Noticias
CONVOCATORIA
Pola presente convócase a vostede a Sesión Ordinaria que celebrará a Xunta Directiva da "Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil - Bibei -Navea" no Salón de Plenos do Concello de San Xoán de Río, sito na Praza da Constitución - 1, o vindeiro Mércores día 03 de Marzo, ás 18:30 horas en 1ª convocatoria, e ás 19:00 horas en 2ª convocatoria, para trata-los asuntos que se incluen na seguinte Orde do Día:
- 1. Lectura e aprobación da Acta da sesión anterior.
- 2. Estudo e análise do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.
- 3. Estado de situación e análise dos Proxectos de Cooperación e, no seu caso, medidas a adoptar.
- 4. Posibles propostas para promoción territorial.
- 5. Estado das cuotas dos socios da Asociación.
- 6. Rogos e preguntas.
En San Xoán de Río, a 24 de Febreiro de 2010
O Presidente
Asdo: Francisco Magide Bizarro
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA


