1.      ANÁLISE DO TERRITORIO

O Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.

Topográficamente, ofrece un carácter de zona montañosa. Destaca o variado número de serras que existen, que se levantan por enriba dos 100 m sobre as comarcas que as rodean; Serra de Queixa, Serra do Burgo, Serra de San Mamede, Serra de Meda, Serra  Calva, Serra do Canizo.

O punto máis alto encóntrase a 1.781 metros e correspondese có pico de Cabeza de Manzaneda.

Estos relevos montañosos encerran extraordinarios e ricos vales fluviais, que ofrecen unha perfecta combinación coa serra.

A zona encóntrase marcada por unha extensa rede fluvial destacando o río Sil que bordeando, polo norte a Comarca, discorre encaixonado orixinando paraxes de inigualable beleza.

Outros importantes cursos fluviais (de onde o Grupo colle o seu nome) constitúeno os afluentes do Sil, como o río Bibei, río Mao, río Navea...e outros afluentes que constituen unha extensa rede, a cal define o territorio de actuación.

Como consecuencia da orografía, a rede fluvial destaca a existencia de máis de 10 embalses, e unha riqueza piscícola enorme nos ríos que bañan a zona.

mapa gdr

2.      PATRIMONIO NATURAL. SITUACIÓN MEDIOAMBIENTAL

A diversidade climática orixina unha gran variedade na cuberta vexetal, dende as especies típicamente mediterráneas dos vales máis abrigados ata especies máis atlánticas, vexetación ripícola nas ribeiras dos ríos ou coníferas, alí onde a altitude limita o crecemento doutras especies.

Dibúxase unha paisaxe, onde a natureza conserva un alto grado de virxinidade. A combinación da topografía e a climatoloxía, provocan o gran valor medioambiental do territorio como demostra e existencia de varios espazos naturais catalogados e Parques Naturais: Parque Natural Montes do Invernadeiro, LIC Cañón do Sil- Ribeira Sacra, LIC Macizo Central, ZEPVN Bidueiral de Montederramo, Monumento Natural Souto de Rozabales.


3.      ARQUITECTURA POPULAR

É unha das zonas máis destacadas pola súa arquitectura popular, case na totalidade dos lugares existen conxuntos espléndidos da súa arquitectura tradicional.

A maravilla desta arquitectura deriva dos materiais e das tipoloxías, ambas cousas armoniosamente enraizadas na paisaxe onde os materiais están extraidos do entorno: pedra, palla e madeira. Os muros dos edificios- casas, palleiros, cuadras, fraguas e muiños están construídos con esquistos e cuarcitas de unha gran variedade de cores, así nos núcleos máis baixos cércanos a os vales, os esquistos son roxizos case férricos. Toda unha gama de cores nos muros das vivendas e das outras edificacións auxiliares. Colorido que se proxecta en muros e ferramentas dos hortos e terras de labor nas proximidades dos lugares.

Todas as construccións ofrecen características populares que definen as costumes tradicionais, tales como corredores de madeira e elementos decorativos de gran sinxeleza e beleza.

A madeira xeralmente carballo ou castiñeiro, é protagonista dos característicos corredores. As velas portas de madeira con trancas tamén de madeira, obra do carpinteiro local, ou eses cravos e picaportes de ferro, traballados na fragua a golpe de martelo sobre incre.

Consérvanse varias fontes, algunas delas de orixe celta que servían para o abastecemento de auga. Os muiños hidráulicos, orixinarios da Idade Media, algúns conservados en perfecto estado, a mayoría de propiedade vecinal.


4.     
PATRIMONIO HISTÓRICO ARTÍSTICO

O territorio posúe un importantísimo patrimonio Histórico-Artístico, composto na súa maior parte por igrexas e mosteiros, ós que temos que sumar Pazos e Casas Grandes.

A conservación e promoción desta arquitectura, relixosa na súa maior parte, constitue unha labor prioritaria, primeiro polo seu valor histórico e artístico, e segundo, porque de cara ó turismo pode desempeñar un importante papel.

Este patrimonio compleméntase coa existencia dun variado e importante patrimonio etnográfico (muiños, teares, fraguas, etc).


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ