Noticias
CONVOCATORIA
No uso das atribucións que me outorgan os Estatutos da Asociación para o desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea, por medio da presente, convoco a tódolos asociados para que concurran a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos do Concello de San Xoán de Río, sito na Praza da Constitución - 1, o Xoves día 04 de Febreiro, ás 19:00 horas en 1ª convocatoria, e ás 19:30 horas en 2ª convocatoria, para trata-los asuntos que se incluen na seguinte Orde do Día:
- 1. Aprobación das contas do exercicio 2009.
- 2. Ratificación da previsión de gastos correspondentes a Medida 431A (Gastos de funcionamento) e 431B (Adquisición de capacidades e promoción territorial) para anualidade 2010, aprobada en Xunta Directiva de data do 19 de novembro de 2009.
- 3. Aprobación da memoria de actividades.
- 4. Relación de proxectos subvencionados e rexeitados e o grao de execución dos primeiros.
- 5. Comunicación de altas e baixas de socios.
- 6. Ratificación da modificación dos criterios e regras de baremación do GDR.
- 7. Notificación da adhesión a proxectos de cooperación.
- 8. Estado de situación das cuotas dos socios do GDR.
- 9. Suxerencias.
En San Xoán de Río, a 20 de Xaneiro de 2010
O Presidente
Asdo: Francisco Magide Bizarro
ASAMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


