Convocatoria Xunta Directiva do 09 de xaneiro de 2020

Imprimir silbibeinavea - 23-Xullo-2020 - 13:19:16 

  CONVOCATORIA

 Pola presente convócase a todos os membros da xunta directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil - Bibei -Navea á sesión ordinaria que se celebrará na sede da asociación, sita na Praza do Reloxo, 11 no concello de A Pobra de Trives, o XOVES día 09 de XANEIRO, ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e, ás 18:40 horas en 2ª convocatoria, para tratar os asuntos que se inclúen na seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Aprobación, se procede, do importe máximo dispoñible para as anualidades 2020 e 2021, para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais e promovidos por institucións de carácter privado), para a súa posterior autorización por parte de Agader.
3. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
4. Estado de situación das cotas da Asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

                                  En A Pobra de Trives, a 03 de xaneiro de 2020
                                   O Presidente


                    Asdo: Francisco Magide Bizarro

 

 

 

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar