Acta Xunta Directiva do 23 do agosto de 2018-PROCEDEMENTO ESCRITO

Imprimir silbibeinavea - 25-Abril-2019 - 17:52:12 

ACTA 04/2018
XUNTA DIRECTIVA POR PROCEDEMENTO ESCRITO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

DATA: 23 de Agosto de 2018
CONVOCATORIA: Vía e-mail o 20 de agosto de 2018

Con data 20 de agosto de 2018, ás 10:27 horas remitiuse, vía e-mail, convocatoria de xunta directiva polo trámite de procedemento escrito para o día 23 de agosto de 2018 (procedemento aprobado por acordo de asemblea xeral extraordinaria de data 04 de abril de 2016), na que se informaba e, se facía consulta a todos os membros da xunta directiva, sobre un único punto da orde do día.

Na citada convocatoria solicitábase pronunciamento, vía e-mail, de aprobación ou non aprobación do punto da orde do día e, dábase un prazo para tal pronunciamento de dous días hábiles (tendo en conta o acordo de xunta directiva do 28 de xaneiro de 2015). De non haber manifestación expresa, enténdese por aprobado o punto da orde do día que segue a continuación:

ORDE DO DÍA:


1. Selección e signación de axuda do expediente de gastos de animación L18-1940-08-B074.

Finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos, vía e-mail, a xunta directiva ACORDA aprobar o seguinte punto da orde do día, dando traslado do mesmo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

1. SELECCIÓN E SIGNACIÓN DE AXUDA DO EXPEDIENTE DE GASTOS DE ANIMACIÓN L18-1940-08-B074.

Segundo acordo de xunta directiva do 20 de xuño de 2018, este órgano colexiado, para comprometer todo o orzamento da submedida 19.4B para a anualidade 2018, aprobou realizar dito proxecto e, seleccionar a oferta presentada polo provedor Pacios Ramón Informática & Formación, S.L.

Remíteselle a todos os membros da xunta directiva o informe de verificación do ICE e do ITE emitido pola Área de Seguemento e Control de Programas de Agader, correspondente ó antedito expediente para poder proceder á súa selección e signación de axuda.

Dito expediente especifícase a continuación:

Expediente: L18-1940-08-B074
Título: "APP MULTIPLATAFORMA ANDROID/IOS DO GDR SIL-BIBEI-NAVEA"
Promotor: Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea-GDR08
Orzamento aceptado: 9.900,00 €
Porcentaxe de axuda: 100%
Importe da subvención proposta: 9.900,00€

Para dar cumprimento ó estipulado nos Estatutos da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, no seu título VIII "Procedemento para evitar conflito de intereses", artigo 25. Conflicto de intereses no marco de programas ou proxectos que xestione a asociación.

Remítese o "FORMULARIO DE DECLARACIÓN DE INTERESES PARA MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA OU ÓRGANO DECISORIO SIMILAR" para que os que se manifesten o cumprimenten e, declaren o interese se fose o caso.

Os pronunciamentos efectuados foron remitidos polos seguintes membros da xunta directiva:
Clemente Pérez Arias, Francisco Magide Bizarro, Miguel A. Cid Álvarez, Flora Estévez Carballo, Luis Castro Álvarez, Amelia Estévez Estévez e, Milagros Calvo Carballo declaran que non existe relación persoal relevante, nin algún interese económico directo na selección ou non selección dos proxectos relacionados no Anexo I, que poida constituír un conflito de intereses e, participan na selección do proxecto (L18-1940-08-B074).

Así tendo en conta os pronunciamentos, a xunta directiva ACORDA A SELECCIÓN E SIGNACIÓN DA AXUDA DE DITO EXPEDIENTE PARA O SEU POSTERIOR INFORME PROPOSTA DE RESOLUCIÓN POR PARTE DA AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

Levántase este acta no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o acordado pola Xunta Directiva e, que o señor presidente firma conmigo o secretario que dou fe.


O secretario O presidente

 

Clemente Pérez Arias Francisco Magide Bizarro


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar