Acta do 04 de febreiro do 2010

Imprimir silbibeinavea - 04-Marzo-2010 - 15:07:19 

 

                                            ACTA 01/10

                                              

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


DATOS DA SESIÓN:


LUGAR: Salón de Plenos do Concello de San Xoán de Río

DATA: 04 de Febreiro de 2010

HORA DE INICIO: 17:30 horas

DATA DE FINALIZACIÓN: 18:50 horas

CONVOCATORIA: Primeira

PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro

SECRETARIO: D. Isauro Pérez González


MEMBROS ASISTENTES:


  • D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da Asociación e Representante do Concello de Parada de Sil. (Aporta delegación de D. Eladio Osorio Montenegro, Representante do Concello de Castro Caldelas).
  • D. Germán Domínguez Fernández. (Aporta delegación de D. Andrés Montesinos Rodríguez: Representante do Concello de Viana do Bolo).
  • D. Luis Álvarez González: Representante do Concello de Pobra de Trives.
  • Miguel Cid Álvarez: Representante do Concello de A Teixeira.
  • Dna. Sonia Fernández Díaz: Representante do Concello de Montederramo.
  • D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do Concello de Chandrexa de Queixa.
  • D. David Rodríguez Estévez (Aporta delegación de D. Herminio Cereijo Diéguez, Representante do Concello de Castro Caldelas).
  • D. José Hervella Fernández (Aporta delegación de D. Pedro Rodríguez Parente: Representante da Mesa Sectorial do sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia "Silvanus").
  • Dna. Milagros Calvo Carballo: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Anel. (Aporta delegación de Dna. Ramona García Méndez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei).
  • Dna. Flora Castro González: Representante da Mesa Sectorial de Empresarios pola Federación de Empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
  • D. Miguel Solla Pereira: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Xuvenís pola Asociación "Os Grumos". (Aporta delegación de Dna Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola Asociación de veciños de San Paio).
  • D. Isauro Pérez González: Representante da Mesa Sectorial de Turismo e Hostelería, pola Asociación Cultural Turística Nemetóbriga.
  • D. Rubén Fernández Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Empresarios pola Asociación de Empresarios de Trives.



MEMBROS AUSENTES:


  • D. Carlos L. Rodríguez Calvente: Secretario da Asociación e Representante do Concello de Vilariño de Conso.
  • Representante do Concello de San Xoán de Río.
  • Dna. Nieves Fernández Vidueira: Representante do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación de Propietarios de Soutos de Viana do Bolo.
  • D. Luciano Matías Martínez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras pola Asociación Cultural Chandrexa.
  • Dna. Silvia Basteiro: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por Unións Agrarias.
  • Dna. María Páez Páez: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por ACEBEDA. Sociedade Cooperativa Galega.
  • Dna. Sara Mª Carracedo Ochoa: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal, pola Asociación ÁGAMO


Antes de dar comezo á sesión, o Presidente, solicita que algún dos membros asistentes se postule como Secretario desta sesión pola ausencia de D. Carlos L. Rodríguez Calvente, accedendo como tal, D. Isauro Pérez González.



Vistas as delegacións presentadas por seis membros da citada Xunta, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, éste declara aberta a sesión.



ORDE DO DÍA:


  • 1. Lectura e aprobación da Acta da sesión anterior.
  • 2. Proposta de modificación do importe máximo de axuda estipulado no baremo, para os proxectos de natureza non produtiva.
  • 3. Estado de situación da Asociación Galega de GDRs de Galicia.
  • 4. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
  • 5. Estado xeral de funcionamento da Asociación e, no seu caso, medidas a adoptar.
  • 6. Contratación de servizos externos para levar a contabilidade da Asociación.
  • 7. Estado das cuotas dos socios da Asociación.
  • 8. Solicitud de adhesión da Fundación Germán Estévez.
  • 9. Rogos e Preguntas.


DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.


Dáse lectura por parte do Presidente da acta da sesión anterior, preguntando ós asistentes se desexan realizar algunha obxeción á mesma.


Polo que aceptando dita acta, APRÓBASE POR CATORCE VOTOS A FAVOR E DÚAS ABSTENCIÓNS Á ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.


2. PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO IMPORTE MÁXIMO DE AXUDA ESTIPULADO NO BAREMO, PARA OS PROXECTOS DE NATUREZA NON PRODUTIVA.


O Presidente dá conta á Xunta da necesidade de modificar o importe máximo de axuda para iniciativas non produtivas, co obxectivo de poder realizar unha distribución de fondos entre o maior número posible de beneficiarios.

Có inicio do prazo de solicitudes, pudo constatarse esta problemática, xa que ó presentarse un proxecto desta natureza, o cal, obtivo o importe máximo de axuda para a medida 413, esgotou o gasto público total para esta medida, quedando soamente 20.016,38 €.

Polo cal, créese necesario modificar este importe máximo para os proxectos de natureza non produtiva, para as medidas 412 "Mellora mediambiental e do contorno rural" e a medida 413 "Diversificación da economia rural e mellora da calidade de vida".


O Presidente cede a palabra ós membros da Xunta Directiva para que podan opinar sobre a cantidade a estipular como importe máximo para este tipo de proxectos.

Tras varias valoracións polos presentes procédese a súa votación, có seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A MODIFICACIÓN DO IMPORTE MÁXIMO PARA PROXECTOS DE NATUREZA NON PRODUTIVA, FIXÁNDOSE DITO IMPORTE MÁXIMO EN 50.000 €. MODIFICACIÓN QUE ENTRARÁ EN VIGOR, TRA-LA SÚA APROBACIÓN POR AGADER, A PARTIR DO DÍA DE HOXE.


3. ESTADO DE SITUACIÓN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE GDRs DE GALICIA.


O Presidente en primeiro lugar, expón ante a Xunta Directiva que a dia de hoxe sólo existe unha Asociación de GDRs e, informa que no Convenio que o Grupo firmou con AGADER, na Cláusula Sexta, epígrafe XIII do mesmo, sinálase que o GDR ten a obriga de formar parte da Rede Rural Galega de GDRs.

Desta maneira, o Presidente informa que na actualidade xa hai unha Asociación de GDRs constituída, coa súa sede social en Abegondo (A Coruña), e remite ós presentes o dossier de documentación que se lle entregou para que analicen a Acta de Constitución de dita Asociación e os seus Estatutos.

Por outra banda, o Presidente informa que na reunión á que asistiu a Xerente do Grupo, sinalouse a necesidade de solicitar mediante acordo de Xunta Directiva a adhesión como socio desta Asociación Galega de GDRs e, a nomear un representante do GDR Sil-Bibei-Navea para a Asamblea Xeral da mesma.

Da mesma maneira o Presidente dá conta, que na reunión celebrada o dia 08 de xaneiro de 2010 en Allariz, propuxéronse diversas modificacións nos Estatutos, as cales, se especifican no antedito dossier entregado ós asistentes.


Ante todo o cal, a Xunta Directiva acepta ditas explicacións emitidas polo Presidente e, procédese a súa votación, co seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, A ADHESIÓN DO GDR SIL-BIBEI-NAVEA Á ASOCIACIÓN GALEGA DE GDRs DE GALICIA.


Neste mesmo punto 3º da orde do dia, o Presidente informa que o GDR Sil-Bibei-Navea debe nomear un membro desta Xunta Directiva, como Representante deste Grupo na Asamblea Xeral da Asociación Galega de GDRs de Galicia, é polo que, o Presidente pregunta ós asistentes se alguén se postula como Representante. Dna Milagros Calvo Carballo propón como Representante a D. Isauro Pérez González para esta tarefa; o resto dos membros da Xunta Directiva non poñen obxección a dita proposta, polo que, procédese a súa votación, co seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES O NOMEAMENTO DE D. ISAURO PÉREZ GONZALEZ COMO REPRESENTANTE DO GDR SIL-BIBEI-NAVEA NA ASOCIACIÓN GALEGA DE GDRs DE GALICIA.


4. ESTADO E ANÁLISE DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES E, NO SEU CASO, MEDIDAS A ADOPTAR.


O Presidente informa á Xunta Directiva, dos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR ata dia de hoxe, os cales son trece solicitados por promotores e dous propios do GDR, un para "Gastos de Funcionamento" e outro, para "Adquisición de capacidades e promoción territorial".

Insta ós presentes a analizar o listado presentado, para revisar o estado de tramitación no que se atopa cada un deles, xa que tres teñen Informe Favorable emitido por Agader e, esta Xunta Directiva debe decidir a selección e signación da axuda; doutro existe Informe Desfavorable, do cal, hai que decidir se se fan alegacións ó mesmo ou se ratifica o informe desfavorable de Agader.


O Presidente comeza por evaluar os que presentan Informe Favorable emitido por Agader:


Expediente nº L09-41300-11-0002

Título: "Cantina Marcelo"

Beneficiario: Luisa María Villarino Vázquez

Porcentaxe de axuda: 43,75 %

Importe da subvención proposta: 117.557,26 €


A Xunta Directiva procede a súa votación co seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.


Expediente nº L09-41300-11-0003

Título: "Conxunto museístico etnográfico Lugar da Pena"

Beneficiario: Sistel-Nor, S.L.

Porcentaxe de axuda: 51,43 %

Importe da subvención proposta: 200.000,00 €


A Xunta Directiva procede a súa votación co seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.


Expediente nº L09-41300-11-0005

Título: "Ampliación das instalacións da Asesoría F&F Asesores"

Beneficiario: F&F Asesores, S.C

Porcentaxe de axuda: 25,75 %

Importe da subvención proposta: 7.998,69 €


A Xunta Directiva procede a súa votación co seguinte resultado:


APRÓBASE POR CATORCE VOTOS A FAVOR E DÚAS ABSTENCIÓNS A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.


O Presidente pasa a analizar o expediente que conta co Informe Desfavorable de Agader, para valorar se se emiten alegacións ó Informe de Agader ou se ratifica o mesmo como desfavorable.


Expediente nº L09-41300-11-0009

Título: "Rehabilitación da forxa de Langullo"

Beneficiario: Arturo Diéguez Domínguez

Porcentaxe de axuda: 54,75 %

Importe da subvención proposta: 13.840,80 €


A Xunta Directiva, despois de analizar e valorar dito expediente xunto co Equipo Técnico, procede a súa votación co seguinte resultado:


POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, ACORDA NON SELECCIONAR DITO EXPEDIENTE PARA A SUA POSTERIOR CONCESIÓN DE AXUDA.


Neste mesmo punto 4º da orde do dia, o Presidente informa do expediente con nº: L10-41300-11-0012; Título: "Acondicionamento da Sede Social da Asociación Cocas e Danzantes"; Promotor: Asociación de Veciños e Cultural Cocas e Danzantes.  Do cal,  presentáselle á Xunta Directiva un dossier coas fotos sacadas polo Equipo Técnico no momento de realizar a Acta de Non Inicio.

Intervén o Equipo Técnico para analizar dito expediente e, explicar ós membros da Xunta Directiva o estado do citado expediente no momento no que se levantou a acta de non inicio; é polo que, o Equipo Técnico non pode certificar o non inicio de ditas obras, xa que no momento en que se levantou dita acta, o proxecto tiña executado xa moitos dos investimentos para ós que solicitaba axuda, como queda reflexado nas fotos que se aportan.

A Xunta Directiva, acepta e aproba ditas explicacións emitidas polo Equipo Técnico neste punto.


5. ESTADO XERAL DO FUNCIONAMENTO DA ASOCIACIÓN E, NO SEU CASO, MEDIDAS A ADOPTAR.


O Presidente informa á Xunta Directiva do estado de situación das contas referidas ó exercicio 2009, para ser aprobadas por dito órgano colexiado.

Preséntanse as mesmas, mediante dossier desglosado correspondentes á medida 431 A "Gastos de Funcionamento" cun gasto total de 59.100,71€ e 431 B "Adquisición de Capacidades e Promoción Territorial" con un gasto total de 22.871,08€.

Por outra banda, preséntase o estado financeiro do GDR desglosado mediante os seguintes conceptos:


"Pendente de pago por Agader" cun importe de 31.491,67€,

"Intereses" cun importe de 736,86€

"En contas" cun importe de 7.806,36€


Neste mesmo punto 5º da orde do dia, a Xunta Directiva analiza o estado de situación dos expedientes propios do GDR referidos ás anualidades 2008 e 2009, nos cales, o Grupo é beneficiario dos mesmos; refléxanse mediante dossier adxunto, o expediente L09-43100-11-A001 cunha adxudicación total de 119.295,86€, importe reflexado no cadro financeiro aprobado por Agader. Desglósase dito importe mediante os seguintes conceptos:


Comprometido polo GDR: 59.100,71€

Pagado polo GDR: 59.100,71€

Certificado: 59.100,71€

Pagado por Agader: 50.480,12€

Pendente de pago: 8.620,59€

Remanente: 60.195,15€


A continuación procédese a analizar o expediente L09-43100-11-B001, referido as anualidades 2008-2009 cunha adxudicación total de 29.823,96€, según se reflexa no cadro financieiro aprobado por Agader. Desglósase dito importe mediante os seguintes conceptos:


Comprometido polo GDR: 22.871,08€

Pagado polo GDR: 22.836,39€ (diferencia por importe de 34,69€, correspondente ó pago das tasas de inscrición da Asociación na Consellería de Economía e Facenda).

Certificado: 22.871,08€

Pagado por Agader: 0,00€

Pendente de pago: 22.871,08€

Remanente: 6.952,88€


A Xunta Directiva despois de analizar e valorar ditas contas, procede a súa votación co seguinte resultado:


POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, ACORDA APROBAR AS CONTAS CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO 2009.



O Presidente pasa a explicar que neste expediente L09-43100-11-B001, o GDR conta cun remanente de 6.952,88€, referido ás anualidades 2008-2009, cantidade que poderia ser xustificada xunto coa que corresponde á anualidade 2010 para "Adquisición de Capacidades e Promoción Territorial" (19.863,96€), ademáis do importe de 1.500€, referidos á aportación da Fundación Caixa Galicia para actividades da Asociación.

É polo que, o Presidente propón ós asistentes que presenten as súas ideas por escrito na sede do Grupo, para elaborar un proxecto que se encadre nesta medida 431B de "Adquisición de Capacidades e Promoción Territorial," para que na seguinte reunión da Xunta Directiva poidan ser valoradas e debatidas ditas iniciativas.


Neste mesmo punto 5º da orde do dia, o Presidente fai un inciso para explicar o estado dos proxectos de cooperación; informa cós dous proxectos ós que o GDR decidiu adherirse na Xunta Directiva do 24 de setembro de 2009: "Liderazgo y empoderamiento de mujeres fuente de desarrollo rural" - Grupo Coordinador do proxecto: Asociación para el Desarrollo de la Comarca Aljarafe-Doñana (ADAD) e, "Diversificación de los recursos agrícolas, ganaderos y forestales, nuevos productos y servicios"- Grupo Coordinador do proxecto: GDR Axarquía (Málaga). Presentaránse na convocatoria que salirá no mes de marzo publicada no B.O.E. E informa ós presentes da posibilidade de có GDR actue como grupo coordinador dun proxecto de cooperación, proxecto que debería presentarse en dita convocatoria; é polo que insta ós asistentes para que valoren a temática de dito proxecto para debatilo na seguinte Xunta Directiva.


A continuación, o Presidente pasa a informar có GDR debe cumprir coa Lei de Protección de Datos; desta maneira, explica a posibilidade de có Equipo Técnico realice un curso cunha duración de 15 horas, bonificado ó 100%, xa que se descontarán os custos do mesmo nos pagos á Seguridade Social do mes seguinte á súa realización.


A Xunta Directiva despois das explicacións do Presidente, procede a súa votación co seguinte resultado:


POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, ACORDA APROBAR CÓ EQUIPO TÉCNICO REALICE DITO CURSO PARA CÓ GDR PODA AXUSTARSE Ó ESTIPULADO NA LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS.


6. CONTRATACIÓN DE SERVIZOS EXTERNOS PARA LEVAR A CONTABILIDADE DA ASOCIACIÓN.


O Presidente preséntalle ós membros da Xunta Directiva mediante dossier adxunto, os presupostos dos que se dispón na sede do Grupo de Asesorías do territorio, para as tarefas de apoio á xestión da Asociación:

- Asesoría Viana Xestión, cun presuposto de 50,00€ mensuais máis 15 euros por desprazamento.

- F&F Asesores, S.C, cun presuposto de 87,00€ mensuais.

Neste punto, intervén Dna. Milagros Calvo Carballo, para explicar que lle parece máis convinte có propio Equipo Técnico leve a cabo as tarefas de contabilidade e que non se externalice dito servizo, xa que lle parece perigoso e, a través da instalación dun programa de contabilidade poden realizar estas tarefas, xa que van ter que revisar igualmente o traballo da asesoría coa que traballen.

Dna. Flora Castro González, aclara que o Plan Xeral Contable e os Informes Financeiros cambiaron polo que actualmente estas tarefas non son doadas de levar.

Intervén o Equipo Técnico para aclarar que nunca realizaron este tipo de tarefas, xa que nos anteriores Programas nos que prestaron os seus servizos, estas tarefas sempre se externalizaron.

O Presidente propón facer unha votación entre os membros asistentes para votar en primeiro lugar se as tarefas de contabilidade as leva o Equipo Técnico ou se contrata unha Asesoría externa.

Procedese á votación có seguinte resultado:


APRÓBASE POR NOVE VOTOS A FAVOR, CATRO EN CONTRA E TRES ABSTENCIÓNS, A CONTRATACIÓN DUNHA ASESORÍA PARA AS TAREFAS DE APOIO Á XESTIÓN DA ASOCIACIÓN.


A continuación procédese á elección, entre os presupostos que se presentaron na sede do Grupo, da Asesoría para que se encargue deste servizo, co seguinte resultado:


POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, APRÓBASE A CONTRATACIÓN POR UN ANO, DE VIANA GESTIÓN PARA AS TAREFAS DE ASISTENCIA Á XESTIÓN DA ASOCIACIÓN.


7. ESTADO DAS CUOTAS DOS SOCIOS DA ASOCIACIÓN.


O Presidente informa ós presentes do estado das cuotas dos socios a dia de hoxe; preséntanse éstas mediante dossier adxunto, no cal, se especifican os socios que teñen ingresadas as anualidades 2008 e  2009 e, os que xa fixeron efectivo a anualidade 2010.

O Presidente dá conta, que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10.- "Obrigas dos asociados"- Satisfacer a cuota de entrada e de mantemento.

E polo que, os membros da Xunta Directiva debaten e deciden a exclusión dos asociado da Asociación que non fixeran efectiva ningunha das cuotas, é dicir, as referidas ás anualidades 2008 e 2009. Acolléndose ó artigo 8 dos Estatutos.- "Perda da condición de asociado/a"- Por sanción imposta pola Xunta Directiva, de xeito motivado e con audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión notificaráse por escrito e contra él caberá recurso ante a primeira Asamblea Xeral que se realice.

O Presidente pasa a ler os socios que se encontran nesta situación, é dicir, que non satisfaceron ningunha das cuotas; éstos son 28 socios, entre os que se atopa o Concello de Castro Caldelas, do cal, se propón consultar con Agader se é posible deixar sen representación pública a un Concello do territorio; o Presidente informa que él persoalmente falará tamén có representante do Concello de Castro Caldelas para que faga efectivo o ingreso polas dúas anualidades.

Tra-las explicacións efectuadas, o Presidente insta ós presentes á votación para decidir se se procede a notificar a baixa a estes socios que non efectuaron o ingreso das cuotas; procédese á votación có seguinte resultado:


POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, APRÓBASE A NOTIFICACIÓN DA BAIXA ÓS 27 MEMBROS QUE NON PAGARON NINGUNHA DAS CUOTAS REFERIDAS ÁS ANUALIDADES 2008 E 2009.


Neste mesmo punto, o Presidente dá conta das solicitudes de baixa rexistradas na sede do Grupo; son as referidas ás seguintes asociacións: Asociación cultural e deportiva O Son das Pedras de Montederramo, Asociación de Xubilados e Pensionistas Nosa Señora dos Remedios de Castro Caldelas e Asociación Virxe dos Remedios do CPI de Castro Caldelas,


8. SOLICITUDE DE ADHESIÓN DA FUNDACIÓN GERMÁN ESTÉVEZ.


O Presidente explica ós asistentes a solicitude de adhesión como socio do GDR da Fundación Germán Estévez e, explica o procedemento administrativo seguido referido a dita solicitude.

Dá conta que con data do 22 de Xuño de 2009, nº de saída 09/10, solicitouselle por escrito, que segundo se desprende dos Estatutos do GDR, unha vez constituída a Asociación a entidade que solicite a adhesión deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da Asociación.

En contestación a esta notificación o Representante desta Fundación aporta unha serie de documentación, na que non se pode constatar tal efecto; o Presidente mostra á Xunta Directiva o expediente completo para que os seus membros poidan analizalo.

Despois de diversas aclaracións, procédese á votación deste punto, có seguinte resultado:


POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES, APRÓBASE QUE SE LLE SOLICITE POR ESCRITO Á FUNDACIÓN GERMÁN ESTEVÉZ QUE ACREDITE E CONSTATE A ACTIVIDADE DE DITA FUNDACIÓN NO ÁMBITO DE ACTUACIÓN DO GDR.


9. ROGOS E PREGUNTAS


Os presentes, non solicitan a palabra para plantexar Rogos ou Preguntas.




E non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta, que se extende co obxeto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo, o Secretario que dou fe.



O Secretario                                                 O Presidente





     Asdo: D. Isauro Pérez González                             Asdo: D. Francisco Magide Bizarro                                                         









Asociación Sil-Bibei-Navea
VisualQ