Acta Xunta Directiva do 18 de xaneiro de 2019-PROCEDEMENTO ESCRITO

Imprimir silbibeinavea - 23-Xullo-2020 - 12:17:09 

 ACTA 01/2019
XUNTA DIRECTIVA POR PROCEDEMENTO ESCRITO DA ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL SIL-BIBEI-NAVEA

DATOS DA SESIÓN:

DATA: 18 de xaneiro de 2019
CONVOCATORIA: Vía e-mail o 15 de xaneiro de 2019

Con data 15 de xaneiro de 2019, ás 13:11 horas, remitiuse vía e-mail, convocatoria de xunta directiva polo trámite de procedemento escrito para o día 18 de xaneiro de 2019 (procedemento aprobado por acordo de asemblea xeral extraordinaria de data 04 de abril de 2016), na que se informaba e, se facía consulta a todos os membros da xunta directiva, sobre dous puntos da orde do día.

Na citada convocatoria solicitábase pronunciamento vía e-mail, de aprobación ou non aprobación dos dous puntos da orde do día e, dando un prazo para tal pronunciamento de dous días hábiles (tendo en conta o acordo de xunta directiva do 28 de xaneiro de 2015). De non haber manifestación expresa, enténdese por aprobados os dous puntos da orde do día que seguen a continuación:

ORDE DO DÍA:


1. Aprobación, se procede, do importe máximo dispoñible para as anualidades 2019-2020, para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (promovidos por entidades públicas locais e promovidos por institucións de carácter privado), para a súa posterior autorización por parte de Agader.
2. Renovación da póliza de crédito.

Finalizado dito prazo e, valorando os pronunciamentos recibidos vía e-mail, a xunta directiva ACORDA aprobar o primeiro punto da orde do día, dando traslado do mesmo á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO IMPORTE MÁXIMO DISPOÑIBLE PARA AS ANUALIDADES 2019-2020, PARA CADA UNHA DAS TIPOLOXÍAS DE PROXECTOS DA SUBMEDIDA 19.2: PRODUTIVOS, NON PRODUTIVOS (PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS E PROMOVIDOS POR INSTITUCIÓNS DE CARÁCTER PRIVADO), PARA A SÚA POSTERIOR AUTORIZACIÓN POR PARTE DE AGADER.
Remítese a todos os membros da xunta directiva un informe de dito punto no que se explica que, segundo se establece no artigo 16.1 das bases reguladoras das axudas, durante o mes inmediatamente posterior á data de publicación de cada unha das convocatorias (DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018), cada GDR deberá solicitar a Agader, en función do sinalado na convocatoria e na súa EDL, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2: produtivos, non produtivos (entidades públicas locais e institucións de carácter privado).

Polo que, o presidente expón os seguintes puntos:

1º.- O cadro de distribución da convocatoria 2018-2019, para a anualidade 2019, é o que se reflexa a continuación:

CADRO DE DISTRIBUCIÓN - REMANENTE CONVOCATORIA 2018-2019
SUBMEDIDA TIPO PROXECTOS GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
  2019 COMPROMETIDO pendente de comprometer
19.2. Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 378.295,43 378.295,38 0,05
 Non produtivos (entidades públicas locais) 168.089,79 168.089,79 0,00
 Non produtivos (institucións de carácter privado) 0,00 0,00 0,00
 TOTAL 546.385,22
 546.385,17 0,05


2º.- O expediente L17-1920-08-0004 ten concedida para a anualidade 2019 unha axuda por importe de 11.121,11€, pero xustificou na anualidade 2018 a totalidade do proxecto, ó ter concedida outra axuda para este mesmo proxecto, polo que se liberarían eses 11.121,11€ que tiña concedidos para a anualidade 2019.

3º.- O expediente L17-1920-08-0042 xustificou a totalidade do proxecto na anualidade 2018, tendo concedida para a anualidade 2019 unha axuda por importe de 18.386,57€ e, quedando certificado e pendente de pago para a anualidade 2019, 15.570,78€, polo que quedarían liberados para a anualidade 2019, 2.815,79€.

4º.- O expediente L17-1920-08-0026 atópase en situación de adxudicación parcial de fondos. Ten 7.554,35€ sen adxudicar por falta de fondos na tipoloxía do proxecto, condicionado a existencia de fondos na convocatoria 2018-2019.

5º.- Seguindo indicacións de Agader, dado que o noso GDR non solicitou todos os fondos dispoñibles da submedida 19.4 (Xunta Directiva do 22 de novembro de 2018) e, ten un sobrante por importe de 134.505,97€, a Xunta Directiva ACORDOU que este sobrante pasase a engrosar o dispoñible na anualidade 2019.
6º.- Polo que o saldo da submedida 19.2 para a anualidade 2019 sería o seguinte:

Saldo 1920 anualidade 2019: 6.382,60 (0,05 (sen comprometer) + 11.121,11€ liberados do exp. L17-1920-08-0004 + 2.815,79€ liberados do exp. L17-1920-08-0042 – 7.554,35€ pendentes de adxudicar.
Traspaso 1940 a 1920 ano 2019: 134.505,97
Anualidade 2019: 140.888,57

7º.- Na convocatoria 2019-2020 (DOG do 26 de decembro de 2018), o GDR Sil-Bibei-Navea dispón de 910.642,03€: 364.256,81€ para a anualidade 2019 e, 546.385,22€ para a anualidade 2020.

Polo que o cadro de distribución definitivo có conseguinte importe máximo para as anteditas anualidades para cada una das tipoloxías de proxectos da submedida 19.2, quedaría tal e como se especifica a continuación:


SUBMEDIDA TIPO PROXECTO GASTO PÚBLICO DA ESTRATEXIA
  2.019 % 2.020 % TOTAL %
19.2 Apoio a realización de operacións conforme á extratexia de desenvolvemento local particitativo Produtivos 328.344,50 65,00% 355.150,39 65,00% 683.494,89 65,00%
 Non produtivos (entidades públicas locais) 131.337,80 26,00% 142.060,16 26,00% 273.397,96 26,00%
 Non Productivos (institucións de carácter privado) 45.463,08 9,00% 49.174,67 9,00% 94.637,75 9,00%
 Formación           
 TOTAL 505.145,38 100,00% 546.385,22 100,00% 1.051.530,60 100,00%

Así mesmo, cumpre sinalar que ditos importes poderán ser modificados, de ser necesario, a partir do 31 de maio, data en que remata a segunda convocatoria para a presentación de solicitudes.

Desta maneira, unha vez vistos os pronunciamentos, a xunta directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea APROBA o importe  máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos na submedida 19.2 para as anualidades 2019 e 2020 tal e como se reflicte no cadro descrito con anterioridade para a súa posterior aprobación por parte de Agader.


2. RENOVACIÓN DA PÓLIZA DE CRÉDITO.
Remítese a todos os membros da xunta directiva un informe de dito punto, no cal, se explica que o vindeiro 15 de febreiro de 2019 vence a póliza de crédito que a asociación ten asinada coa entidade financeira Abanca. Polo que, seguindo o procedemento realizado nos anos anteriores, o presidente, a tesoureira e o secretario realizarán todos os trámites necesarios para a renovación de dita póliza..

Unha vez vistos os pronunciamentos, a xunta directiva da Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea APROBA DELEGAR no presidente, a tesoureira e o secretario todos os trámites necesarios para a renovación de dita póliza.

 

Levántase este acta no lugar, data e hora que se sinala no encabezamento desta acta que, se extende có obxecto de recoller o acordado pola xunta directiva e, que o señor presidente firma conmigo o secretario que dou fe.

                  
                      O secretario                                                                          O presidente

 

                Clemente Pérez Arias                                                       Francisco Magide Bizarro 

 

 


 
A Asociación Sil-Bibei-Navea, ten como ámbito de actuación os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense.
  • A Teixeira
  • A Pobra de Trives
  • Castro Caldelas
  • Chandrexa de Queixa
  • Manzaneda
  • Montederramo
  • Parada de Sil
  • Viana do Bolo
  • Vilariño de Conso
  • San Xoán de Río
VisualQ
Política de Cookies

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información X Cerrar