Acta Xunta Directiva do 02 de setembro de 2019-PROCEDEMENTO ESCRITO

Imprimir silbibeinavea - 23-Xullo-2020 - 12:57:33 

 ACTA 03/2019
XUNTA DIRECTIVA POR PROCEDEMENTO ESCRITO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

DATA: 02 de setembro de 2019
CONVOCATORIA: Vía e-mail o 28 de agosto de 2019

Con data 28 de agosto de 2019, ás 13:12 horas, remitiuse vía e-mail, convocatoria de xunta directiva polo trámite de procedemento escrito para ó día 02 de setembro de 2019 (procedemento aprobado por acordo de asemblea xeral extraordinaria de data 04 de abril de 2016), na que se informaba e, se facía consulta a todos os membros da xunta directiva, sobre dous puntos da orde do día.

Na citada convocatoria solicitábase pronunciamento vía e-mail, de aprobación ou non aprobación dos puntos da orde do día e, dando un prazo para tal pronunciamento de dous días hábiles (tendo en conta o acordo de xunta directiva do 28 de xaneiro de 2015). De non haber manifestación expresa, enténdense por aprobados os dous puntos da orde do día que seguen a continuación:

ORDE DO DÍA:


1. Selección e signación de axuda do expediente de gastos de animación L19-1940-08-B114.
2. Selección e signación de axuda do expediente de gastos de animación L19-1940-08-B115.

Finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos vía e-mail, a xunta directiva ACORDA aprobar o primeiro punto da orde do día, dando traslado do mesmo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

1. SELECCIÓN E SIGNACIÓN DE AXUDA DO EXPEDIENTE DE GASTOS DE ANIMACIÓN L19-1940-08-B114.

Segundo acordo de xunta directiva do 22 de xullo de 2019, este órgano colexiado, para comprometer todo o orzamento da submedida 19.4B para a anualidade 2019, aprobou realizar dito proxecto e, seleccionar a oferta presentada polo provedor Itegal Servicios TIC, S.L.

Remiteselle a todos os membros da xunta directiva o informe de verificación do ICE e do ITE emitido pola Área de Seguemento e Control de Programas de Agader, correspondente ó antedito expediente para poder proceder á súa selección e signación de axuda.

Dito expediente especifícase a continuación:

 

Expediente: L19-1940-08-B114
Título: “ESTUDO PARA A INSTALACIÓN DE BANDA ANCHA ULTRARRÁPIDA NO GDR SIL-BIBEI-NAVEA”
Promotor: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea-GDR08
Orzamento aceptado: 3.997,84€
Porcentaxe de axuda: 100%
Importe da subvención proposta: 3.997,84€

Por último, finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos vía e-mail, a xunta directiva ACORDA aprobar o segundo punto da orde do día, dando traslado do mesmo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.


2. SELECCIÓN E SIGNACIÓN DE AXUDA DO EXPEDIENTE DE GASTOS DE ANIMACIÓN L19-1940-08-B115.

Segundo acordo de xunta directiva do 22 de xullo de 2019, este órgano colexiado, para comprometer todo o orzamento da submedida 19.4B para a anualidade 2019, aprobou realizar dito proxecto e, seleccionar a oferta presentada polo provedor Girodservices.

Remiteselle a todos os membros da xunta directiva o informe de verificación do ICE e do ITE emitido pola Área de Seguemento e Control de Programas de Agader ,correspondente ó antedito expediente para poder proceder á súa selección e signación de axuda.

Dito expediente especifícase a continuación:

Expediente: L19-1940-08-B115
Título: “SINALIZACIÓN TURÍSTICA NO TERRITORIO DO GDR SIL-BIBEI-NAVEA”
Promotor: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea-GDR08
Orzamento aceptado: 13.939,20€
Porcentaxe de axuda: 100%
Importe da Subvención proposta: 13.939,20€

Para dar cumprimento ó estipulado nos Estatutos da Asociación para o desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, no seu título VIII “Procedemento para evitar conflito de intereses”, artigo 25. Conflito de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.

Remítese o “FORMULARIO DE DECLARACIÓN DE INTERESES PARA MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA OU ÓRGANO DECISORIO SIMILAR” para que os que se manifesten o cumprimenten e, declaren o interese se fora o caso.

Os pronunciamentos efectuados foron remitidos polos seguintes membros da Xunta Directiva: Clemente Pérez Arias, Amable Fernández Basalo, Francisco Magide Bizarro, Miguel A. Cid Álvarez, Flora Castro González, Sara Inés Vega Nuñez, Milagros Calvo Carballo e, José Miguel Pérez Blecua declaran que non existe relación persoal relevante, nin algún interese económico directo na selección ou non selección dos proxectos relacionados no Anexo I, que poida constituir un conflito de intereses e, participan na selección dos proxectos (L19-1940-08-B114 e L19-1940-08-B115).

Vistos os pronunciamentos a xunta directiva ACORDA A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DO EXPEDIENTE L19-1940-08-B114 PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

 

 


Por último, vistos os pronunciamentos a xunta directiva ACORDA A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DO EXPEDIENTE L19-1940-08-B115 PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

 
Levántase este acta no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma conmigo o secretario que dou fe.

                  
                      O secretario                                                                          O presidente

 

                Clemente Pérez Arias                                                       Francisco Magide Bizarro


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar