Acta Xunta Directiva do 18 de novembro de 2019

Imprimir silbibeinavea - 23-Xullo-2020 - 13:21:05 

 ACTA 04/2019
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 18 de NOVEMBRO de 2019
HORA DE INICIO: 18:40 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.
• D. Amable Fernández Basalo: Representante do concello de Manzaneda.
• Dª. Patricia Domínguez Barja: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• D. José Miguel Pérez Blecua: Representante do concello de San Xoán de Río
• D. Eladio Fernández Gómez representante do concello de Montederramo.
• D. Francisco Martínez González: (Aporta delegación de Carlos Quintela Arias: Representante do concello de Chandrexa de Queixa).
• Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio. (Aporta delegación de Dª. Sara Inés Vega Nuñez: Representante do concello de Castro Caldelas).
• D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras.
• Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL)).
• D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol, aporta delegación de Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina e, aporta delegación de D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives).
• D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil.
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).


MEMBROS AUSENTES:


• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.


Vistas as delegacións presentadas por seis membros da citada xunta directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da xunta directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores
2. Proposta e aprobación, se procede, da previsión de gastos da submedida 19.4. Custes correntes e animación e promoción territorial, correspondentes á anualidade 2020, para a súa porterior autorización por parte de Agader.
3. Traspaso de fondos, se procede, da submedida 19.4 á submedida 19.2 para a convocatoria 2020-2021.
4. Estado de situación das cotas da Asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES.

O presidente informa que como se acordara na sesión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da xunta directiva as actas das sesións anteriores, celebradas o 22 de xullo de 2019 e, o 02 de setembro de 2019, esta última por procedemento escrito.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 22 de xullo de 2019 e, non habendo intervencións, procédese á súa votación có seguinte resultado:


APRÓBASE POR DEZAOITO VOTOS A FAVOR E, UNHA ABSTENCIÓN DE D. ELADIO FERNÁNDEZ GÓMEZ A ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O 22 DE XULLO DE 2019.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta do 02 de setembro de 2019 por procedemento escrito e, non habendo intervencións, procédese á súa votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR DEZAOITO VOTOS A FAVOR E, UNHA ABSTENCIÓN DE D. ELADIO FERNÁNDEZ GÓMEZ A ACTA DA SESIÓN POR PROCEDEMENTO ESCRITO DO 02 DE SETEMBRO DE 2019.

2. PROPOSTA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PREVISIÓN DE GASTOS DA SUBMEDIDA 19.4. CUSTES CORRENTES E ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL, CORRESPONDENTES Á ANUALIDADE 2020, PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.
O presidente, informa ós asistentes que este órgano colexiado debe aprobar a previsión de orzamento para a submedida 19.4A “custes correntes” e para a submedida 19.4B “animación e promoción territorial” e, remitila a Agader antes do 30 de novembro para a súa aprobación.

O GDR08 conta cun importe de 257.505,97 € para a anualidade 2020, segundo se estipula no convenio e, realizouse unha previsión desagregada para os gastos da submedida 19.4A do ano 2020, por un importe total de 103.000,00€ e, aclara que é o mesmo importe que o orzamento correspondente á anualidade 2019.

O presidente expón ante a xunta directiva os gastos realizados ata o momento en cada unha das partidas de custes correntes na anualidade 2019, quedando por xustificar desta anualidade, as nóminas e extras de decembro do xerente e do técnico, a seguridade social dos meses de novembro e decembro, o IRPF do 4º T de 2019, gastos de desprazamentos, dietas, correos, lectura copiadora, teléfono dos meses de novembro e decembro de 2019 e, a asistencia á xestión do mes de decembro,  gastos que se xustificarán na anualidade 2020.

O presidente cede a palabra por se alguén quere facer algunha outra obxeción ou aclaración a esta previsión. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APROBASE POR UNANIMIDADE A PREVISIÓN DA SUBMEDIDA 19.4A DE “CUSTES CORRENTES” PARA A ANUALIDADE 2020 POR IMPORTE DE 103.000,00 € PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.

Seguidamente neste mesmo punto da orde do día, o presidente procede a analizar a previsión das actuacións a realizar na submedida 19.4B “Animación e promoción territorial” na anualidade 2020.
Tal e como se analizara na sesión de xunta directiva celebrada con data 22 de xullo de 2019, o presidente prantexa a posibilidade de realizar unha viaxe á provincia de Soria, con motivo de coñecer in situ o denominado “Proxecto Arraigo”, cuxo obxectivo prioritario é repoboar o rural, axudando a urbanitas, concellos, empresas rurais e donos de casas, aplicando unha metodoloxía propia e estratexia en cada localidade.
Trataríase dunha viaxe de catro días e tres noites para unhas 22 persoas e, outra parte do proxecto sería que técnicos deste proxecto se trasladen ó noso territorio para coñecer as nosas problematicas en torno ó despoboamento e envellecemento da poboación.

Da mesma maneira aclara, que dita iniciativa é simplemente unha previsión e, se finalmente non se decide levar a cabo, poderáse plantexar outro proxecto, só se aproba o importe total para esta submedida 19.4B.

Dita previsión de gasto para o ano 2020 para a submedida 19.4B é por importe de 20.000€.

É polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APROBASE POR UNANIMIDADE A PREVISIÓN DA SUBMEDIDA 19.4B DE “ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL” PARA A ANUALIDADE 2020 POR IMPORTE DE 20.000 €.

3. TRASPASO DE FONDOS, SE PROCEDE, DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A CONVOCATORIA 2020-2021.

O presidente informa ós asistentes que segundo se informou no punto 2º desta sesión, este GDR08 conta cun importe de 257.505,97 €, para o ano 2020 para as submedidas 19.4A e 19.4B “custes correntes” e “animación e promoción territorial”, segundo se estipula no convenio e, solicitouse autorización para os gastos da submedida 19.4A por importe de 103.000€ e, para os gastos da submedida 19.4B por importe de 20.000€.

O total solicitado nesta previsión na submedida 19.4 ascende a 123.000€, polo que quedaría un remanente por importe de 134.505,97€.

Desta maneira, o presidente propón traspasar este remanente da submedida 19.4  a submedida 19.2 “apoio para  a realización de operación conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo”, e na mesma porcentaxe que o GDR presentou na estratexia de desenvolvemento local participativo, para cada unha das tipoloxías de proxectos que concorren: 65% para proxectos produtivos, 17,5% para proxectos non produtivos públicos e 17,5% para proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas.

O presidente cede a palabra por se alguén quere facer algunha outra obxeción ou aclaración a dita proposta. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE TRASPASAR O SOBRANTE DE 134.505,97 € DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A CONVOCATORIA 2020-2021 NA MESMA PORCENTAXE QUE O GDR08 PRESENTOU NA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO.

4. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.
Neste punto 4º da orde do día, o presidente pasa a analizar o estado das cotas da asociación seguindo o dossier axunto e, expón ós asistentes que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10.- entre as obrigas dos asociados recóllese a de  “Satisfacer a cota de entrada e de mantemento”.
É polo que, segundo acordo da asemblea xeral do 04 de abril de 2016, “que as cotas anuais sexan ingresadas no primeiro semestre de cada ano”.
Así insta ós asistentes que as cotas se fagan efectivas seguindo o aprobado en dito acordo sinalado anteriormente.
Solicita ós asistentes que se coñecen a algún dos socios que non teñen as cotas ingresadas que llo fagan saber tamén.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.
   
5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto quinto do orde do día, o presidente informa dos expedientes de pago da submedida 19.2 na anualidade 2019 que se remitiron a Agader, os cales inclúen os expedientes bianuais da convocatoria 2018-2019 e, os expedientes aprobados da convocatoria 2019-2020 que tiñan que certificar na anualidade 2019 e, insta ós presentes a que os revisen segundo dossier axunto.
No mesmo refléxase que o importe total de axuda a cobrar por parte dos promotores nesta anualidade 2019 é por importe de 1.025.633,58 €, segundo o certificado.

Seguidamente, o presidente informa segundo dossier axunto do estado do cadro de distribución segundo o certificado para a submedida 19.2 “apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo” no cal se reflexa que se certificou da convocatoria 2018-2019 o 98,00% do gasto público da estratexia para a anualidade 2019 e, da convocatoria 2019-2020 o 98,28% do gasto público da estratexia para a anualidade 2019.

Referido á submedida 19.4 “gastos correntes ou de funcionamento e gastos de animación”, certificouse o 88,16% do que estaba aprobado.

Datos dos que resalta o presidente son exitosos, á espera de que Agader efectúe os pagos das anteditas certificacións.

A xunta directiva dase por enterada desta información tratada.

O presidente neste punto quinto da orde do día, informa ós asistentes que con data do 17 de setembro de 2019 acudiu a unha reunión có Conselleiro de Medio Rural para analizar a continuidade dos GDRs e, a superposición dos programas para darlle continuidade ó traballo dos grupos que están a dinamizar e, crear emprego no rural.
En dita reunión manifestouse o compromiso de que antes de rematar o mes de outubro teríase unha resposta a ditas demendas prantexadas e, que todo apuntaba a que sería positiva.
Chegado o mes de novembro sen obter resposta, trata de poñerse en contacto co Conselleiro e, a resposta que recibe dende a súa secretaría e que con data do 25 de novembro o conselleiro manterá unha reunión cós equipos técnicos dos GDRs para darlle unha resposta as demandas prantexadas.
É polo que, con data do 13 de novembro remitiulle un escrito, mostrándolle a súa sorpresa, xa que as demandas foron feitas polos presidentes e, a súa resposta será trasladada ós equipos técnicos.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada desta información tratada.

6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma comigo o Secretario que dou fe.


           O secretario                                                 O presidente

 

 


                Clemente Pérez Arias                                        Francisco Magide Bizarro

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar