Acta Xunta Directiva do 22 de novembro de 2018

Imprimir silbibeinavea - 23-Xullo-2020 - 11:43:33 

ACTA 05/2018
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

LUGAR: Sede do GDR Sil-Bibei-Navea
DATA: 22 de NOVEMBRO de 2018
HORA DE INICIO: 18:40 horas
HORA DE FINALIZACIÓN: 19:20 horas
CONVOCATORIA: Segunda
PRESIDENTE: D. Francisco Magide Bizarro
SECRETARIO: D. Clemente Pérez Arias

MEMBROS PRESENTES:

• D. Francisco Magide Bizarro: Representante do concello de Parada de Sil.
• D. Félix Domínguez Cortiñas: Representante do concello de Manzaneda.
• D. Domingo Diéguez González: Representante do concello de A Pobra de Trives.
• Dª. Sara Inés Vega Núñez: Representante do concello de Castro Caldelas.
• D. Luis Castro Álvarez: Representante do concello de San Xoán de Río.
• Dª. Flora Castro González: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola federación de empresarios de Terra de Caldelas (FETECAL)).
• D. Clemente Pérez Arias: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación centro cultural San Miguel. (Aporta delegación de aporta delegación de Dª. Rosa Domínguez Rodríguez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación de veciños de San Paio).
• D. Xosé Antón Vázquez Pérez: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación cultural Ouro do Sil. (Aporta delegación de aporta delegación de D. Aquilino Domínguez Díaz: representante do colectivo de asociacións de protección, conservación e/ou mellora do ambiente pola CMVMC Gandaras).
• Dª. Milagros Calvo Carballo: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Anel. (Aporta delegación de Dª. Amelia Estévez Estévez: representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda).

 

MEMBROS AUSENTES:


• Dª. Melisa Macía Domínguez: Representante do concello de Vilariño de Conso.
• D. Miguel A. Cid Álvarez: Representante do concello de A Teixeira.
• D. Secundino Fernández Fernández: Representante do concello de Viana do Bolo.

• D. Antonio Rodríguez Álvarez representante do concello de Montederramo.
• D. Francisco Rodríguez Rodríguez: Representante do concello de Chandrexa de Queixa.
• Dª. Ana Sarmiento Pérez: Representante do colectivo asociacións do sector agrario e organizacións profesionais agrarias, por Amarelante Sociedade Cooperativa Galega.
• Dª. Margarita García Álvarez: Representante do colectivo de asociacións de mulleres pola asociación de mulleres rurais de Santa Cristina.
• D. Manuel Francisco Rodicio Lizán: Representante do colectivo de asociacións do sector cultural, turísticas, deportivas, recreativas, de veciños/as, de artesanía e outras, pola asociación Parada do Sil Club de Fútbol.
• D. Ruben Fernández Rodríguez: Representante do colectivo asociacións de empresarios e as asociacions profesionais pola asociación de empresarios da Comarca de Trives.


Vistas as delegacións presentadas por tres membros da citada xunta directiva, acéptanse ditas delegacións e, previa comprobación polo presidente do número de asistentes necesarios para a válida celebración da xunta directiva, ésta declara aberta a sesión.


ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores
2. Proposta e aprobación, se procede, da previsión de gastos da submedida 19.4. Custes correntes e animación e promoción territorial, correspondentes á anualidade 2019, para a súa porterior autorización por parte de Agader.
3. Traspaso de fondos, se procede, da submedida 19.4 á submedida 19.2 para a convocatoria 2019-2020.
4. Estado de situación das cotas da Asociación.
5. Informe Presidencia.
6. Rogos e preguntas.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN:

1. LECTURA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES.

O presidente informa que como se acordara na sesión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 04 de abril de 2016, remitiuse a todos os membros da xunta directiva as actas das sesións anteriores, celebradas o 20 de xuño de 2018 e o 23 de agosto de 2018, esta última por procedemento escrito.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta da sesión ordinaria celebrada o 20 de xuño de 2018 e, non habendo intervencións, procédese á súa votación có seguinte resultado:


APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O 20 DE XUÑO DE 2018.

O presidente pregunta ós asistentes se desexan realizar alguna obxeción á acta do 23 de agosto de 2018 por procedemento escrito e, non habendo intervencións, procédese á súa votación da mesma có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE A ACTA DA SESIÓN POR PROCEDEMENTO ESCRITO DO 23 DE AGOSTO DE 2018.

2. PROPOSTA E APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PREVISIÓN DE GASTOS DA SUBMEDIDA 19.4. CUSTES CORRENTES E ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL, CORRESPONDENTES Á ANUALIDADE 2019, PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.
O presidente, informa ós asistentes que este órgano colexiado debe aprobar a previsión de orzamento para a submedida 19.4A “custes correntes” e para a submedida 19.4B “animación e promoción territorial” e, remitila a Agader antes do 30 de novembro para a súa aprobación.

O GDR08 conta cun importe de 257.505,97 € para a anualidade 2019, segundo se estipula no convenio e, realizouse unha previsión desagregada para os gastos da submedida 19.4A do ano 2019, por un importe total de 103.000,00€ e, aclara que é o mesmo importe que o orzamento correspondente á anualidade 2018.

O presidente expón ante a xunta directiva os gastos realizados ata o momento en cada unha das partidas de custes correntes na anualidade 2018, que ascenden a 89.440,17€, quedando por xustificar desta anualidade, as nóminas e extras de decembro do xerente e do técnico, a seguridade social dos meses de novembro e decembro, o IRPF do 4º T de 2018, gastos de desprazamentos, dietas, correos, lectura copiadora, teléfono dos meses de novembro e decembro de 2018 e, a asistencia á xestión do mes de decembro,  gastos que se xustificarán na anualidade 2019.

O presidente cede a palabra por se alguén quere facer algunha outra obxeción ou aclaración a esta previsión. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APROBASE POR UNANIMIDADE A PREVISIÓN DA SUBMEDIDA 19.4A DE “CUSTES CORRENTES” PARA A ANUALIDADE 2019 POR IMPORTE DE 103.000,00 € PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.

Seguidamente neste mesmo punto da orde do día, o presidente procede a analizar a previsión das actuacións a realizar na submedida 19.4B “Animación e promoción territorial” na anualidade 2019.
Tal e como se realizou este ano 2018 unha viaxe ó norte de Cáceres no Valle do Jerte, o presidente prantexa a posibilidade doutra viaxe á zona oriental de Asturias, ó tratarse dun territorio moi similar ó noso, zona eminentemente montañosa, a cal conta con grandes recursos patrimoniais, culturais, históricos, medioambientais etc, susceptibles de ser utilizados no ámbito do turismo e que na actualidade conta con numerosas empresas de turismo activo que buscan explotar ditos recuros.
O obxectivo principal sería visitar in situ as iniciativas levadas a cabo nese territorio, para potenciar o turismo.
Da mesma maneira aclara, que o orzamento total desta submedida 19.4B non ten por qué ser integramente para esta iniciativa, xa que se podería levar a cabo outro proxecto a maiores nesta mesma submedida.

Dita previsión de gasto para o ano 2019 para a submedida 19.4B é por importe de 20.000€.

É polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APROBASE POR UNANIMIDADE A PREVISIÓN DA SUBMEDIDA 19.4B DE “ANIMACIÓN E PROMOCIÓN TERRITORIAL” PARA A ANUALIDADE 2019 POR IMPORTE DE 20.000 €.

3. TRASPASO DE FONDOS, SE PROCEDE, DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A CONVOCATORIA 2019-2020.

O presidente informa ós asistentes que segundo se informou no punto 2º desta sesión, este GDR08 conta cun importe de 257.505,97 €, para o ano 2019 para as submedidas 19.4A e 19.4B “custes correntes” e “animación e promoción territorial”, segundo se estipula no convenio e, solicitouse autorización para os gastos da submedida 19.4A por importe de 103.000€ e, para os gastos da submedida 19.4B por importe de 20.000€.

O total solicitado nesta previsión na submedida 19.4 ascende a 123.000€, polo que quedaría un remanente por importe de 134.505,97€.

Desta maneira, o presidente propón traspasar este remanente da submedida 19.4  a submedida 19.2 “apoio para  a realización de operación conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo”, e na mesma porcentaxe que o GDR presentou na estratexia de desenvolvemento local participativo, para cada unha das tipoloxías de proxectos que concorren: 65% para proxectos produtivos, 17,5% para proxectos non produtivos públicos e 17,5% para proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas.

O presidente cede a palabra por se alguén quere facer algunha outra obxeción ou aclaración a dita proposta. Ninguén solicita o turno de palabra, polo que se procede a súa votación có seguinte resultado:

APRÓBASE POR UNANIMIDADE TRASPASAR O SOBRANTE DE 134.505,97 € DA SUBMEDIDA 19.4 Á SUBMEDIDA 19.2 PARA A CONVOCATORIA 2019-2020 NA MESMA PORCENTAXE QUE O GDR08 PRESENTOU NA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO.

4. ESTADO DE SITUACIÓN DAS COTAS DA ASOCIACIÓN.
Neste punto 4º da orde do día, o presidente pasa a analizar o estado das cotas da asociación seguindo o dossier axunto e, expón ós asistentes que segundo se estipula nos Estatutos da Asociación no seu artigo 10.- entre as obrigas dos asociados recóllese a de  “Satisfacer a cota de entrada e de mantemento”.
É polo que, segundo acordo da asemblea xeral do 04 de abril de 2016, “que as cotas anuais sexan ingresadas no primeiro semestre de cada ano”.
Así insta ós asistentes que as cotas se fagan efectivas seguindo o aprobado en dito acordo sinalado anteriormente.
Solicita ós asistentes que se coñecen a algún dos socios que non teñen as cotas ingresadas que llo fagan saber tamén.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada da información tratada en este punto da orde do día.
   
5. INFORME PRESIDENCIA.

Neste punto quinto do orde do día, o Presidente informa dos expedientes de pago da submedida 19.2 na anualidade 2018 que se remitiron a Agader, os cales inclúen os expedientes bianuais da convocatoria 2017-2018 e, os expedientes aprobados da convocatoria 2018-2019 que tiñan que certificar na anualidade 2018 e, insta ós presentes a que os revisen segundo dossier axunto.
No mesmo refléxase que o importe total de axuda a cobrar por parte dos promotores nesta anualidade 2018 é por importe de 972.612,95 €, segundo o certificado.

Seguidamente, o presidente informa segundo dossier axunto do estado do cadro de distribución segundo o certificado para a submedida 19.2 “apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo” no cal se reflexa que se certificou da convocatoria 2017-2018 o 99,85% do gasto público da estratexia para a anualidade 2018 e, da convocatoria 2018-2019 o 99,53% do gasto público da estratexia para a anualidade 2018.

Referido á submedida 19.4 “gastos correntes ou de funcionamento e gastos de animación”, certificouse o 88,98% do que estaba aprobado.

Datos dos que resalta o presidente son exitosos, á espera de que Agader efectúe os pagos das anteditas certificacións.

A xunta directiva dase por enterada desta información tratada.

O presidente neste punto quinto da orde do día, informa ós asistentes que dende a asociación Deloa se nos convidou a participar nun proxecto de cooperación na que esta asociación é o grupo coordinador; o proxecto ten por obxecto impulsar eventos culturais máis sustentables nos espazos rurais e aliñalo cós obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, os grupos de desenvolvemento rural queren contribuír a este gran desafío, para o que non contan con información e ferramentas suficientes de utilidade para a súa aplicación. Isto implica repensar a maneira coa que se producen os eventos culturais e tratar de establecer cal sería a súa contribución ao desenvolvemento sustentable, e acadar unha sociedade máis xusta, máis prospera e máis respectuosa có medio ambiente. Sen dúbida, os músicos, os organismos musicais, os xestores culturais, os grupos de desenvolvemento rural, todos eles poden traballar para ter un impacto positivo no desenvolvemento de eventos culturais con espectáculos en vivo moito máis sustentables.
Preténdese poñer en marcha actuacións de sensibilización e promoción da sustentabilidade en eventos culturais, apoiar o establecemento e a sustentabilidade cun foro de encontro dos axentes que interveñen na produción, a distribución e o consumo de eventos culturais con espectáculos ao vivo. O que permitiría o impulso do Desenvolvemento Sustentable desde o ámbito máis local e compartindo unha folla de ruta responsable para contribuír á excelencia dos proxectos culturais e ao progreso da Sociedade.
Contribuír á mellora da formación en sustentabilidade dos traballadores e emprendedores do ámbito cultural e creativo, e os xestores culturais de carácter público ou privado.

En dito proxecto participan 9 grupos de desenvolvemento rural galegos e, 2 de Extremadura.
O presidente explica que facendo uso das súas facultades que se especifican nos estatutos, no seu artigo 18, a vicepresidenta asinou o convenio de colaboración para dito proxecto de cooperación, xa que él se atopaba de viaxe.
No caso de ser aprobado dito proxecto, o 90% dos gastos serían subvencionados por parte de Agader e o 10% por parte dos grupos cooperantes, aínda que, neste caso parte de esos gastos serían sufragados por outras entidades colaboradoras que forman parte do proxecto como a Fundación Paideia Galicia.

A xunta directiva acepta e, dase por enterada desta información tratada.

Por último, o presidente informa ós asistentes, que os días 27 e 28 de novembro, a xerente acudirá a Oviedo para asistir o día 27 a un intercambio entre as redes asturiana, galega, cántabra e vasca sobre a metodoloxía Leader e, o día 28 terá lugar un encontro Leader organizado pola Red Rural Nacional.
Por outro lado, a técnico o día 28 asistirá en Montalegre a un encontro sobre o proxecto Crinma, organizado polo Inorde.

A xunta directiva dase por enterada desta información tratada.

Por último, neste punto quinto da orde do día, o presidente informa que no caso de existir a posibilidade de que o equipo técnico poida realizar formación, se poida facer efectiva a súa participación.

A xunta directiva aproba dita proposta efectuada polo presidente.


6. ROGOS E PREGUNTAS.

Cede o turno de palabra ós asistentes, por se alguén quere facer algunha aclaración ou suxerencia; ninguén solicita o turno de palabra.

E, non habendo máis asuntos a tratar, levántase a sesión no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o tratado e acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma comigo o Secretario que dou fe.


           O secretario                                                 O presidente

 

 


    Clemente Pérez Arias                                        Francisco Magide Bizarro

 

 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar