Acta do 05 de outubro de 2010

Imprimir silbibeinavea - 01-Decembro-2010 - 10:21:14 



 

                                                                                                           ACTA 06/10

                                              

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

 

DATOS DA SESIÓN:


LUGAR: Salón de Plenos do Concello de San Xoán de Río

DATA: 05 de Outubro de 2010

HORA DE INICIO: 19:00 horas

HORA DE FINALIZACIÓN: 19:30 horas

CONVOCATORIA: Segunda

PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro

SECRETARIO: D. Isauro Pérez González

 

MEMBROS PRESENTES:



  • D. Francisco Magide Bizarro: Presidente da Asociación e Representante do Concello de Parada de Sil.
  • D. Germán Domínguez Fernández. (Aporta delegación de D. Andrés Montesinos Rodríguez: Representante do Concello de Viana do Bolo).
  • D. Luis Álvarez González: Representante do Concello de Pobra de Trives
  • D. Miguel Cid Álvarez: Representante do Concello de A Teixeira.
  • Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Ramona García Méndez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Mulleres pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei).
  • Dª. Flora Castro González: Representante da Mesa Sectorial de Empresarios pola Federación de Empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL).
  • D. Miguel Solla Pereira: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Xuvenís pola Asociación "Os Grumos".
  • D. Isauro Pérez González: Representante da Mesa Sectorial de Turismo e Hostelería, pola Asociación Cultural Turística Nemetóbriga.


MEMBROS AUSENTES:



  • D. Carlos L. Rodríguez Calvente: Secretario da Asociación e Representante do Concello de Vilariño de Conso.
  • D. Eladio Osorio Castro: Representante do Concello de Castro Caldelas.
  • D. Herminio Cereijo Diéguez: Representante do Concello de Manzaneda.
  • Dª. Sonia Fernández Díaz: Representante do Concello de Montederramo.
  • D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do Concello de Chandrexa de Queixa.
  • D. Luis Castro Álvarez: Representante do Concello de San Xoán de Río.
  • D. Luciano Matías Martínez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras pola Asociación Cultural Chandrexa.
  • D. Pedro Rodríguez Parente: Representante da Mesa Sectorial do sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia "Silvanus".
  • Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola Asociación de veciños de San Paio.
  • Dª. Silvia Basteiro Vicente: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por Unións Agrarias.
  • Dª. María Páez Páez: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal por ACEBEDA - Sociedade Cooperativa Galega.
  • Dª. Sara Mª Carracedo Ochoa: Representante da Mesa Sectorial do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal, pola Asociación ÁGAMO.
  • Dª. Nieves Fernández Vidueira: Representante do Sector Agrario, Gandeiro e Forestal pola Asociación de Propietarios de Soutos de Viana do Bolo.
  • D. Rubén Fernández Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións de Empresarios pola Asociación de Empresarios de Trives.
 

 

Antes de dar comezo á sesión, o Presidente solicita que algún dos membros asistentes se postule como Secretario desta sesión pola ausencia de D. Carlos L. Rodríguez Calvente, o cal como membro desta Xunta Directiva, acudiu como representante desta Asociación a unha Mesa de expertos dos Parques Naturais do Invernadeiro e Serra Enciña da Lastra, organizado pola Universidade de Vigo e, que está a ter lugar en Viana do Bolo.

Por dita ausencia, ocupa o cargo de Secretario para esta sesión D. Isauro Pérez González.

 

Vistas as delegacións presentadas por dous membros da citada Xunta, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo Presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da Xunta Directiva, éste declara aberta a sesión.

 

ORDE DO DÍA:


1.    Lectura e aprobación, se procede, da Acta da sesión anterior.

2.    Análise e aprobación de propostas para a firma dunha nova póliza de crédito.

3.    Estudo e análise  do estado de tramitación dos expedientes e, no seu caso, medidas a adoptar.

4.    Estado de situación das cuotas da Asociación.

5.    Rogos e preguntas.

 

 

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

 

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

 

O Presidente, informa que como se acordara na sesión da Xunta Directiva celebrada o pasado 22 de abril de 2010, remitiuse a tódolos membros da Xunta Directiva a acta da sesión para poder ser analizada máis pormenorizadamente por cada un dos membros; desta maneira, pregunta ós asistentes se desexan realizar algunha obxeción á mesma.

 

Dª. Milagros Calvo Carballo, intervén neste punto para por de manifesto que neste acta que se está a analizar existe un erro, xa que nos membros presentes aparece o seguinte: "Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións deportivas, de veciños, culturais, de artesanía e outras, pola Asociación de veciños de San Paio. (Aporta delegación de D. Miguel Solla Pereira: Representante da Mesa Sectorial de Asociacións Xuvenís pola Asociación "Os Grumos")".

Aclara que, tal e como se acordara, as delegacións de representación deben facerse entre membros pertencentes á mesma mesa sectorial; é polo que dita delegación non é válida.

O Presidente expón neste punto, que sería convinte estudiar e propoñer modificacións ós Estatutos para ser aprobados na Asamblea Xeral que se prevé realizar no mes de novembro, incluíndo cambios como pode ser este do procedemento das delegacións, xa que hai mesas sectoriais nas que so hai unha asociación.

 

Constatándose dito erro por parte dos membros asistentes e, aceptándose dita modificación, APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES DITA ACTA.

 

2. ANÁLISE E APROBACIÓN DE PROPOSTAS PARA A FIRMA DUNHA NOVA PÓLIZA DE CRÉDITO.

 

O Presidente informa ós presentes, da necesidade de subscribir unha nova póliza de crédito, xa que a segunda póliza que se firmara con Caixa Galicia cancelouse con data 30 de setembro de 2010; con anterioridade ó remate de dito prazo, solicitárase a esta mesma entidade unha prórroga ata decembro para poder desta maneira facer fronte ós gastos da medida 431B, solicitude que foi denegada por dita entidade; desta maneira, é imprescindible subscribir outra nova póliza para poder pagar os gastos que debemos xustificar tanto do expediente L10-43100-11-B022 "Xornadas talleres teórico-prácticos para a promoción do territorio", por un importe de 19.863,96 €, así como dos gastos de Cooperación Interterritorial do proxecto "Diversificación de los recursos agrícolas y ganaderos".

É polo que, segundo dossier adxunto entréganse as condicións das entidades financeiras que teñen subscrito un convenio con Agader: Banesto, Caixa Galicia, Caixanova e Caixa Rural.

 

Tralo análise de ditas condicións, procédese á votación deste punto có seguinte resultado:

 

APRÓBASE ACEPTAR AS CONDICIÓNS DA PROPOSTA DA ENTIDADE FINANCEIRA BANESTO, PARA A FORMALIZACIÓN DUNHA PÓLIZA DE CRÉDITO, AS CALES SE ESPECIFICAN NO CITADO DOCUMENTO:

 

- Importe: ate 30.000,00 €

- Comisión de apertura: 0,00%

- Comisión de estudio: 0,00%

- Comisión dispoñibilidade.: 0,00%

- Tipo de Xuro: 0,00%

- Prazo: 12 meses

 

Dª. Flora Castro González, neste punto segundo da orde do día, quere deixar de manifesto o comportamento da entidade financeira Caixa Galicia e, dos diversos atrancos ós que tiveron que facer fronte, tanto ela como Tesoureira como o Presidente e o Secretario da Asociación, xa que en dúas ocasións, cando quedaran para firmar tanto o aval e a segunda póliza de crédito, dende a sede central de Ourense desta entidade, non habían levado a documentación a tempo ó notario, facéndolle desta maneira perder o tempo e retrasar as súas axendas.

Por outra banda, o Presidente informa dos problemas que se tiveron para poder formalizar esa segunda póliza de crédito, xa que él mismo tivo que ter unha reunión co Xefe Territorial de Caixa Galicia para que ésta puidera realizarse.

 

3. ESTUDO E ANÁLISE DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES E, NO SEU CASO, MEDIDAS A ADOPTAR.

 

O Presidente informa á Xunta Directiva dos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR ata o día de hoxe, os cales son vinte e sete solicitados por promotores e dous solicitados por este GDR na medida 431B "Adquisición de Capacidades e Promoción Territorial" para as anualidades 2008-2009-2010, ademáis dos correspondentes ós gastos de funcionamento da medida 431A.

 

Insta ós presentes a analizar o listado presentado, para revisar o estado de tramitación no que se atopa cada un deles a día de hoxe, xa que un (L10-43100-11-B022) ten Informe Favorable verificado por Agader e, esta Xunta Directiva debe decidir a selección e signación da axuda.

 

Por outra banda, informa ós asistentes que do expediente con nº L09-41300-11-0008, adxúntase Resolución de aceptación de renuncia. Por último, do expediente nº L10-41300-11-0017 adxúntase Resolución de Concesión da axuda.

 

O Presidente pasa a evaluar o expediente que presenta Informe Favorable verificado por Agader, según dossier adxunto:

 

Expediente nº L10-43100-11-B022

Título: "Xornadas Talleres Teórico-Prácticos para a Promoción do Territorio"

Beneficiario: GDR Sil-Bibei-Navea

Porcentaxe de axuda: 100 %

Importe da subvención proposta: 19.863,96 €

Prazo de execución: 3 meses

Reparto da axuda por anualidades: ano 2010, 100 % do investimento

 

A Xunta Directiva procede a súa votación có seguinte resultado:

 

APRÓBASE POR UNANIMIDADE DOS MEMBROS ASISTENTES A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DE AGADER.

 

Mediante dossier adxunto, preséntanselle os últimos proxectos que tiveron entrada na sede do GDR, cunha pequena descrición dos mesmos: "Rehabilitación da antiga casa-escola de Mormentelos", "Ruta de sendeirismo polas morrenas glaciares do río Cenza, rehabilitación de edificación para Sala de Interpretación e, recuperación dun refuxio de pastores", "Ampliación rede Wimax: Implantación dun repetidor en Requeixo", "Recuperación dunha ruta de sendeirismo e do seu patrimonio etnográfico", "Ruta da Ponte Romana de Vilariño Frío" e, "Restauración do retablo maior da igrexa parroquial de San Pedro de Sas de Xunqueira"; os dous primeiros, á espera de que Agader verifique o Informe de Control de Elexibilidade e, os restantes á espera de emitir o Informe de Control de Elexibilidade por parte do Equipo Técnico.

 

4. ESTADO DE SITUACIÓN DAS CUOTAS DA ASOCIACIÓN.

 

Neste punto cuarto da orde do día, o Presidente pasa a analizar o estado das cuotas da asociación mediante dossier adxunto e, informa que na vindeira Asamblea Xeral informaráse ós asistentes da necesidade de que fagan efectivo o ingreso da cuota referida á anualidade 2010 e a anualidade 2009 para os que non a ingresaron, para desta maneira poder aforrar os custos de correos ó remitir estas notificacións.

Por outra banda, propón que ós membros da Xunta Directiva se lle envíe unha notificación mediante correo ordinario para que ingresen esta cuota.

Sinala a necesidade de estipular nos Estatutos da Asociación, que se reflexe como procedemento para convocar ós membros da Xunta Directiva, o correo electrónico, para abaratar os gastos de correos; é polo que, quédase á espera da celebración da Asamblea Xeral para poder propor ditas modificacións ós Estatutos.

 

A Xunta Directiva acepta e, dase por enterada de dita información referida a este punto cuarto da orde do día.

 

5. ROGOS E PREGUNTAS.

 

O Presidente aproveita neste punto, para informar ós presentes que según se falara na anterior Xunta Directiva celebrada o pasado 30 de agosto de 2010, Dª. Milagros Calvo Carballo quedara encargada, en nome desta Xunta Directiva, de falar co alcalde de San Xoán de Río, para que acondicionara as oficinas da sede da Asociación e, a día de hoxe, non se tivo resposta algunha; é polo que, efectuouse un escrito do Presidente para ser depositado no rexistro deste Concello no cal, se lle solicita en firme a este Concello dito requirimento (o Presidente pasa a leer dita solicitude, para que quede constancia da mesma).

Dª. Milagros Calvo Carballo solicita o turno de palabra, para manifestar que falou có alcalde D. Luis Castro Álvarez ó día seguinte da Xunta Directiva e, que él contestáralle textualmente: "que de momento había que esperar".

Desta maneira, ante dita información, o Presidente informa que no día de mañá depositaráse no rexistro dito escrito para que o Concello conteste formalmente.

 

 

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola Xunta Directiva e, que o señor Presidente firma conmigo o Secretario que dou fe.

 

                  

 

                        O Secretario                                                                    O Presidente

 

 

 

   

           Asdo: D. Isauro Pérez González                                   Asdo: D. Francisco Magide Bizarro                                     


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar