Noticias
Pola presente convócase a todos os membros da xunta directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil - Bibei -Navea á sesión ordinaria que se celebrará na sede da asociación, sita na Praza do Reloxo, 11 no concello de A Pobra de Trives, o XOVES día 20 de XULLO, ás 19:00 horas en 1ª convocatoria e, ás 19:10 horas en 2ª convocatoria, para tratar os asuntos que se inclúen na seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Traspaso de fondos da submedida 19.4 á submedida 19.2. para a anualidade 2017.
3. Traspaso de fondos destinados a proxectos non produtivos promovidos por institucións de carácter privado ás outras duas tipoloxías de proxectos (produtivos e non produtivos públicos).
4. Selección e proposta de resolución das solicitudes de axuda presentadas a 31 de marzo de 2017.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.
En A Pobra de Trives, a 18 de xullo de 2017
O Presidente
Asdo: Francisco Magide Bizarro
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA
Esta web utiliza cookies para obtener datos estadÃsticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar