselle os formularios de interese para que cada asistente a esta sesión os cumprimente e, declare o interese se fose o caso.

Tras este proceso, o presidente procede a analizar as propostas de cada un dos promotores que contan con ICE e ITE verificados favorablemente, en cada unha das tipoloxías: proxectos produtivos aprobados, proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais e, proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas.

 


Segundo dossier axunto, os asistentes analizan as conformidades ou non conformidades coa axuda proposta, asinada por cada promotor do expediente, segundo a súa tipoloxía.

O presidente explica que con ditas propostas o que se intentou foi comprometer todo o orzamento para esta convocatoria 2019-2020.

Unha vez vistas as conformidades/non conformidades coa axuda proposta, asinadas por cada un dos promotores, a xunta directiva do GDR realiza a PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES QUE CONCORREN A 31 DE MARZO DE 2019 na que se ACORDA POR UNANIMIDADE

“Vistos os informes de verificación favorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expedientes que se analizan, propoñer a selección de proxectos que se achegan a esta acta como ANEXO I (proxectos produtivos), ANEXO II (proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas locais) e, ANEXO III (proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas) para a súa posterior Resolución de concesión de axuda”.
“Establecer as listas de agarda para proxectos produtivos e non produtivos promovidos por entidades públicas locais, de proxectos para os cales se constata a inexistencia de fondos suficientes. ANEXOS IV e V”.
“Vistos os informes de verificación desfavorables da Área de Seguimento e Control de Programas de Agader, non verificando os ICEs (Informe de Control de Elixibilidade) e os ITEs (Informe Técnico-Económico) correspondentes aos expedientes que se analizan, denegar a subvención para os proxectos sinalados no ANEXO VI, por non cumprir algún dos requisitos indicados nas bases reguladoras e/ou na estratexia do GDR”.
“Establecer o listado de proxectos cuxos promotores desisten expresamente da adxudicación de fondos nesta convocatoria de proxectos e solicitan que os seus proxectos sexan tomados en consideración de cara á vindeira convocatoria de axudas. ANEXO VII”.
Tras dita proposta, o presidente informa que, o cadro de distribución có comprometido sería o seguinte:

                                                             COMPROMETIDO
SUBMEDIDA 
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
  2019 2020 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 343.395,37 379.737,73 723.133,10
 Non produtivos (entidades públicas locais) 148.877,87 166.647,49 315.525,36
 Non produtivos (institucións de carácter privado) 6.489,59 0,00 6.489,59
 TOTAL 498.762,83 546.385,22 1.045.148,05
   

Polo tanto, o importe que queda sen comprometer para as anualidades 2019 e 2020 queda da seguinte maneira:

 

 

 

                                                            SEN COMPROMETER
SUBMEDIDA 
TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
  2019 2020 TOTAL
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 0,00 0,00 0,00
 Non produtivos (entidades públicas locais) 0,00 0,00 0,00
 Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
 TOTAL 0,00 0,00 0,00
   
A xunta directiva acepta e dase por enterada de dita información e, solicita que conste en acta a felicitación ó equipo técnico polo seu traballo.

4. INFORME SITUACIÓN LEADER.

Neste punto 4º do orde do día, o presidente informa á xunta directiva que na submedida 19.4B “Animación e promoción territorial” aprobouse un orzamento para a anualidade 2019 de 20.000 €, segundo acordo do 22 de novembro de 2018 así, dito importe hai que comprometelo nesta submedida 19.4B.

O presidente procede informando que se recibiron na sede do GDR catro propostas para esta submedida 19.4B; unha de sinalización turística, para colocar un punto de información en cada concello, por parte de Girodservices por importe de 13.939,20€; outra para participar na publicación do libro de José Mouriño Cuba “Ribeira Sacra. Origen y evolución de la denominación de calidad”, no cal van participar todos os GDRs da Ribeira Sacra, a aportación en dito proxecto sería de 2.000€;  a terceira proposta é de Itegal, proxecto que consiste na confección dun estudo de viabilidade do desenvolvemento dunha rede con tecnoloxía inarámbrica “banda ancha ultrarrápida” para conquerir o 100% da cobertura e rematar a fenda dixital en todos os concellos do territorio, o importe de dito estudo sería de 3.997,84€.
Por último o presidente explica que, estivo recabando información sobre o denominado “proyecto arraigo”, que se está a desenvolver en Soria, trátase dunha iniciativa mediante a cal, se pretende mitigar o despoboamento das zonas rurais.
Explica que se recibiu unha proposta do impulso de dito proxecto, por parte de Enrique Martínez Pomar para realizar unha visita in situ e coñecer o proxecto. Esta viaxe teria que realizarse no mes de setembro e, na súa opinión debido a esta premura no tempo non poderia prepararse dito proxecto para esta submedida 19.4B adecuadamente; é polo que, propón pospoñer dito proxecto para a seguinte convocatoria e, para que se poida preparar mellor.
A xunta directiva acepta e, aproba ditas propostas realizadas polo presidente.
 
O presidente despois de expoñer todas as propostas recibidas, propón proceder á súa votación:

A XUNTA DIRECTIVA ACORDA A SELECCIÓN DA PROPOSTA DE GIRODSERVICES POR IMPORTE DE 13.939,20€ PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA EN TODOS OS CONCELLOS QUE INTEGRAN O GDR.


A XUNTA DIRECTIVA ACORDA A SELECCIÓN DA PROPOSTA DA PARTICIPACIÓN NO LIBRO DE JOSÉ MOURIÑO CUBA “RIBEIRA SACRA. ORIGEN Y EVOLUCIÓN DE LA DENOMINACIÓN DE CALIDAD”.

A XUNTA DIRECTIVA ACORDA A SELECCIÓN DA PROPOSTA DE ITEGAL POR IMPORTE DE 3.997,84€ PARA LEVAR A CABO O ESTUDO DE VIABILIDADE DO DESENVOLVEMENTO DUNHA REDE CON TECNOLOXÍA INARÁMBRICA “BANDA ANCHA ULTRARRÁPIDA.

5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto quinto da orde do día, o presidente informa que tal e como se tratara na asemblea xeral do 21 de maio de 2019, Agader firmou coa Consellería de Presidencia un convenio de colaboración para a que os GDRs realicen actividades de igualdade e contra a violencia de xénero, mediante o cal, cada GDR recibirá 4.000 € para o desenvolvemento desas atividades.

Acórdase que as asociacións de mulleres ou outros colectivos interesados remitan as súas propostas en torno a dita temática.

O presidente explica que se recibiron na sede do GDR tres propostas para realizar actividades sobre a igualdade e contra a violencia de xénero.
Para explicar a proposta remitida pola Federación Anaral, cede o turno de palabra a Milagros Calvo Carballo, presidenta da mesma.
Milagros Calvo Carballo procede a explicar as tres actividades nas que consistiría dita campaña.
O presidente procede a explicar as outras duas propostas; unha remitida por Bolanda ediciones y marketing a cal consiste na guionización, deseño edición e impresión do libro/ guia “Os Bolechas” coa temática da igualdade, sería unha tirada de 500 exemplares.
Por último, procede a explicar a remitida por red talento consultoras, a cal consiste nunha xornada formativa dirixida a mulleres rurais sobre axentes socializadores e violencia de xénero (3 horas).
Coordinación, creatividade e formación incluída (6 horas) dunha campaña de sensibilización dirixida ao conxunto da ciudadanía, fundamentalamente a pais e nais, en torno á violencia de xénero e enfatizando a violencia sexual.

O presidente despois de expoñer todas as propostas recibidas, propón proceder á súa votación:

APRÓBASE POR TRECE VOTOS A FAVOR E, TRES ABSTENCIÓNS DE JOSÉ MIGUEL PÉREZ BLECUA, RUBÉN FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ E, FRANCISCO MAGIDE BIZARRO A PROPOSTA DA FEDERACIÓN ANARAL PARA A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Seguidamente o presidente informa que é preciso elixir e nomear a un representante da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea na Asociación de GDRs de Galicia e, pregunta ós asistentes se alguén se quere postularse, non habendo ningúen que o faga, proponse él mesmo para dita representación; non habendo obxeción algunha procédese á votación có seguinte resultado:

A XUNTA DIRECTIVA APROBA POR UNANIMIDADE O NOMEAMENTO DE D. FRANCISCO MAGIDE BIZARRO COMO REPRESENTANTE DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL NA ASOCIACIÓN DE GDRs DE GALICIA.

Por último informa que dende a Asociación de GDRs de Galicia se solicitou unha reunión co Conselleiro de Medio Rural para poder exporlle diversos asuntos sobre o Programa Leader Galicia 2014-2020 e, a súa continuidade a partir do 2020.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada de dita información.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma comigo o secretario que dou fe.


           O secretario                                                 O presidente


 
    Clemente Pérez Arias                                         Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar